portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 13

Nova xornada de domingo na que os Máxicos fixeron das súas para comezar a definir os obxectivos de cada equipo antes de encarar a recta final da primeira fase.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Taboada 2-1 Guntín: o balón parado decidiu o choque na Medela. O Taboada adiantouse, pero o Guntín comezou a segunda parte decidido a remontar, froito do cal conseguiu o empate. Os locais apretaron entón e, na recta final, conseguiron o tanto decisivo tras unha xogada a balón parado, que lles serve para achegarse á fase de ascenso.

Folgueiro 0-0 Lourenzá: empate sen goles no Vicedo nun choque pouco vistoso no que foi protagonista o xogo directo de ambos conxuntos. O Folgueiro volcouse na segunda metade na procura dos tres puntos, pero non foi quen de perforar a meta do ‘Atleti’. Ao término dos 90′, resultado gafas que plasmou a igualdade entre ambos.

Deportes Élide

Portomarín 2-0 Outeiro de Rei: a estrea de Aarón Sánchez como técnico do Outeiro saldouse cunha victoria do Portomarín. Foron mellores os visitantes durante o primeiro tempo, sendo quen de embotellar aos locais no seu campo, pero o Portomarín deu un paso adiante tras o descanso e, en cinco minutos, sentenciou o choque con sendos goles de Javichu e Hugo.

Castro 3-0 Sporting Pontenova: o Castro controlou o partido por medio da posesión e o Sporting non foi quen de inquedar a meta rival. Anotou o primeiro o Castro no primeiro tempo e, tras a reanudación, fixo o segundo e o terceiro ante un cadro pontenovés que nada puido facer por achegarse no electrónico aos locais.

Chantada Atlético 3-0 San Roque: Elian puido facer o 0-1, pero errou no man a man, e os chantadinos adiantáronse na seguinte xogada. A partires de aí, os locais dominaron por completo o xogo e conseguiron o segundo antes do descanso. Na segunda metade, os visitantes buscaron o gol pero non gozaron de ocasións e os locais sentenciaron cun gran gol desde a frontal.

Burela 4-0 Xove Lago: tres goles de Jairo Campo decantaron o encontro para os locais, que gozaron da efectividade que lles faltou noutros choques. Pese a que o Xove comezou ben, o acerto do punta local deixou aos de Bruno Gómez sen opcións de pelexar polos puntos. O cuarto gol chegou na recta final.

San Lázaro 0-0 Chantada: o Chantada dominou pero o San Lázaro resistiu as acometidas visitantes, en parte grazas a actuación de Manolo baixo paus. No segundo tempo as forzas igualáronse e ambos conxuntos puideron anotar o tanto da victoria, aínda que a falta de puntería de ambos deixou o resultado gafas no electrónico.

Pastoricense 1-1 Riotorto: a matinal do domingo deixou un vibrante Derbi do Carracedo no que foi mellor o Pastoricense pero o Riotorto aproveitou as súas ocasións. Os locais adiantáronse por medio dun penalti que parou Édgar en primeira instancia e que o colexiado mandou repetir, mentres que os visitantes conseguiron o empate na segunda metade por medio de Marino.

Monterroso 3-0 Friol: o Friol errou un penalti no minuto 5′ que puido cambiar o devir do partido, pero o Monterroso arrasou na segunda metade tras un gol desde o medio campo, nada máis sacar de centro, de Raúl. A partires de aí os visitantes acusaron o esforzo e os locais aproveitaron os espazos para sentenciar por medio de Porto e Santi Real.

Pol 0-0 Alfoz: dominou do Pol pero a falta de efectividade permitiu ao Alfoz sacar un punto. Os locais tiveron varias oportunidades que non anotaron, mentres que os visitantes puideron levarse os tres puntos en varios saques de esquina que remataron, pero repetiuse o recurrente resultado desta xornada: 0-0.

Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.