portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 7

Estreamos patrocinador nesta sección coincidindo coa séptima xornada de competición na Primeira Galicia!!

Estreamos patrocinador na tradicional sección dos máxicos coincidindo coa séptima xornada de competición na Primeira Galicia!!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Taboada 1-1 San Lázaro: o San Lázaro e Taboada empataron nun choque de ti a ti na Medela. Comezaron mellor os locais, cun tanto de Miguel no 4′, pero o San Lázaro medrou no partido pouco a pouco. Especialmente no segundo tempo, coa entrada de Julio, que aportou profundidade aos da Ponte e fixo o empate no 63′. O Taboada entón apretou, pero os visitantes resistiron e o resultado quedou en táboas.

Folgueiro 0-1 Pastoricense: partido competido os 90′ e marcado pola auga. O comezo, pese a súa igualdade, deixou ocasións para ambos conxuntos, aínda que niguén foi quen de adiantarse nos primeiros 45′. Na segunda metade, o Pastoricense adiantouse e o Folgueiro volcouse a polo empate. Os locais puideron empatar, pero os visitantes tamén tiveron opcións de sentenciar á contra. Ao final, tres puntos para os do Acebreiro.

Deportes Élide

Chantada Atlético 1-2 Monterroso: primeira victoria do Monterroso nesta campaña, para máis inri na casa do conxunto que chegaba líder. Comezaron mellor os visitantes cun tanto de penalti no 5′, pero os locais tiraron de garra e dominaron ata que fixeron o empate (17′). Co 1-1, o Monterroso deu un paso adiante e puido marcar antes do descanso, pero non foi ata o 48′ cando Lorenzo volveu anotar (1-2). O Chantada Atlético apretou, pero os de Cerdeiriños souberon sufrir e conseguiron o primeiro +3 do ano.

Burela 1-3 Pol: Miguel fixo o 1-0 de chilena no minuto 2′ e o Burela foi moi superior ao Pol nos primeiros 20′. Porén, os visitantes adaptáronse ao vento e a choiva e conseguiron o empate por medio de Leandro antes do descanso. Pouco despois da reanudación, o propio Leandro conseguiu o 1-2 (tamén de chilena) e Juancar sentenciou no 59′ tras aproveitar o rechace nun penalti.

Portomarín 1-0 Friol: un solitario tanto de Héctor no minuto 70′ deulle a victoria ao Portomarín ante un Friol que non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento. Os de Abad saíron moi ben plantados a un Chao da Poza que non presenciou a mellor versión dos locais. Aínda así, a victoria sérvelles aos locais para colocarse no máis alto da táboe do grupo A.

Castro 1-0 Alfoz: partido moi serio por parte dos dous equipos, que amosaron a súa mellor versión ao longo dos noventa minutos. Aínda que os do Arturo Pereiro gozaron de máis posesión, foi un erro illado nunha boa acción do Castro no 69′ o que permitiu aos locais manter o liderado e deixou coa mel nos beizos a un gran Alfoz.

Guntín 0-2 Chantada: o Chantada sacou unha victoria merecida pero sufrida do Ladairo. Comezou mellor o Guntín, que tivo tres ocasións para adiantarse que salvou o gardamallas visitante. Porén, o Chantada creaba perigo tanto combinando como con balóns directos, e fixeron o 0-1 á saída dun córner uns intres antes do descanso. No segundo tempo, co Guntín volcado, os do Sangoñedo aproveitaron un contragolpe para sentenciar.

Lourenzá 0-1 Riotorto: un Riotorto superior no comezo adiantouse por medio de Jesús Pablo no 8′ e puido facer máis dano con sendas ocasións de Marino e Fran Pastor. Tras o descanso, os visitantes quedaron con 10 pola expulsión de Samuel (48′) e os locais volcáronse ao ataque. Nin uns foron quen de empatar, nin outros de sentenciar á contra, pero os tres puntos marcharon para A Veiga.

Outeiro de Rei 1-0 San Roque: os primeiros 25′ foron para un Outeiro que perdoou moitas ocasións, e o San Roque fixo o propio nos últimos 20′ do primeiro tempo. Trala reanudación, os locais mantiñan o dominio pero non conseguían anotar, ata que Pedro fixo o 1-0 no 83′. O San Roque tivo opcións, pero dúas expulsións contra o final do choque puxeron as cousas moi costa arriba para os de Montirón.

Sporting Pontenova 0-1 Xove Lago: o Xove adiantouse de penalti no 8′ e, a partires de aí, o Sporting puxo o fútbol. Sen profundidade no primeiro tempo pero con moita máis no segundo, no que Trullo e os paus salvaron a un Xove Lago que tamén estivo a piques de sentenciar con dos mans a mans en sendos contragolpes. Finalmente, 0-1 para os visitantes.

Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 537

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.