O Viveiro suma a segunda vitoria consecutiva en Cantarrana

O Trío de Ases Panadería do Cantón déixanos, na Terceira RFEF, unha importante vitoria para o Viveiro que o mantén moi vivo na pelexa pola permanencia. Foi en Cantarrana diante do Somozas. A Sarriana, no debut de Jaime Paz no banquiño na súa segunda etapa na Ribela, rematou en empate fronte ao Silva. O Racing […]

A imbatibilidade do Pol remata no derbi co Burela

Chega un Trío de Ases Panadería do Cantón sen vitorias na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés sumou un punto na súa visita ao campo do Arenteiro, mentres que a Sarriana e o Viveiro caeron a domicilio diante de Antela e Gran Peña, respectivamente. Na Preferente, o Burela gañou no derbi provincial diante do Pol e […]

Derbi na Preferente entre Burela e Pol

Un derbi da Preferente con aspiracións moi diferentes

A Preferente volverá a vivir unha nova semana un derbi lucense. Neste caso, chega con dous equipos que teñen aspiracións diferentes, pero unhas xeiras positivas que lles están dando ás para poder loitar polas metas que queren acadar na tempada. O Burela será o local e chega fóra do descenso con dúas vitorias consecutivas, mentres […]

Peli dalle tres puntos de ouro a un Viveiro en inferioridade

Dous triunfos e unha derrota dos nosos nesta xornada na Terceira RFEF. O Viveiro gañou en Cantarrana ao Alondras nun encontro complexo e a Sarriana tivo que remontar na Ribela diante do Pontevedra B e xa é segunda na clasificación. As malas novas chegaron desde a Madalena, onde o Racing Vilalbés caeu fronte ao Somozas […]

O Lemos empata no campo do líder e segue invicto

O Trío de Ases Panadería O Cantón tráenos unha xornada na Terceira RFEF na que a Sarriana logrou vencer na Ribela ao Portonovo e sube á segunda posición, por detrás dun intratable Boiro. O Racing Vilalbés realizou un bo encontro, pero non pasou do empate na Madalena diante do Alondras e o Viveiro cae á […]

Adri Kun do Burela

Viveiro e Chantada suman a primeira vitoria da tempada

Xornada sen derrotas para os nosos representantes na Terceira RFEF e na Preferente Futgal. Na Terceira, o Viveiro sumou a primeira vitoria da tempada no feudo do Montañeros, mentres que a Sarriana venceu na Ribela ao Gran Peña e é segundo. O Racing Vilalbés visitaba ao Boiro, o líder da categoría, e sumou un valioso […]

Pleno de puntos para un Lemos líder

O Trío de Ases Panadería O Cantón da terceira xornada déixanos a un Lemos ata o de agora intratable no grupo sur da Preferente. Os monfortinos venceron a domicilio ao Xuventude Cambados e suman os nove puntos posibles e xa son líderes en solitarios sen encaixar un só tanto. No grupo norte, o Burela sumou […]

Sarriana, Lemos e Pol abren a competición con vitoria

O primeiro Trío de Ases Panadería O Cantón da tempada 2026/2027 xa está aquí. A competición botou a andar e fíxoo con resultados moi diversos para os conxuntos lucenses. Na Terceira RFEF un triunfo, un empate e unha derrota dos nosos. A vitoria foi para unha Sarriana que amosou o seu podería no campo do […]

O Burela celebra a permanencia na Preferente

Unha Preferente de ilusións renovadas

A Preferente será outra das categorías que lle de o pistoletazo de saída a unha tempada cargada de ilusións dentro do fútbol lucense. Desde a ambición polo ascenso que existe no Lemos ata as ganas de volver despois de nove anos do Chantada, pasando por dous equipos como Burela e Pol que queren dar pasos […]

O Burela celebra a permanencia na Preferente

A Preferente xa ten calendario con seis derbis do fútbol lucense

Os equipos lucenses da Preferente xa coñecen cal vai ser o seu calendario para o próximo curso. A distribución dos catro cadros vólvese a dividir en dous por segunda campaña consecutiva. O Pol, o Burela e o recién ascendido SD Chantada xogarán no grupo norte, mentres que o Lemos volverá loitar no grupo sur. Unha […]

O Lugo B celebra a súa vitoria

O Lugo B vence para seguir na numerosa terna da promoción

O Trío de Ases O Cantón deu unha xornada na que só o Lugo B acadou unha vitoria que lles permite manterse nunha loita pola promoción cunha lista infinita de candidatos. En canto os empates, hai diferencias de percepción entre o Racing Villalbés, o Viveiro, a Sarriana e o Lemos. Por último, a Preferente Norte […]

Ramón Labrada, adestrador do Pol

Ramón Labrada (Pol): «Con estes xogadores todo é máis doado»

O derbi lucense da Preferente Norte era toda unha final tanto para o Pol como para o Burela. Ambos equipos loitaban por moito máis que tres puntos, se non que o que gañara escapaba do descenso e metía ao seu contrincante. Pese a que era o que chegaba nunha peor situación clasificatoria, foron os de […]

Burela e Pol protagonizan un derbi de urxencias na Marosa

Encontro marcado en vermello no almanaque por varios motivos. É o único derbi provincial da Preferente nesta temporada e ademáis para ámbolos dous conxuntos supón máis que tres puntos na súa pelexa por fuxir dos postos de perigo. Burela e Pol enfrontaranse o domingo ás 12 horas na Marosa coa arbitraxe do coruñés Mario Balsa. […]

Jairo Campo, dianteiro do Burela

Jairo Campo (Burela): «Queremos demostrar que hai outra forma de facer as cousas»

A derrota por 2-4 na Marosa ante o San Tirso non empaña que o Burela arrincou a súa volta á Preferente dunha forma moi interesante. Os mariñáns suman catro puntos de nove posibles antes dun derbi ante o Pol que este ano será único na categoría. A situación dos chairegos é diferente, xa que na […]

Pol e Burela enfróntanse no único derbi provincial na Preferente

Chega o derbi provincial da Preferente, este ano o único que poderemos ver na categoría. O Pol recibe ao Burela no Municipal o domingo ás 12 horas nun encontro, malia a estar na cuarta xornada, de certa urxencia para os locais. Arbitrará o colexiado ourensán Rubén Castro Fernández. A temporada non comezou do xeito que […]

A Preferente divide aos equipos lucenses

A unha semana para o comezo da Preferente, os clubes lucenses ultiman a súa preparación para unha categoría que se agarda esixente e que presenta novidades con respecto a outros anos. A primeira delas, a escisión da provincia: Burela e Pol competirán no Grupo Norte, mentres que o Lemos terá que viaxar polo Sur de […]

Diario dun mercado. Episodio 483

Comezamos este novo episodio de domingo do noso Diario cunha importante fichaxe na Sarriana. Trátase de Iago Parga, un vello anceio do club que logo do ascenso a Segunda RFEF fíxose realidade. O sarriao, formado na base do RC Deportivo, chega á Ribela para reforzar a zaga na que pode ocupar o posto de central […]

Luis Díaz, novo xogador do Pol, na súa etapa no Polvorín

Luis Díaz (Pol): «Podemos ter un proxecto fermoso»

O Pol busca crear un proxecto sólido que lle permita consolidar a gran segunda volta no seu primeiro curso na Preferente. Para iso, optan por un mítico dun xogador da Terceira RFEF como é Luis Díaz, que estivo na última temporada axudando á Milagrosa a acadar a permanencia. Catro cursos despois da súa última estadía […]

O Ribadeo descende á Primeira Futgal

Chega o último Trío de Ases O Cantón da temporada 2024/2025. A finalización da Terceira RFEF déixanos o empate entre Polvorín e Racing Vilalbés no derbi. Sarriana e Viveiro non puideron sumar nas súas visitas a Arteixo e UD Ourense, respectivamente. A Sarriana, terceira, e o Racing Vilalbés, cuarto, enfrontaranse nas semifinais do play off […]

O Viveiro continua en Terceira RFEF

O penúltimo Trío de Ases O Cantón desta temporada tráenos boas novas para o fútbol provincial. Na Terceira RFEF, o Viveiro acadou a ansiada permanencia logo de vencer en Cantarrana ao Betanzos. A Sarriana venceu á UD Ourense. O Racing Vilalbés non pasou do empate na Madalena fronte ao Barbadás, mentres que o Polvorín caeu […]