O partido en imaxes: Lemos – Victoria (2-2)
Fotógrafa: Mariluz Fagín
Fotógrafa: Mariluz Fagín
A xornada de Preferente déixanos unha vitoria de seis puntos para a Sarriana. Ao triunfo dos de Brais Prados no campo do Sigüeiro hai que sumarlle as derrotas dos seus perseguidores, Noia e Betanzos. A diferencia co terceiro clasificado agora é de nove puntos. Importante vitoria tamén da Residencia na súa visita ao San Tirso. […]
Antepenúltima xornada na Terceira. O Racing Vilalbés sumou un punto insuficiente diante do Paiosaco e mantén viva a esperanza dos seus perseguidores por entrar no play off. O Viveiro sumou un triunfo de vital importancia no campo do Gran Peña e acariña a súa continuidade en categoría nacional. Na Preferente, a Sarriana venceu fronte ao […]
Mala xornada para os nosos. Na Terceira o Racing Vilalbés caeu derrotado pola mínima no campo do Barco e terá que pelexar ata o final para conservar o posto de play off, e o Viveiro perdeu na súa visita ao Alondras e tamén terá que seguir pelexando para certificar a permanencia. Na Preferente, a Sarriana […]
A xornada de Terceira deixounos dous empates. O Racing Vilalbés empatou diante do Alondras nun encontro no que gañou ata o último suspiro e o Viveiro igualou en Cantarrana fronte ao Rápido de Bouzas. Na Preferente os dous derbis provinciais tiveron cor local. A Sarriana derrotou na Ribela ao Lemos e a Residencia fixo o […]
Na xornada de Terceira RFEF, o Racing Vilalbés sumou tres importantes puntos diante do Somozas na Madalena, mentres que o Viveiro empatou no Viso fronte ao Arzúa. Na Preferente, a Sarriana gañou no campo do San Tirso e segue con paso firme no liderado, mentres que a Residencia impúxose ao Portomarín no derbi provincial. O […]
Na Terceira RFEF destacamos o importante triunfo do Viveiro en Cantarrana fronte ao Estradense. O Racing Vilalbés sumou un punto na súa visita ao difícil campo da UD Ourense. Na Preferente soamente o Lemos foi quen de acadar os tres puntos, ademáis fíxoo diante dun rival directo como o Sigüeiro. A Residencia empatou na Cheda […]
A xornada en Terceira RFEF déixanos o triunfo do Racing Vilalbés na Madalena fronte ao Choco e a derrota do Viveiro na súa visita ao Arousa. Na Preferente, a Sarriana segue con paso firme logo de derrotar ao pechacancelas Fisterra. O Lemos sumou un bo punto diante do Dubra, mentres que Ribadeo e Portomarín caeron […]
A xornada en Terceira RFEF déixanos o valioso empate do Viveiro diante do Fabril, líder da categoría e a derrota en Arteixo dun Racing Vilalbés que non lle da continuidade ao triunfo da última xornada. Desde Valdeorras chegounos a nova da destitución do monfortino Edu Rodríguez no banquiño do Barco. Na Preferente, a Sarriana gañoulle […]
Ráchanse as dinámicas na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés, logo de sete semanas sen gañar, acadou tres valiosos puntos diante do Silva, mentres que o Viveiro, tres meses máis tarde, perdeu no campo do Paiosaco. Na Preferente, un derbi provincial moi polémico entre o Portomarín e a Sarriana rematou coa vitoria mínima do líder. O […]
Dous empates para os nosos representantes na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés segue sen gañar no 2023, pero sacou un punto do campo dun enrachado Gran Peña, mentres que o Viveiro igualou en Cantarrana fronte ao Barco. Na Preferente, triunfo cómodo da Sarriana na Ribela fronte ao Ordes. O Ribadeo sacou un punto do campo […]
Xornada de derbi provincial en Terceira RFEF, que rematou con triunfo do Viveiro no feudo dun Racing Vilalbés que non coñece a vitoria no 2023. Na Preferente a Sarriana empatou no sempre difícil campo do Sofán, mentres que o Ribadeo prosegue coa súa escalada e dobregou no Pepe Barrera ao Dubra. Triunfo tamén da Residencia […]
A décimo oitava xornada en Terceira déixanos unha de cal e outra de area. O Racing Vilalbés non atravesa o seu mellor momento e caeu pola mínima na súa visita ao Rápido de Bouzas. Pola contra, o Viveiro gañoulle ao Cantarrana a un candidato ao ascenso, o Somozas. Na Preferente, a Sarriana é novo líder […]
A primeira xornada da segunda volta na Terceira RFEF déixanos dous empates para os representantes lucenses. O Racing Vilalbés igualou na Madalena diante do Arzúa e o Viveiro no Couto fronte a UD Ourense. Na Preferente rematou a primeira volta co triunfo da Sarriana diante do Mugardos para afianzarse no segundo posto. No derbi provincial […]
A xornada en Terceira RFEF, primeira da segunda volta, déixanos a segunda derrota na temporada para o Racing Vilalbés na súa visita ao Estradense. O Viveiro sumou o seu cuarto empate consecutivo diante do Choco en Cantarrana. En Preferente xornada con dous derbis provinciais que remataron con triunfo visitante. A Sarriana gañou na Cheda á […]
Comezou o ano novo futbolístico con dous empates dos nosos representantes na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés igualou no campo do Arousa, un dos principais candidatos ao ascenso, mentres que o Viveiro fixo o propio en Cantarrana fronte ao Arteixo. Na Preferente, a Sarriana non deu opción ao Victoria na Ribela. Residencia e Ribadeo acadaron […]
O descanso de Nadal, con dúas semanas sen competición, sirve para facer balance da competición. Na Preferente, con dezaseis xornadas disputadas, a tres de que remate a primeira volta, os adestradores dos cinco conxuntos lucenses da categoría, analizan o primeiro tramo de competición dos seus conxuntos e tamén dunha segunda volta que será decisiva para […]
Chega o derradeiro Trío de Ases do 2022 e tráenos bos resultados para os conxuntos lucenses, con tan só unha derrota. Na Terceira RFEF dous empates. No partidazo da xornada o Racing Vilalbés igualou co Fabril nun partido no que mereceu máis. O Viveiro sacou un valioso empate do feudo do Silva. Na Preferente o […]
Bos resultados de novo dos nosos representantes na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés gañou no campo do Paiosaco e sitúase a dous puntos do liderado, mentres que o Viveiro sumou un punto en Cantarrana fronte ao Gran Peña. Na Preferente, a Sarriana sacou adiante o seu encontro como local diante do Pino e o Lemos […]
A xornada intersemanal, na Terceira RFEF, déixanos o terceiro empate cosecutivo do Racing Vilalbés, na Madalena diante do Barco e a vitoria do Viveiro en Cantarrana fronte ao Alondras. Na Preferente vitoria da Sarriana diante do Boiro e do Lemos no campo do Mugardos. O derbi provincial entre o Portomarín e o Ribadeo caeu do […]