Máxicos Futbolinlugo. Xornada 17

Os máxicos comenzaron o 2023 coa intención de acadar canto antes os obxectivos da temporada. Xove Lago 2-1 Riotorto: primeira parte de alternativas, na que o Riotorto se puido poñer por diante, pero foron os locais quen se adiantaron por medio dun penalti. Logo de dúas accións protestadas polos visitantes que puideron condicionar o desenlace […]

Residencia e Ribadeo comezan o ano gañando fóra

Comezou o ano novo futbolístico con dous empates dos nosos representantes na Terceira RFEF. O Racing Vilalbés igualou no campo do Arousa, un dos principais candidatos ao ascenso, mentres que o Viveiro fixo o propio en Cantarrana fronte ao Arteixo. Na Preferente, a Sarriana non deu opción ao Victoria na Ribela. Residencia e Ribadeo acadaron […]

a porra

A Porra de Futbolinlugo, 16

Primeira porra do 2023. A ver se os nosos lectores están máis acertados co novo ano! Viveiro – Arteixo: o domingo ás 12 en Cantarrana. Arosa – Racing Villalbés: partidazo na Lomba, o domingo ás 17. Betanzos – Residencia: no García Hermanos, o domingo ás 16. Lemos – Órdenes: o domingo ás 16:30 na Pinguela. […]

O Meira, un campión de inverno «para refrendar o traballo»

Esta fin de semana regresa a competición o fútbol afeccionado. Entre as categorías que volven atópase a Segunda Rexional. En ambos grupos da provincia falta unha xornada para que finalice a primeira volta. Na zona sur, hai un apaixoante Friol – Guntín (sáb. ás 16:15h) que decidirá quen finaliza primeiro na clasificación neste tramo de […]

Os equipos lucenses de Preferente, a análise polos seus adestradores

O descanso de Nadal, con dúas semanas sen competición, sirve para facer balance da competición. Na Preferente, con dezaseis xornadas disputadas, a tres de que remate a primeira volta, os adestradores dos cinco conxuntos lucenses da categoría, analizan o primeiro tramo de competición dos seus conxuntos e tamén dunha segunda volta que será decisiva para […]

2023: o canto coral do fútbol lucense

Para ti, que estás lendo estas liñas, o fútbol é unha parte importante da túa vida. Se non fose así, non estarías un 31 de decembro co teu móbil mirando a ver que publican hoxe os de Futbolinlugo. Pois toca unha reflexión parva, pero necesaria.  O día de fin de ano é unha data para celebrar. […]

A primeira volta na Terceira Autonómica, a análise

Coa metade da competición xa gastada Racing Vilalbés B lidera o grupo norte e o Quiroga fai o propio no grupo sur. O filial chairego é o único conxunto dos dous grupos que ata o momento non coñece a derrota. Os de Iván Lamas tan só cederon dous empates a domicilio e conta por vitorias […]

O bo facer dos Máxicos, a análise

Os martes adoitan ser días máxicos na nosa web. Da man dos 18 equipos lucenses que compiten na Primeira Galicia, facemos un repaso ao acontecido cada domingo nesta categoría e, posteriormente, recopilamos aos xogadores máis destacados de cada un dos clubes. Porén, o pasado domingo non houbo competición e, por tanto, hoxe non temos o […]

Así foi o 2022 do noso fútbol

O noso particular e cómico resumo do 2022 futbolístico na provincia