Polvorín e Viveiro comezan o 2021 con bo pé

O ano 2021 arrincou da mellor maneira para os conxuntos lucenses. Polvorín e Viveiro disputaron cadanseu encontro, aprazado no seu día por mor de algún positivo por Covid-19, e ámbolos dous equipos resultaron vitoriosos. O filial albivermello gañou con comodidade ao Fisterra na Cheda, mentres que os mariñáns venceron ao Silva en Cantarrana nun encontro […]

O Polvorín gaña no Viso e oposita á zona de privilexio

A undécima xornada de terceira completouse xa o sábado para os conxunto lucenses. Boas novas para Racing Vilalbés e Polvorín. Os chairegos derrotaron na Madalena ao Silva mentres que os da capital fixeron o propio co Arzúa a domicilio. Peor parado saiu o Viveiro, que estivo lonxe de sacar algo positivo da súa visita ao […]

O partido da xornada . . . Viveiro – Bergantiños: os mariñáns ante un dos colosos de Terceira

Aínda case sen saborear o pleno de vitorias dos nosos representantes do pasado martes, chega unha nova xornada, xa a décima na Terceira galega. Detémonos no encontro que se disputará en Cantarrana o domingo ás 12 horas e que enfrontará ao Viveiro co Bergantiños, e que estará dirixido polo colexiado santiagués Julio Martínez Barral. Non […]

O Viveiro das primeiras veces a ritmo de vitorias

O noveno capítulo da Terceira deixou pleno de vitorias na provincia. Un feito que acontece por primeira vez neste curso. Aínda que houbo algunhas xornadas nas que se aprazaron os partidos dos equipos lugueses. Entre eles un Viveiro cuxos xogadores seguen estreándose. No resto da competición os #LucensesNaTerceiraGalega tiveron sorte dispar. A primeira vez de… […]

O Racing Vilalbés tumba ao líder nunha xornada con pleno de vitorias lucenses

A novena xornada déixanos un pleno de triunfos para os representantes lucenses da Terceira División. O Racing Vilalbés volveu á senda da vitoria e fíxoo rematando coa imbatibilidade do Somozas, mentres que o Viveiro impúxose con autoridade no Poboado ante o As Pontes. O Polvorín segue nun gran momento e acadou un novo triunfo diante […]

Ramón consegue a primeira imbatibilidade da tempada

Foto de portada: Carlos Castro A oitava xornada da Terceira deixou ao Viveiro como vencedor do derbi. O Polvorín reivindicouse no duelo de filiais. Os #LucensesNaTerceiraGalega seguen contando con protagonismo e algún mellora as súas prestacións. Os triunfadores:  O porteiro Ramón foi titular na portería do Fisterra por segunda semana consecutiva. Conseguiu o seu primeiro […]

O Polvorín golea en Abegondo e o Viveiro faise co derbi provincial

Xa en vísperas dunha nova entraga da Terceira, a oitava xornada déixanos o triunfo do Viveiro en Cantarrana no derbi provincial ante o Racing Vilalbés e a goleada do Polvorín en Abegondo ante o Fabril no choque entre filiais. O Viveiro reencóntrase coa vitoria no derbi ante o Racing Vilalbés (2-0). Encontro marcado pola intensa […]

Racing Vilalbés e Polvorín gañan con dous tantos no último suspiro

Dous triunfos e unha derrota neste Trío de Ases correspondente á sétima xornada da Terceira División. As boas novas chegaron a cargo do Racing Vilalbés e do Polvorín. Os chairegos acadaron unha espectacular remontada diante do Fisterra, mentres que o filial albivermello gañou un importantísimo encontro na Cheda diante do Paiosaco. O Viveiro, en cambio, […]

Villares guía ao Fabril na segunda vitoria da tempada

Foto de portada: RC Deportivo A sexta xornada da Terceira estivo marcada outra vez pola incidencia da Covid. O Polvorín e o Viveiro non puideron xogar os seus respectivos partidos. A nota positiva deuna o Racing Villalbés co seu triunfo en Santa Isabel. Os encontros aprazados tamén influíron en máis #LucensesNaTerceiraGalega. Aínda que algúns dos […]

O Covid-19 déixanos sen fútbol este fin de semana na nosa provincia

Non rodará o balón nos campos da nosa provincia este fin de semana. Un positivo no conxunto coruñés do Silva provocou o adiamento do encontro programado para o domingo ás 12 horas en Cantarrana diante do Viveiro. Desta maneira, os mariñáns non voltarán á competición ata o vindeiro 29 de novembro. Será no campo do […]

No último suspiro escapoulle o triunfo ao Racing Vilalbés diante do Deportivo Fabril

O Trío de Ases chega outra semana máis sen triunfos dos conxuntos lucenses da Terceira. O Racing Vilalbés estivo moi preto de acadalo, pero o filial deportivista empatou no último suspiro de partido. Tamén arrancou un punto da Porta Santa o Viveiro, que igualou sen goles ante o Paiosaco. O Polvorín colleitou a segunda derrota […]

Brais Prieto e Luis Pernas debutan en Terceira División

A cuarta xornada da Terceira Galega non foi positiva para os equipos da provincia. Nin o Viveiro, nin o Racing Vilalbés, nin o Polvorín conseguiron puntuar. En cambio, si que foi unha boa fin de semana para varios dos #LucensesNaTerceiraGalega. Dúas estreas na división, un gol que vale un punto e un novo líder con […]

Ningún dos lucenses da Terceira puido sumar na cuarta xornada

Non foi unha boa xornada para conxuntos lucenses da Terceira, que remataron os seus encontros sen poder sumar. O Viveiro caeu de xeito abultado nun encontro raro en Cantarrana ante o Somozas, mentres que o Racing Vilalbés perdeu no campo do Bergantiños logo de adiantarse no marcador. O Polvorín acusou a súa mala posta en […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – U.D. Somozas: o liderato en xogo en Cantarrana

Chega a cuarta xornada da Terceira División e faino cun máis que interesante encontro entre os dous primeiros clasificados do grupo A. Viveiro e Somozas cítanse ás 12 da mañá do domingo en Cantarrana co liderato en xogo. O encontro será dirixido pola viguesa Elena Casal Fernández. Con seis puntos na clasificación, o Viveiro ocupa […]

Polvorín e Racing Vilalbés agasállannos cun festival de goles

Necesitábamos goles. Son a salsa do fútbol esta xornada os conxuntos lucenses déronnos un agasallo. Catro marcou o Polvorín no seu primeiro encontro da temporada. Mágoa que fosen contra outro equipo da nosa provincia. O Viveiro chegaba ao derbi líder, pero non puido cos de Álex Ortiz. O Racing Vilabés fixo cinco tantos ante un […]