portada maxicos

Máxicos Primeira. Xornada 5

A primeira volta da competición chegou este domingo ao seu ecuador. Nesta quinta xornada, os máxicos da Primeira deixaron claro por que reciben este nome.

A primeira volta da competición chegou este domingo ao seu ecuador. Nesta quinta xornada, os máxicos da Primeira deixaron claro por que reciben este nome.

Guntín 2-1 Outeiro de Rei: o Outeiro puxo o xogo mentres que o Guntín a intensidade nun choque moi igualado. A primeira parte apenas contou con ocasións, pero Ander fixo o 0-1 xusto despois do descanso. O Guntín empatou na recta final á saída dun córner e completou a remontada cun contragolpe no minuto 89′. O partido tivo tan só tres tiros a porta, todos eles goles.

Lourenzá 1-4 Sporting Pontenova: logo dun primeiro tempo igualado no que ambos equipos foron quen de marcar (1-1) o Sporting saíu mellor dos vestiarios e conseguiu tres tantos que sentenciaron a un Lourenzá que o intentou, pero apenas creou ocasións e os tres puntos marcharon cara A Pontenova.

Fiso Ronda

Portomarín 3-0 San Roque: Sergio Arias foi a chave do partido. Dous goles e unha asistencia do dianteiro decantaron o choque para os locais. Logo dunha primeira media hora igualada, Sergio anotou (32′) e asistiu a Hugo (36′) para inclinar a victoria cara os do Chao da Poza. O San Roque intentouno pero outro tanto de Arias (62′) sentenciou definitivamente aos de Montirón.

Castro 1-0 Xove Lago: partido moi divertido o que se viviu no Arturo Pereiro este domingo. Ambos conxuntos gozaron de ocasións, o Xove máis no primeiro tempo e o Castro máis no segundo. Finalmente, un gol de Marco decantou a balanza nun choque no que o Xove puido sacar algo positivo, especialmente nos primeiros 45 minutos.

Chantada Atlético 3-0 SD Chantada: o Atlético levouse o derbi do Sangoñedo con xustiza. O primeiro tanto no minuto 2′ deixou mermada a unha SD que foi medrando no partido, especialmente tra-lo paso por vestiarios. Porén, o clube que facía de local foi quen de aproveitar as súas oportunidades para sentenciar con dous tantos de Ivi, 3-0.

Burela 3-0 Riotorto: a mellor versión do Burela deixou na Marosa a primeira victoria dos verdes e a primeira derrota do Riotorto no que vai de campaña. Aínda que os visitantes puideron adiantarse na primeira metade nun tiro de Samuel que deu no pau, Jairo adiantou aos locais no 40′, que aproveitaron o ímpetu ofensivo visitante para sentenciar na segunda metade.

San Lázaro 2-1 Friol: o San Lázaro dominou o choque no Municipal Rodríguez Lago ante un Friol que xogou as súas armas e se adiantou cun gol de Omar tras un córner. Lonxe de desanimarse, os da Ponte subiron as liñas e remontaron cun dobrete de Viti, primeiro tras unha gran xogada combinativa e despois cun golazo de falta directa. Ao término dos 90′, 2-1.

Pastoricense 0-2 Alfoz: o Pastoricense pecou da súa falta de acerto ante un Alfoz que levou tres importantes puntos do Acebreiro. Os mariñáns adiantáronse no minuto 20′ e dominaron ata o descanso. No segundo tempo os locais presionaron aos seus rivais e gozaron de varias ocasións que non foron quen de materializar. Nun contragolpe tras un córner no que incluso o porteiro do Pastoricense estaba ao remate, o Alfoz sentenciou o encontro.

Taboada 4-1 Monterroso: a Medela levou en volandas aos seus nunha primeira parte á que os locais chegaron con tres goles de vantaxe (3-0) grazas, fundamentalmente, a actividade ofensiva de Mosky e Diego. No segundo tempo o Monterroso mellorou, fixo o 3-1 e puido achegarse máis. Porén, Poyán sentenciou co 4-1 tras unha perda de balón visitante.

Folgueiro 1-1 Pol: un necesitado Folgueiro recibía ao Pol no campo de Boa Vista, cuxas reducidas dimensións fixeron que os visitantes non se atopasen cómodos con balón e o Folgueiro dominase no primeiro tempo. Na segunda metade os de Pol melloraron e desperdiciaron ocasións, pero o Folgueiro abriu o marcador cun gol á saída dun córner. O Pol devolveu o golpe cun gol de Álex Guntín tras unha falta lateral, e apenas houbo tempo para máis.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 475

Deja un comentario