portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. 2ª Fase, Xornada 1.

Os Máxicos comezaron a segunda fase da Primeira Galicia na nosa provincia. Os clubes lucenses pelexan desde este domingo pola consecución dos obxectivos nesta 21/22. GRUPO ASCENSO Portomarín 1-1 Burela: un gran Burela puxo en serios apretos ao Portomarín no Chao da Poza. No primeiro tempo propuxeron máis os miñotos, pero foi Chumi o que […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 18

Os Máxicos veñen de rematar a primeira fase desta 21/22. De agora en adiante, os clubes loitarán por xogar na Preferente ou por acadar a permanencia. Tras as 18 xornadas disputadas, os grupos quedan así: Grupo Ascenso: Portomarín, Castro, Taboada, Pol, SD Chantada, Riotorto, Chantada Atlético, Burela. Grupo Descenso 1: Monterroso, Sporting Pontenova, San Lázaro, […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 17

Os máxicos seguen a definir obxectivos nesta 21/22. A falta dunha xornada por disputarse, xa hai varios equipos clasificados matemáticamente para a fase de ascenso, e outros que loitarán por eludir o descenso. De momento, a cousa queda así: Fase de ascenso: Portomarín, SD Chantada, Taboada, Chantada Atlético, Castro, Pol, Riotorto. Fase de descenso: Folgueiro, […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 14

Achegándonos ao final da primeira fase, os Máxicos traballaron arreo este domingo para deixar aos seus equipos máis cerca do obxectivo. Outeiro de Rei 1-0 Guntín: o Guntín conseguiu incomodar ao Outeiro no primeiro tempo por medio de balóns directos que a defensa local non era quen de rexeitar. No segundo tempo, o Outeiro deu […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 13

Nova xornada de domingo na que os Máxicos fixeron das súas para comezar a definir os obxectivos de cada equipo antes de encarar a recta final da primeira fase. Taboada 2-1 Guntín: o balón parado decidiu o choque na Medela. O Taboada adiantouse, pero o Guntín comezou a segunda parte decidido a remontar, froito do […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 12

Por primeira vez no 2022, volvemos ter o cadro de Máxicos completo, pois todos os clubes da Primeira competiron nesta pasada fin de semana! Guntín 0-1 Portomarín: o Portomarín sacou tres puntos de ouro do Ladairo grazas a unha boa acción combinativa na primeira metade que se converteu en gol de Héctor. O partido tivo […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 11

A Covid segue a condicionar a actividade dos Máxicos neste comezo do 2022. Porén, esta semana tivemos seis partidos correspondentes á Primeira Galicia, un máis que fai sete días. Taboada 3-3 Portomarín: choque de titáns na Medela, no foron mellores ao comezo os locais, que conseguiron chegar cun 2-0 ao descanso. Porén, en 25 minutos, […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 10

A volta dos máxicos da Primeira estivo condicionada pola Covid-19. Un total de cinco partidos correspondentes á decima xornada da fase regular foron adiados por mor de positivos en distintos equipos. Aínda así, houbo cinco partidos que sí se xogaron, facendo resistencia contra o dichoso bicho: Portomarín 3-1 Chantada Atlético: a igualdade foi a protagonista […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 9

Rematou a primeira volta e con ela o fútbol da Primeira neste 2021. Os Máxicos protagonizaron outra vibrante xornada, pero xa nos deixaron con ganas de máis… Lourenzá 0-3 Pol: o Pol foi superior na primeira parte e conseguiu o primeiro nun penalti que transformou Leandro logo de 5′ minutos de xogo. Porén, o Lourenzá […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 8

Logo dunha longa ponte na que os Máxicos nos deixaron temporalmente orfos de bo fútbol, este domingo volveu a Primeira Galicia aos campos da provincia. Pastoricense 0-1 Burela: o Burela levouse os tres puntos do Acebreiro nun choque igualado, no que os locais mereceron algo máis, pero os visitantes aproveitaron unha opción de Jairo que […]

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Pol – Castro: o liderado en xogo no Municipal

N grupo B da Primeira Autonómica lucense un encontro resalta por enriba dos demáis. O domingo ás 17 horas no Municipal enfrontaranse o Pol e o Castro nun choque entre os dous conxuntos invictos da categoría. Arbitrará o colexiado Ángel Pérez Rodríguez. O conxunto local é segundo na clasificación con dous puntos menos que o […]

portada maxicos

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 7

Estreamos patrocinador nesta sección coincidindo coa séptima xornada de competición na Primeira Galicia!!

portada maxicos

Máxicos Primeira. Xornada 6

Pasado o ecuador da primeira volta, os máxicos seguen a facer das súas para axudar aos seus clubes. Outeiro de Rei 0-0 Taboada: empate xusto no Municipal. Tras unha primeira media hora na que os visitantes foron mellores, o Outeiro colleu o ritmo do partido e levou o peso do xogo. No segundo tempo acentuose […]

portada maxicos

Máxicos Primeira. Xornada 5

A primeira volta da competición chegou este domingo ao seu ecuador. Nesta quinta xornada, os máxicos da Primeira deixaron claro por que reciben este nome.

portada maxicos

Máxicos Primeira. Xornada 4

Os máxicos da Primeira foron esenciais para os seus equipos nesta cuarta xornada da temporada 21/22.

portada maxicos

Máxicos Primeira. Xornada 3

Os máxicos da Primeira están a dar moitas alegrías aos seus equipos. Estes son os destacados da terceira xornada.

Máxicos Primeira. Xornada 2

A a Primeira e os seus máxicos xa están a demostrar que non vai ser apta para cardiacos…

Máxicos Primeira. Xornada 1

Chantada Atlético 2-4 Portomarín: os visitantes leváronse os tres puntos na súa estrea en Primeira. O Sangoñedo albergou un choque de ida e volta no que ambos conxuntos puideron vencer, pero dous dobretes de Sergio Arias e Hugo Rigueira decantaron o choque. Burela 1-1 Castro: a Marosa viviu un duelo igualado no que ambos equipos […]