O anecdotario: «A mascota do Arturo Pereiro», por Javicho

Esta é a curiosa historia dun 'animal de compañía' algo gafe

Isto aconteceu cando fichei polo CD Castro para a súa aventura na Terceira División. Eu chegara coa temporada xa comenzada, en setembro. E Xaime, Tichu ou Dumi andaban sempre coa coña das anguías.

Sendo de Portomarín e tendo un restaurante, tiveron a ‘coña’ clara:

«A ver cando traes unhas anguías oh», dicían con frecuencia.

Fiso Ronda
Arturo Pereiro

Deixei pasar uns días a broma e chegou o momento. Nun adestramento aparecín con unha polos corredores do campo, mentres facían Core nas ‘esterillas’.

Estaba alí Xaime facendo unhas pranchas, cando de súpeto se atopou cunha anguía. Pero viva, non frita. Alí lla tirei.

Unha anguía viva

Despois, non sabiamos que facer con ela. Ao final deixámola no tanque, no depósito de xeo que había na entrada ao campo para recuperar aos xogadores. Botou alí un par de semanas de mascota, mesmo viviu un partido. Pero creo que era algo gafe e o mellor foi levala de volta a Portomarín.

Javier Pérez Sánchez ‘Javicho’. Zurda exquisita, de regreso no seu Portomarín natal

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 779

Deja un comentario