O retorno máis agardado

84 semanas. Dícese rápido. Pero non pasaron tan rápido. Foron meses moi duros para todos e para todas. Porén, aquí estamos. E hoxe é un día de festa para todos nós, non pode ser doutra forma. Volve a Primeira Galicia aos nosos campos, retorna a competición oficial a moitos recunchos da provincia -os que non teñan fútbol hoxe terán que agardar unha ou dúas semanas máis-.

Despois de tanto tempo, algún dos nosos lectores terá esquecido quen xoga en cada categoría e cales son os obxectivos de cada club. Aínda que coa III Guía Fútbol en Lugo xa solucionamos algunha dúbida, hoxe cómpre facer unha pequena previa da Primeira, que sirva como introdución aos vindeiros meses.

Primeira Autonómica – Subgrupo A

Fiso Ronda
A SD Chantada parte como un dos favoritos no Grupo Sur.
  • Chantada Atlético: os do Sangoñedo reforzáronse ben no final do mercado e asinaron a homes contrastados como Cañón ou Castañer. Buscarán non pasar apuros da man de Anxo Valcárcel.
  • CF Portomarín: o traballo de Fernandito como xogador-adestrador será chave para que os do Chao da Poza consigan a permanencia no seu retorno á Primeira.
  • SD San Lázaro: xunto ao técnico talismán, Diego Rey, abandonan A Ponte e farán das Gándaras un fortín. A continuidade é a nota dominante no carro de xogadores.
  • CD Guntín: estaban a facelo moi ben cando se parou a competición. Dous anos despois, o obxectivo segue sendo a permanencia, pero os do Ladairo non destacan polo seu conformismo.
  • SD Monterroso: Diego Díaz colle o timón do equipo. O fundamental será evitar o Sub-Grupo de descenso coa axuda de nomes importantes na provincia, como Lorenzo Serrano ou Marcos Porto.
  • SD Outeiro de Rei: os de Josito Jul parten como un dos favoritos do grupo sur. Con futbolistas como Pereira, Yebra ou Veiga, o equipo apunta alto.
  • Friol CF: o enorme mérito dos friolenses por manter ao equipo tan só con xente da casa pode continuar a tinguirse de épica na 21/22 cunha nova permanencia.
  • SDC San Roque: o convenio entre os branquiverdes e as EF Polvorín é, polo momento, unha incógnita. Basearánse na xente da casa para evitar o descenso e mirar o máis arriba posible.
  • Taboada CF: un grupo de xogadores que leva toda a vida xunto buscará non pasar apuros e soñar con dar a sorpresa nun grupo no que, a priori, non son favoritos.
  • SD Chantada: a SD quiere volver á Preferente o antes posible logo de varios anos intentándoo. Os nomes dos seus xogadores invitan a pensar que esta pode ser a súa temporada.

Primeira Autonómica – Subgrupo B

  • SD Burela: os reforzos do verán fan pensar que o Burela entrará no grupo de ascenso. Porén, se por algo destaca o grupo norte é pola súa igualdade, polo menos sobre o papel.
  • CD Castro: un proxecto ilusionante da man de nomes moi sonados: Juan Peón comandará a un cadro de futbolistas liderado, entre outros, por Dumi oi Hugo Buide.
O CD Alfoz retorna á Primeira logo de sete temporadas ausente.
  • UD Pastoricense: logo dun verán no se temeu polo futuro do club, Vitín conseguiu xuntar un bo número de xogadores que, ao mesmo tempo, prometen dar moito do que falar cada domingo.
  • ED Lourenzá: as xeracións máis clásicas e as máis novas do Val da Faba xúntanse no «Atleti» co obxectivo de consolidar ao conxunto na categoría.
  • SD Pol: o ascenso é o único obxectivo dos do Manuel Luna. Unen mocidade e veteranía, tanto dentro do campo coma no banquiño.
  • Sporting Pontenova: ao igual que o Friol no grupo sur, o mérito da entidade enorme. Xente da casa no verde será apoiada por xente da casa nas bancadas, algo que pode ser un factor diferencial na Mina.
  • CD Alfoz: sete anos despois volven á Primeira. A ilusión e a humildade son as dúas grandes protagonistas deste novo proxecto mariñán.
  • UD Xove Lago: un clásico da categoría que tratará de manter a división sen mirar moi de lonxe os postos de privilexio. As novas incorporacións chaman á ambición.
  • UD Folgueiro: os do Vicedo son un dos clubes máis humildes da categoría. Porén, liderados por Anxo dentro do terreo de xogo, poden dar a sorpresa e meterse na parte alta da táboa.
  • Riotorto CF: dirixidos por Jon Vázquez, reinventáronse no verán para sacar adiante un equipo competitivo. Finalmente, parece que se conformo un equipo máis que competente para a categoría.
Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 475

Deja un comentario