A Axenda: O partidazo da Madalena abre unha nova xornada ligueira

Ademais do derbi mariñán de Preferente, esta xornada tráenos encontros máis que interesantes, de novo con tódalas categorías en liza despois do parón polo festivo do primeiro de novembro. Terceira División – Racing Vilalbés – S.D. Compostela (Sábado ás 16:15 horas na Madalena): o cadro chairego logo de catro xornadas sen coñecela derrota, recibe a […]

A axenda do fin de semana (14-15 de setembro)

No fin de semana no que a Segunda Autonómica bota a andar, e xa con encontros destacados, deixámosvos os encontros máis salientables que se poden ver na nosa provincia. Esta é a nosa escolma: TERCEIRA DIVISIÓN  – Polvorín – Ourense C.F. (Domingo ás 18 horas na Cheda): rival de envergadura o que visita ao filial […]

Diario dun mercado. Episodio 135

Esta semana comezan a Terceira División e a Preferente Norte, nas que os nosos clubes buscaran sumar os primeiros puntos dunha prometedora campaña. Porén, as categorías autonómicas terán que agardar un par de semanas máis, de aí, polo que os clubes que militan nelas atópanse a apurar as últimas incorporacións!

Diario dun mercado. Episodio 125

Segue o movimento de fichaxes e renovacións na nosa provincia. Un dos principais protagonistas do verán é a Sarriana. Coa plantilla xa perfilada, incorpora a Jimmy, xogador que procede da base do C.D. Lugo. Tamén na Preferente, o Ribadeo anunciou a fichaxe de Coki. O defensor xa vestiu a camisola do clube, pero as dúas […]

Diario dun mercado. Episodio 120

Comezamos cun lucense que probará sorte na veciña Asturias. Santi Gegunde, que días atrás anunciara a súa desvinculación da S.D. Compostela apúntase ao proxecto do Lealtad de Villaviciosa, equipo co claro obxectivo de logralo ascenso a Segunda B. O novo Racing Vilalbés de Simón Lamas segue collendo forma.  O extremo Alejandro País, «Sito» xogará na […]

Diario dun mercado. Episodio 119

Xa coa data de comezo prevista en Terceira e Preferente, continúa a posta a punto dos nosos equipos. Na Preferente o protagonista é o C.D. Foz, que pechou dúas novas incorporacións. Andrés Bustelo, procedente do Xove Lago, reforzará o centro do campo do conxunto de Gayol, mentras que Manolo retorna ao Martínez Otero logo dunha […]

As nosas redes falan

O fútbol local interesa Comeza a liga e algún aínda anda de festa. Avanza a competición e a xente séntase ao pé do lume. Pero ao final terminan rendíndose ante o poder do fútbol de pobo. Cando os equipos se xogan todo non fallan. Dinnos dende Quiroga que se xuntaron arredor de 300 persoas no […]

O partido en imaxes: Taboada-Pol (3-3)

A pesares de que esta fin de semana non houbo competición de Primeira Galicia, tiñamos unha bala na recámara con esta galería de imaxes obra de Anxo Varela «Canti», o noso amigo de Taboada, quen inmortalizou o duelo entre o equipo da súa vila e a SD Pol, que se disputou nos Chacotes o 24 […]

O partido da xornada…A.C.D. Valadouro – Iberia C.F.: dous históricos en apuros cítanse no Árbol

Non fai moito tempo no Valadouro a Primeira parecía quedar pequena, e pouco antes, en San Miguel, competíase de ti a ti cos equipos máis punteiros da Preferente. Diferentes circunstancias nos dous equipos fixeron que os anos gloriosos remataran e este domingo, ás 16:15 horas, o campo do Árbol acollerá un enfrontamente entre A.C.D. Valadouro […]

O partido da xornada . . . S.D. Outeiro de Rei – S.D. Chantada: co premio de rematalo ano en postos de ascenso

O calendario quixo que nas vísperas de Noiteboa poideramos disfrutar dun dos grandes encontros da Primeira Autonómica. Será o domingo, ás 16 horas no Municipal de Outeiro, onde se enfronta o conxunto local co Chantada. Ademáis, ámbolos conxuntos contan co aliciente de poder marchar ao parón navideño en postos de ascenso. O Outeiro de Rei […]

Destacados Primeira. Xornada 12

*Riotorto-Chantada Atlético: Goleada do Riotorto nun encontro moi aberto e plagado de ocasións. Pablo Ruiz, nun saque de esquina, foi o único que viu porta na primeira metade. Tralo descanso, os de Labrada intensificaron o seu dominio e o 2-0 chegou cun tiro cruzado de Felipe Varela. O gol relaxou aos mariñáns e sacou o […]

Palabra de… Ferreirós: «Pol, o gran rebote da miña vida»

Vinte e tres anos fai que cheguei a este gran club. Podo dicir que foi de rebote, xa que un venres á noite xogando ao fútbol sala na Liga local de Castro; foi José Luis Tellado (Panadeira), por aquel entón adestrador da S.D. Pol e a día de hoxe noso presidente, ía ver a un […]

Palabra de… Samuel Pernas: «Breve resumo antes de que isto remate»

Chámome Samuel Pernas Álvarez, tamén coñecido como ‘Chumi’. Comecei adestrando categorías inferiores do San Ciprian (alevín, infantil e cadete) e este ano pasei adestrar ao primeiro equipo. Teño que recoñecer que estou moi orgulloso dos meus xogadores. Aínda que temos estudantes fóra, somos sempre 15, 16 ou 17 para adestrar. Incluso os que estan fóra […]

Diario dun mercado. Episodio 99

Os equipos que aínda non comezaron a temporada ultiman os detalles de cara ao inicio da competición. É o caso, por exemplo, do fútbol feminino onde o novo proxecto PM Friol CD Lugo presentou as súas fichaxes. O cadro adestrado por Josito Jul ten sete caras con respecto a temporada pasada. Para reforzala portería chegou […]