De Mauro a Mauro nos derbis e pleno na Terceira RFEF
Viveiro e Racing Villalbés colleitaron sendos triunfos na Terceira RFEF
Viveiro e Racing Villalbés colleitaron sendos triunfos na Terceira RFEF
Na Terceira RFEF unha de cal e outra de area. O Racing Vilalés gañou con claridade na Madalena ao Arteixo, mentres que o Viveiro viuse superado polo Fabril en Abegondo. Na Preferente, triunfo da Sarriana na Ribela fronte ao San Tirso e da Residencia no derbi provincial co Portomarín. O Ribadeo gañou na súa visita […]
Gran xornada para os conxuntos lucenses de Terceira. O Racing Vilalbés gañou no campo do Silva e o Viveiro fixo o propio en Cantarrana diante do Paiosaco. Non foi igual de boa na Preferente, aínda no Chao da Poza presenciou o histórico triunfo do Portomarín diante do Victoria, o primeiro na categoría. O resto de […]
Retornou a Terceiro e fíxoo co gran triunfo do Viveiro no campo do Barco e co empate do Racing Vilalbés na Madalena fronte ao Gran Peña. Na Preferente, a Sarriana gañoulle ao Fisterra, mentres que o Ribadeo empatou na súa visita ao Pino e a Residencia fixo o propio na Cheda co Sofán. Derrotas do […]
Sen xornada en Terceira RFEF por mor da Copa das Rexións da UEFA que disputa a selección galega, en representación de España, a atención céntrase na Preferente. O Lemos sumou a súa primeira vitoria da temporada fronte ao As Pontes na Pinguela, mentres que a Residencia sumou o seu segundo triunfo consecutivo, no campo do […]
trio de ases
A terceira xornada deixóunos o empate do Racing Vilalbés na Madalena diante do Rápido de Bouzas e a derrota do Viveiro no campo do Somozas, en canto á Terceira RFEF. Na Preferente triunfos de Sarriana e Ribadeo, fronte a Ordes e Sigüeiro, respectivamente, e derrotas do Lemos no campo do San Tirso, da Residencia en […]
trio de ases
Hoxe traemos un Diario dun mercado con novidades en máis de quince equipos
trio de ases
Non para o mercado. Aínda que xa temos competición este domingo, os equipos ultiman os seus cadros para esta 22/23. É o caso do Ribadeo, que renova ao veterán Diego Hermida, un dos xogadores chave para lograr a permanencia na Preferente o curso pasado. Tamén o Atlético Escairón prepara o comezo da liga cunha nova […]
Tres equipos debutan na casa e dous a domicilio na nova Preferente
Non da tregua o mercado do fútbol provincial. O Viveiro perde dous efectivos importantes de cara a vindeira temporada. Un deles, o pontés Dani Fernández pecha a súa segunda etapa no conxunto celeste. O outro, Tichu. O de Outeiro de Rei deixa o Viveiro e xogará o próximo ano no equipo do seu pobo. Na […]
O mercado anda quente estes días, especialmente pola zona da Mariña. Tanto é así que o Pepe Barrera está que arde. Os de Dani Moirón sufrirán as baixas de Xoel López, Adrián García, Cube, Matelo, Dapo, Diego Núñez, David Rodríguez, Nacho, Charli e David Fernández. Para palialas, o Ribadeo anunciou a fichaxe de Iván -que […]
O Diario dun mercado está que arde. Novidades en todas as categorías masculinas
Os dous representantes lucenses en Terceira RFEF achégannos novidades. O Racing Vilalbés vén de asinar un gardameta de garantías. Álex Santomé, madrileño de nacemento pero de familia vilalbesa, defenderá a portería do conxunto chairego logo das saídas de Ángel Fraga e Javi Rumbo. O gardameta, procedente do Marbella, formouse nas categorías inferiores do Atlético de […]
Seguen as novidades no Diario dun mercado
O mercado está que arde ao longo e ancho da nosa provincia. Comezamos na Terceira. O Racing Vilalbés anunciou as baixas de Ángel Fraga e Otero. O primeiro foi indiscutible na portería da Madalena, pero por motivos laborais abandonará o conxunto chairego. O gardamallas marcha a Pamplona e é probable a súa fichaxe nalgún conxunto […]
Fidi non continúa no Mugardos en Preferente e diversos movementos na Segunda Rexional