#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

De Mauro a Mauro nos derbis e pleno na Terceira RFEF

Seis puntos de seis posibles. Esa é a bagaxe dos nosos conxuntos na oitava data da Terceira RFEF. Na Preferente, un derbi quedou na casa e outro viaxou cara a capital. Ambos decididos polos ‘Mauros’. Por último, ao Portomarín non lle chegou coa súa mellor versión durante corenta e cinco minutos.

O Viveiro recupera o sorriso cun claro triunfo en Cantarrana (3-1)

O Viveiro sorprendeu ao Arousa co 4-4-2 plantexado por Alberto López e dominou desde o pitido inicial. Os de Cantarrana avisaron con dúas ocasións nada máis comezar. No entanto, un inocente penalti de Edgar sobre Borja Míguez puxo o 0-1 no marcador antes do minuto 10. Este revés non trastocou o plan de partido do cadro celeste e Iker Hurtado igualaba de novo no ecuador da primeira metade. O ‘9’ do Viveiro sacaba tallada nunha acción de estratexia.

Na reanudación, empezou mellor o Arousa. Cargando o xogo pola súa banda dereita para Sylla. Porén, os de Alberto López xeraron perigo constante en rápidas transicións de Sané e Sergio Otero. Este último foi o gran protagonista da segunda metade, ao asinar un dobrete despois de sendos roubos en zonas interiores.

Pablo, Rey do balón parado, provoca a primeira derrota do Choco na casa (0-1)

O Racing Villalbés asaltou o sempre complicado campo dun Choco, que aínda non coñecía a derrota no seu feudo. A igualdade marcou un encontro de poder a poder e que deixou achegamentos máis que ocasións, na primeira metade.



O cadro de Simón Lamas aguantou ben un pequeno tramo de dominio local no segundo acto. Santomé e Joel evitaron o gol dos de Redondela na máis clara do Choco. O oficio chairego deu paso ao factor diferencial do choque: Pablo Rey. O talentoso atacante sacou a relucir o seu exquisito golpeo no balón parado cun gran lanzamento de falta directa. 0-1 e tres puntos máis para un Villalbés á alza.

Mauro remonta no cuarto de hora final para estrear a pinguela ao grande

Mauro, dobrete e triunfo para o seu Lemos

Nin no mellor dos guions. A Pinguela tivo unha reestrea desas de Hollywood. A favorita Sarriana visitaba o novo céspede monfortino nun derbi de vellos coñecidos. Tras uns vinte primeiros minutos de igualdade, nos que o Lemos dispuxo de dúas boas transicións, pasouse á superioridade dos Edu Rodríguez. A Sarriana transformou o dominio en gol, cun tanto de Herrero tras un centrochut que pegou no pau ao bordo do descanso.

O paso polos vestiarios sentoulle ben aos de Juan Rodríguez, que se atoparon moito máis cómodos. A Sarriana tiña algo máis de balón pero as transicións máis perigosas levaban o selo local. No último cuarto de hora chegou a apoteose. Mauro igualou e volveu ver porta no desconto tras un balón longo que lle deixou Adri. Certificando así un triunfo moi necesario para os monfortinos.



Poratti castiga ao seu exequipo e asina a segunda vitoria consecutiva para a Residencia

Mauro Poratti, historia viva do fútbol lucense

Mauro Poratti, que tantas tardes de gloria deu no Pepe Barrera, afundiu a un Ribadeo que non termina de dar coa tecla. Ambos equipos tiveron os seus momentos na primeira metade. Nunha das escasas ocasións que se rexistraron antes do descanso, Poratti facía bo un centro de López para anotar o único gol do encontro.

Na reanudación, a Residencia desperdiciou dúas boas oportunidades para sentenciar por medio de Yago e Buján. O Ribadeo foi a máis ata que se quedou cun menos pola expulsión de Roi. Os de Dani Galán tiveron o segundo á contra ante un cadro local que se volcou sobre a portería de Bravos sen fortuna.

Os mellores 45 minutos da tempada foron insuficientes para un Portomarín con doble debut

O Portomarín rubricou unha gran primeira metade, especialmente os primeiros vinte e cinco minutos. O cadro de Fernandito amosouse moi intenso, maniatando ao potente Galicia Mugardos. E incluso se permitiu o luxo de marcar un gol, obra do eterno capitán Hugo. O debutante Lisboa apenas tivo traballo.

Cambiou o conto despois do paso polos vestiarios. Entraron o ex do Polvorín Gabarre e o ex do Viveiro Do Carmo para impoñer a súa lei no Chao da Poza. E os ferroláns remontaron ante un Portomarín que foi a menos e pegou un notable baixón físico. Héctor estreouse con nota e no once titular.



De Mauro a Mauro nos derbis e pleno na Terceira RFEF

Sesión Plenario 01: Kiños – Lourido

De Mauro a Mauro nos derbis e pleno na Terceira RFEF

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 9

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *