O partido da xornada . . . Viveiro – Bergantiños: os mariñáns ante un dos colosos de Terceira

Aínda case sen saborear o pleno de vitorias dos nosos representantes do pasado martes, chega unha nova xornada, xa a décima na Terceira galega. Detémonos no encontro que se disputará en Cantarrana o domingo ás 12 horas e que enfrontará ao Viveiro co Bergantiños, e que estará dirixido polo colexiado santiagués Julio Martínez Barral.

Non é un partido calquera. Os mariñáns reciben no seu feudo a un dos grandes da categoría. O Bergantiños, logo da derrota do Somozas na Madalena, é o único conxunto invicto no grupo A de Terceira, e pasa por ser un dos grandes favoritos a acadalo ascenso de categoría. Non é esaxerado decilo vendo o potencial do conxunto dirixido tamén por un adestrador de renome do fútbol galego: José Luis Lemos. O que fora xogador no seu día da S. D. Mindoniense dirixe un cadro de xogadores dun nivel moi alto para a Terceira, case todos con experiencia en categorías superiores, como é o caso de Brais Pereiro, Yelco, Duque, Marcos Remeseiro, Pablo Agulló ou o monfortino Iago López.

Logo dun dubitativo comezo, con dous empates ante Paiosaco e Silva, acadaron seis vitorias consecutivas que situaron aos de Carballo colíderes, empatados a puntos co Somozas, pero cun encontro menos que os de Ferrolterra, o que teñen que xogar diante do Polvorín.

Pero o Viveiro chega quizáis no mellor momento da temporada. Logo dun comezo ilusionante con dous triunfos consecutivos sucedéronse varias xornadas na que o conxunto dirixido por Chusky saiu goleado dos seus compromisos diante do Polvorín, Somozas ou Arzúa. Os mariñáns souberon sobrepoñerse e sacaron de novo a súa mellor versión no derbi provincial ante o Racing Vilalbés. O triunfo ante os chairegos encheu de moral a un Viveiro que volveu raiar a grande nivel na última xornada no Poboado ante o As Pontes onde gañou con comodidade por 1-3.

O último enfrontamento en Terceira División entre o Viveiro e o Bergantiños en Cantarrana data do 26 de marzo do 2006 e rematou con triunfo local por tres goles a un.

Falamos do encontro con Asier, un do fichaxes do Viveiro para este temporada, a do seu retorno a Terceira. O focense está a facerse cun oco no equipo titular de Chusky nas últimas xornadas.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

ASIER (VIVEIRO C.F.)

 – A recuperación do equipo. «Creo que pagamos un proceso de adaptación á categoría. Aquí cada erro págase. Despois da mini racha de resultados negativos ante Polvorín, Somozas e Arzúa cambiamos a actitude, e iso foi moi importante e viuse reflexado no terreo de xogo«.

– O Bergantiños. «Imos intentar que non se sintan cómodos no terreo de xogo, xa que é un equipo feito para ascender e xogan ben ao fútbol. Teremos que aproveitar as nosas ocasións e sobre todo traballar en defensa para conseguir manter a nosa portería a cero».

– Consolidación no equipo. «A comezo costoume un pouco adaptarme, xa que a maneira de xogar era diferente. Ademáis tiven que acomodarme a unha posición nova para min, pero creo que xa estou adaptado. Se podo axudar ao equipo desde o once titular mellor, e senón seguirei traballando para intentalo«.

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 500

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.