Gran xornada para os conxuntos lucenses de Terceira. O Racing Vilalbés gañou no campo do Silva e o Viveiro fixo o propio en Cantarrana diante do Paiosaco. Non foi igual de boa na Preferente, aínda no Chao da Poza presenciou o histórico triunfo do Portomarín diante do Victoria, o primeiro na categoría. O resto de equipos da provincia colleitaron derrotas. A Sarriana e a Residencia a domicilio, no campo do Montañeros e Ordes respectivamente. O Ribadeo caeu no Pepe Barrera fronte ao Noia e o Lemos perdeu na Pinguela co Sigüeiro.
Vilalbés
Segundo triunfo consecutivo para un Viveiro que cre na permanencia (2-0)
Encontro moi táctico no que o Viveiro controlou ben a primeira media hora, pechando espazos aos puntas rivais e saíndo a contra con Barroso, Sane e Rolle. O primeiro tanto chegou nunha xogada de estratexia que rematou Edgar. O segundo chegou logo dunha presión alta con roubo de balón de Barroso e un defensor visitante derrubou nun claro penalti a Rolle. Iker Hurtado convertiu desde os once metros. Trocou de sistma o Paiosaco co marcador claramente en contra e Iván Amor tivo unha clara ocasión na que o balón saiu por enriba do longueiro.


Na segunda metade, Sane gozou dunha clara ocasión para sentenciar, pero o gardameta Rama gañoulle a partida. O cadro visitante non deu o encontro por perdido e nos últimos quince minutos, coa entrada de Josiño e Martín, xerou dúas ocasións claras de gol que desbaratou un atinado Ayoub.
A Sarriana perdeu o primeiro encontro da temporada no campo do Montañeros (2–0)
Dúas xogadas a balón parado mal defendidos remataron coas esperanzas da Sarriana na Grela. Preto do intermedio un córner que rematou o histórico Rubén Rivera no primeiro pao adiantou ao cadro local e a falta de quince para o final unha falta ramatada por André sentenciou o choque.

Ademáis das citadas accións, o Montañeros non xerou perigo algún ante a portería de Javi Liz. A Sarriana tivo tres ocasións claras na primeira metade e outras tantas na segunda, pero sen acerto cara a portería.
Derrota da Residencia na súa visita a Ordes, que racha coa xeira de tres encontros sen perder (2-1)
Non foi o mellor encontro da temporada dos de Dani Galán. Malia todo comezou ben, cun tanto no minuto 2 nun saque desde o curruncho de Dani Renda que Borja rematou de cabeza ao fondo da portería. Buján puido poñer terra de por medio, aínda que non estivo atinado. O Ordes remontou antes do intermedio con goles de …………………
Na segunda metade a Residencia tivo o control do balón, pero sin realizar un gran xogo e tampouco sen grandes ocasións para lograr algo positivo de Vista Alegre.
O Ribadeo cae diante do Noia e colleita a segunda derrota consecutiva no Pepe Barrera (0-2)

Encontro pouco visitoso, sobre todo nunha primeira metade na que apenas se viron ocasións de gol. Domino alterno sobre un o céspede do Pepe Barrera. O Ribadeo apenas xerou perigo co balón nos pes, salvo nunha acción aillada de Xairo. O cadro local reclamou penalti por man dun defensor do Noia non sinalado polo colexiado. Os visitantes tampouco atopaban ocos na defensa ribadense e non inquedaron a Dos Santos ata os últimos intres da primiera metade cun disparo potente de Xabi desde a frontal.
Na segunda parte o Noia deulle máis velocidade ao seu ataque e antes de cumprirse o primeiro cuarto de hora foron quen de adiantarse no marcador nunha acción na que a defensa local non foi contundente e Anxo marcou a porta baleira. O Ribadeo tentou a igualada con máis corazón que cabeza, pero non logrou xerar situacións de perigo. A falta de quince para o final unha gran xogada de William rematouna de cabeza Elier para sentenciar o encontro. Debutou no Ribadeo o atacante balear Carlos, fichado na última semana.
O Lemos cae na Pinguela diante do Sigüeiro (2-0)
Os de Óscar Mouro controlaron o encontro durante os primeiros vinte minutos e contaron cunha clara ocasión de gol, pero nun erro defensivo o Sigüeiro adiantase no marcador por medio de ……………. e pouco despois nun tiro desde fóra da área ……………………. amplía as diferencias no marcador a favor dos de Fiz Rodríguez. Afectáronlle ao Lemos mentalmente os dous goles encaixados e o Sigüeiro foi dominador ata o descanso.
Na segunda parte os monfortinos foron mellores e tiveron o dominio do balón fronte a un Sigüeiro máis metido no seu campo, pero o marcador non sufriu variación.
O Portomarín vence ao Victoria e logra un triunfo histórico (2-1)
Primeiro triunfo da historia do Portomarín en Preferente. O partido comezou da mellor maneira para os do Chao da Poza. Aos trinta segundos, un centro lateral de Josito foi rematado por Hugo ao fondo da portería nunha mala saída do gardameta visitante. Antes dos dez minutos chegou o segundo. De novo Hugo, tras un gran pase de Fer, definiu ben diante do porteiro. O encontro transcorreu sen grandes sobresaltos para un Portomarín que aínda puido ampliar diferencias nun tiro cruzado de Fer.
Na segunda metade o Victoria revolucionou o equipo con catro trocos e Óscar ‘La Magia’ recurtou diferencias cun bo bol. O Portomarín xogou máis replegado nos últimos minutos e apenas sufriu ocasións de gol.