Comeza a última Segunda con grupos de 16
Diego Muiña (Castro) e Alejandro García ‘Portu’ (Antas) analizan o inicio dunha Segunda Futgal que terá, mínimo, 3 descensos por grupo
Diego Muiña (Castro) e Alejandro García ‘Portu’ (Antas) analizan o inicio dunha Segunda Futgal que terá, mínimo, 3 descensos por grupo
O Castro foi un dos grandes protagonistas do verán lucense polos rumores sobre o futuro da entidade despois do seu descenso sorpresivo na última xornada da Segunda Futgal. Despois de que o club confirmase a súa continuidade polos campos da provincia, contan con unha gran figura dos bancos que volta ao fútbol senior, Adrián Vázquez […]
A Primeira Futgal regalará unha última xornada completamente tola ata o final. No grupo 3, ademais da loita polo playoff, onde o Ribadeo e a Residencia se xogan o último posto nunha final entre ambos, seis equipos teñen aínda opcións de descender á Segunda Futgal. Xove Lago (35 puntos), Taboada (35 puntos), Oural (36 puntos), […]
A undécima xornada na Primeira Futgal achéganos un dos auténticos partidos da xornada entre dous conxuntos cunha historia recente moi parella. Castro e Residencia mediranse no Arturo Pereiro o domingo ás 16:30 horas coa arbitraxe do colexiado focense Ángel Ron. Chairegos e lucenses descenderon xuntos desde a Preferente na temporada 2023/2024, ámbolos dous por mor […]
O Castro estivo a piques de voltar na súa primeira oportunidade á Preferente, pero a volta en Vigo non tivo o final desexado. O Alertanavia frustrou as opcións dos chairegos ao remontar a eliminatoria cun 2-0 na volta. Aínda así, nada empaña unha gran campaña dos dirixidos por Dumi na Primeira Futgal e na que […]
As dúas semifinais da Copa decidíronse cos lanzamentos de penalti e os dous conxuntos visitantes levaron o premio desde os once metros. Así, Taboada e SD Chantada protagonizarán unha vibrante final. Os de Traste eliminaron a un competitivo Guntín logo dun duelo igualado no que os chantadinos gozaron das primeiras ocasións, destacando un remate de […]
O Castro conseguiu unha gran eliminatoria ante o Polígono San Ciprián na que puido gañar os dous encontros para pasar á final polo ascenso á Preferente tras descender na pasada campaña á Primeira Futgal. O seu rival é o Alertanavia, conxunto vigués, e o primeiro encontro do cruce xogarase no Arturo Pereiro este domingo ás […]
O Arturo Pereiro alberga mañá, domingo, ás 12.00, un dos duelos máis relevantes da xornada na Primeira Futgal. O cadro local, o CD Castro de Dumi, mídese ao Pastoricense que dirixe Juanma, amigo persoal do técnico vermello. O derbi non supoñerá tan só 3 puntos e un partido de máxima rivalidade, senón que ambos conxuntos […]
O pasado 22 de xuño, no IV All Star Futbolinlugo celebrado no campo do Ladairo en Guntín falamos con Diego Pardeiro ‘Dumi‘, ata daquela capitán do Castro. Un dos clásicos do noso fútbol que pasou polo Racing Vilalbés, Foz, Ribadeo e que cumpriu nove temporadas no cadro do Arturo Pereiro. Agora, unha vez colgadas as […]
Comezamos o episodio 446 do noso Diario coa gran nova protagonizada polo viveirense Xoel Trasancos. O centrocampista será membro a todos os efectos do primeiro equipo da SD Compostela, logo de dúas grandes temporadas nas filas do Sigüeiro, filial do conxunto santiagués. Continuamos coa renovación do lateral Mati co Ribadeo. O futbolista arxentino, convalecente dunha […]
Novidades importantes neste Diario dun mercado. Cunha das bombas do verán na Primeira Galicia
Diego López é un dos protagonistas do episodio 471 co seu regreso ao Taboada procedente do Castro
Seguimos achegando as últimas novas no mercado do fútbol lucense. Comezamos este Diario falando de Iago Díaz. O extremo lucense non deixa o sur de España e cambia Huelva por Jerez. Militará no Xerez CD, un club histórico que trata de volver medrar en categorías logo de pasar unha década nas divisións máis baixas. O […]
Abrimos este novo Diario coa confirmación da fichaxe de Lucía Pardo pola Real Sociedad. Tal e como anunciara o medio dixital Relevo, a futbolista de Outeiro de Rei chega ao club txuri-urdin procedente do Madrid CFF. Asina por dúas temporadas e estará adestrada por José Luis Sánchez Vera, campión de liga co Atlético de Madrid […]
Volvemos tan só horas despois do último Diario dun mercado. E con bombas!
Comezamos este Diario falando de novo de Lucía Pardo. A futbolista de Outeiro, logo de desvincularse do Madrid CFF, parece que recalará na Real Sociedade, tal e como adiantou a xornalista Sandra Riquelme de Relevo. Na Terceira RFEF, o Racing Vilalbés asinou ao atacante coruñés Gabriel Barroso, procedente do Viveiro onde coincidiu co adestrador Alberto […]
O mercado non para. Comezamos este novo diario coa mellor xogadora da provincia. Lucía Pardo deixa o Madrid CFF logo de tres anos na capital. Tras comezar no filial, a de Outeiro rapidamente chegou ao primeiro equipo e inscribiu o seu nome na historia do fútbol feminino tras ser a primeira goleadaora na temporada 2022/2023, […]
Dúas despedidas de renome e moitas novidades pola zona sur da provincia
O Diario dun Mercado chega con importantes novidades en distintas categorías
A falta de confirmación oficial, adiantamos no episodio 404 que Dumi podería converterse no novo adestrador do Castro