portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 11

A Covid segue a condicionar a actividade dos Máxicos neste comezo do 2022. Porén, esta semana tivemos seis partidos correspondentes á Primeira Galicia, un máis que fai sete días. Taboada 3-3 Portomarín: choque de titáns na Medela, no foron mellores ao comezo os locais, que conseguiron chegar cun 2-0 ao descanso. Porén, en 25 minutos, […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 10

A volta dos máxicos da Primeira estivo condicionada pola Covid-19. Un total de cinco partidos correspondentes á decima xornada da fase regular foron adiados por mor de positivos en distintos equipos. Aínda así, houbo cinco partidos que sí se xogaron, facendo resistencia contra o dichoso bicho: Portomarín 3-1 Chantada Atlético: a igualdade foi a protagonista […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 9

Rematou a primeira volta e con ela o fútbol da Primeira neste 2021. Os Máxicos protagonizaron outra vibrante xornada, pero xa nos deixaron con ganas de máis… Lourenzá 0-3 Pol: o Pol foi superior na primeira parte e conseguiu o primeiro nun penalti que transformou Leandro logo de 5′ minutos de xogo. Porén, o Lourenzá […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 8

Logo dunha longa ponte na que os Máxicos nos deixaron temporalmente orfos de bo fútbol, este domingo volveu a Primeira Galicia aos campos da provincia. Pastoricense 0-1 Burela: o Burela levouse os tres puntos do Acebreiro nun choque igualado, no que os locais mereceron algo máis, pero os visitantes aproveitaron unha opción de Jairo que […]

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Pol – Castro: o liderado en xogo no Municipal

N grupo B da Primeira Autonómica lucense un encontro resalta por enriba dos demáis. O domingo ás 17 horas no Municipal enfrontaranse o Pol e o Castro nun choque entre os dous conxuntos invictos da categoría. Arbitrará o colexiado Ángel Pérez Rodríguez. O conxunto local é segundo na clasificación con dous puntos menos que o […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 7

Estreamos patrocinador nesta sección coincidindo coa séptima xornada de competición na Primeira Galicia!!

portada maxicos

Máxicos Primeira. Xornada 6

Pasado o ecuador da primeira volta, os máxicos seguen a facer das súas para axudar aos seus clubes. Outeiro de Rei 0-0 Taboada: empate xusto no Municipal. Tras unha primeira media hora na que os visitantes foron mellores, o Outeiro colleu o ritmo do partido e levou o peso do xogo. No segundo tempo acentuose […]

portada maxicos

Máxicos Primeira. Xornada 5

A primeira volta da competición chegou este domingo ao seu ecuador. Nesta quinta xornada, os máxicos da Primeira deixaron claro por que reciben este nome.

portada maxicos

Máxicos Primeira. Xornada 4

Os máxicos da Primeira foron esenciais para os seus equipos nesta cuarta xornada da temporada 21/22.

portada maxicos

Máxicos Primeira. Xornada 3

Os máxicos da Primeira están a dar moitas alegrías aos seus equipos. Estes son os destacados da terceira xornada.

Máxicos Primeira. Xornada 2

A a Primeira e os seus máxicos xa están a demostrar que non vai ser apta para cardiacos…

Máxicos Primeira. Xornada 1

Chantada Atlético 2-4 Portomarín: os visitantes leváronse os tres puntos na súa estrea en Primeira. O Sangoñedo albergou un choque de ida e volta no que ambos conxuntos puideron vencer, pero dous dobretes de Sergio Arias e Hugo Rigueira decantaron o choque. Burela 1-1 Castro: a Marosa viviu un duelo igualado no que ambos equipos […]

O retorno máis agardado

84 semanas. Dícese rápido. Pero non pasaron tan rápido. Foron meses moi duros para todos e para todas. Porén, aquí estamos. E hoxe é un día de festa para todos nós, non pode ser doutra forma. Volve a Primeira Galicia aos nosos campos, retorna a competición oficial a moitos recunchos da provincia -os que non […]

Diario dun mercado. Episodio 245

O mercado segue sen dar tregua. O Viveiro, según adianta La Voz de Galicia, tería pechada a cesión do dianteiro Sidibe. O xove xogador, de só 19 anos, procede do xuvenil do Zaragoza e fixo a pretemporada co Polvorín, conxunto desde onde chega ao cadro mariñán. Tamén a edición de Lemos de La Voz adiantou […]

Diario dun mercado. Episodio 223.

É fin de semana, pero os movimentos no noso fútbol non paran. A Sarriana renovou a Iván Parapar, que xunto a Javi Liz serán os encargados de defender a portería da Ribela. Tamén renovou no conxunto que adestrará Edu Rodríguez, o xuvenil Raúl. A Residencia fichou a Borja Rasilla, un vello coñecido da Cheda que […]