#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases O Cantón. O Polvorín logra a primeira vitoria da temporada

O Racing Vilalbés segue sen coñecer a derrota en Segunda RFEF logo de igualar na Madalena diante do Marino. Un chanzo máis abaixo, o Polvorín logrou o seu primeiro triunfo. Foi na Cheda diante do Betanzos. A Sarriana sumou un punto na súa visita a Barbadás, mentres que o Viveiro caeu en Cantarrana fronte á UD Ourense. Na Preferente, o Ribadeo gañou no Pepe Barrera ao Dubra, o Lemos empatou na súa visita ao Eume, o Castro perdeu no Arturo Pereiro fronte ao Lalín, mentres que a Residencia fixo o propio no sempre difícil campo do Boiro.

O Racing Vilalbés iguala sen goles co Marino e segue con paso firme en Segunda RFEF (0-0)

Encontro que seguiu o guión agardado. Dous conxuntos rochosos, cunha boa defensa e cunha riqueza táctica salientable. O partido transcorreu con moito orde defensivo por parte dos dous conxuntos, pero Cristian rachouno e gozou da mellor ocasión para o Racing. O seu disparo diante do porteiro saiu lixeiramente alto.

O Marino soamente inquedou a Santomé cun lanzamento de falta que bateu na parte exterior do pao. Nin o gardameta chairego nin o asturiano tiveron excesivo traballo sobre o céspede da Madalena.



A Sarriana araña un punto do campo do Barbadás e segue invicta (1-1)

Tres encontros en Terceira RFEF e o casilleiro de derrotas segue a cero para unha Sarriana que foi quen de sumar un punto no campo dos Carrís. Foi o conxunto ourensán que logrou adiantarse no marcador nunha falta lateral que rematou inapelable Xinzo. A Sarriana tivo que lamentar a lesión de Keko aos vinte minutos de xogo cun corte nunha cella e un posible esguince de xeonllo. Diego Rey contou cunha clara ocasión para empatar que solventou moi atinado o gardameta Borja. O cadro local estrelou un balón no pao logo dun rexeite tras parada de Javi Liz.

Na segunda metade a entrada de Sané deulle máis profundidade aos de Jorge Cuesta que tiveron máis o control do balón. O empate asinouno Cuadrado, nun gran lanzamento de falta. Xinzo a piques estivo de novo de marcar cun bo remate que detivo providencial Javi Liz. A Sarriana contou cunha última ocasión que fabricou Sane, pero que Herrero finalizou lixeiramente alta.



Un bo Viveiro non pode coa UD Ourense en Cantarrana (1-2)

Segunda derrota na casa, e polo mesmo resultado. Pero os visitantes a Cantarrana nas primeiras xornadas son firmes candidatos ao ascenso: Bergantiños e UD Ourense. Malia todo, o resultado pasou a un segundo plano logo da lesión do local Adri logo de chocar contra o muro do fondo do estadio. O xogador tivo que saír do campo en ambulancia. Según as informacións do propio club, evoluciona favorablemente e poderá reincorporarse aos adestramenteos a metade de semana.

Os ourensáns foron mellores no primeiro tempo. Martín e Santi xeraron gran perigo nas súas incursións por banda. Jose e Yelco contaron con dúas claras ocasións e Viti rematou por encima do longueiro xusto antes do intermedio.

Alberto López moveu o banquiño no descanso. Cora e Carlos entraron por Xabi e Gamarra e o equipo mellorou notablemente con dous dianteiros. A pesar diso, foi a UD Ourense quen se adiantou no marcador por medio de Jose. O cadro local protestou a posición antiregulamentaria do atacante. O tanto do empate chegou de penalti, transformado por Rolle. Cando o marcador xa parecía inamovible, unha defectuosa cesión ao gardameta aproveitouna o ex arousista Luismi para anotar o tanto do triunfo visitante.

O Polvorín remonta cun doblete de Maceira e acada o primeiro triunfo do curso (2-1)



O filial albivermello tivo o control do balón e as ocasións máis claras do encontro. Aínda así tiveron que remontar o tanto do Betenzos. Nun saque de banda, o balón chegou a Berto logo dunha prolongación e este batiu a Jorge. Nos seguintes minutos Rosón e Lizancos contaron con dúas claras ocasións de gol. No minuto 41 Dani Pájaro viu o segundo cartón amarelo e deixou aos visitantes con dez. O empate chegou xusto antes do descanso froito dun bo testarazo de Maceira.

No segundo tempo os visitantes xogaron máis replegados tentando conservar o empate en inferioridade, mentras que os pupilos de Roberto, coa posesión do balón buscaron xerar espazos na procura do tanto do triunfo. A falta de dez minutos para o final, Maceira transformou unha pena máxima que serviu para lograr o primeiros tres puntos da temporada.

O Lemos suma un punto no campo do Eume e segue invicto (1-1)

Encontro de fútbol directo nun campo de reducidas dimensión, con moitos duelos individuiais e segundas xogadas. A primeira ocasión clara foi para os monfortinos. Armesto, á contra, colocou un bo balón para Salim que non chegou a rematar por pouco. Á media hora de xogo adiantouse o Eume. Logo dunha disputa en mediocampo, Dani Fernández fíxose co balón e o seu bo disparo desde fóra da área rematou no fondo da portería. O último cuarto de hora foi de dominio local, pero o Lemos soubo defenderse para marchar a vestiarios cunha derrota pola mínima.

Tras o intermedio, Óscar Moure realizou trocos e os monfortinos estiveron mellor. O tanto do empate chegou a balón parado. Diego Torres, no minuto 67, transformou maxistralmente un lanzamento de falta. Nos últimos intres, o Eume tivo unha clara ocasión para poñerse por diante. mentres que o Lemos tivo o segundo nas botas de Brais e Sergi.

O Ribadeo amosa a súa mellor versión para vencer ao Dubra (3-1)

Gran imaxe a amosada polo Ribadeo no Pepe Barrera. Os de Dani Moirón dominaron por completo o encontro, e superados os primeiros minutos de imprecisións, desplegaron un gran xogo. As primeiras ocasións non tardaron en chegar. Diego Ferreiro rematou alto a servicio de Asier desde a esquerda e pouco despois foi o focense o que cabeceou desviado un servizo desde o perfil dereito dun Guntín que ocupou o lateral dereito con moito acerto. O dominio local tardou en traducirse no marcador. No minuto 36 unha xogada na que o Ribadeo moveu o balón dun lado a outro do campo, rematou cunha gran diagonal que centrou Manu Rodríguez para que Asier disparara ao fondo da portería.

No segundo tempo o Dubra tentou coller o temón do partido, pero apenas o logrou. Cea, cun lanzamento lonxano que rozou o pao, foi o único que inquedou a portería de Hugo. O Ribado non tardou o coller o mando de novo e Criss puido facer o segundo, pero o seu remate saiu alto. Pouco máis tarde, Guntín remachou na área pequena un rexeite despois de que Criss estrelara o balón no longueiro. Nunha contra chegou a sentencia. Asier plantouse só diante de Iván Baña e este derrubou ao atancante do Ribadeo. Xaime errou en primeira instancia, pero o colexiado mandou repetir ao moverse o porteiro da liña, e na segunda o balón rematou no fondo da portería. A falta de oito minutos para o final, Iker recurtou diferencias, pero o marcador nunca perigou.

Dous desaxustes defensivos condean ao Castro nun aburrido encontro diante do Lalín (1-2)

Encontro insulso e sen apenas ocasións de gol o visto no Arturo Pereiro. Dous despistes defensivos saíronlle caros aos de Rafa Casanova, que encaixaron dous goles no primeiro tempo. Chiño e Manu Casal non perdoaron e puxeron en clara vantaxe ao do Deza. Fito gozou da mellor ocasión para o Castro cando os visitantes gañaban dun só tanto, pero non puido aproveitala.

A segunda metade comezou da mellor maneira posible para os chairegos. Con só dous minutos de xogo gastados Iago Buján recurtou diferencias. Parecía que o Castro podía dar caza ao Lalín, pero os visitantes tiraron de oficio e de constantes interrupcións que fixeron que apenas se xogara. Malia todo, o conxunto local non estivo atinado no segundo tempo e sumou a segunda derrota como local.

Os últimos minutos resultaron decisivos para a derrota da Residencia en Barraña (3-1)

Despois do vista ao longo dos noventa minutos, o cado lucense merecía un maior premio no campo do Boiro, un dos favoritos ao ascenso. Os de Dani Galán adiantáronse moi axiña. Sergio, cun lanzamento desde fóra da área, sorprendeu a Mario. O conxunto local buscou a espalda de defensa da Resi e así foi como chegaron as mellores ocasións dos barbanzáns, incluido o tanto do empate, xusto ás beiras do descanso, obra de Juan García.

No segundo tempo, o Boiro deu un baixón físico e aproveitouno a Residencia para facerse co control do partido, máis aínda coa expulsión co capitán local Emilio no minuto 68. Pereira, Gabri e Rasilla contaron con claras ocasións para marcar o segundo, pero o balón non quixo entrar e xa no desconto un erro na saída de balón aproveitouno Hugo para facer o segundo para o Boiro. Xa no minuto 95 Regueiro fixo o terceiro e definitivo tanto de penalti.

Trío de Ases O Cantón. O Polvorín logra a primeira vitoria da temporada

A Marosa acolle hoxe o duelo de

Trío de Ases O Cantón. O Polvorín logra a primeira vitoria da temporada

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 3

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *