#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Segunda Futgal

Romy: «Sentín moitísima dor pero pensaba en volver canto antes»

Saltaron as alarmas o pasado sábado na Reigosa. Un dos grandes goleadores da provincia caía lesionado, aparentemente de moita gravidade, no artificial friolés. Por sorte, foi máis o susto que a realidade. E así nolo conta, o propio protagonista! Adrián Regueiro López ‘Romy’ (10/08/1986, Paradela) perderase este domingo o derbi contra o Oural. Pero ameaza con volver moi pronto!

FUTBOLINLUGO: Antes de nada, como estás e que pasou?

ROMY: Ben! Pois foi unha disputa dun balón con Bruno (Friol). Metín a perna e pisei o balón coa perna que non tocaba. Caín cara atrás e dobrei o cóbado para adentro.

FIL: E como foi ese momento?



ROM: Sentín moita dor, moitísima dor. Pero xa me puxen a pensar en volver canto antes. Sabía que ía ser un bo ano. Ía un tres de tres. 3 goles en 3 xornadas.

«Sabía que este ía ser un bo ano. Levaba un tres de tres»

FIL: Dous deses goles no propio partido fatídico ante o Friol, non si?



ROM: Manqueime no minuto 70. Marcara o primeiro gol no minuto 13 e o 2-4 sobre o minuto 63. Creo que estabamos aí, pero ao pouco tiven que parar. Non me quedou máis remedio!

FIL: Dicías que querías volver canto antes. Cando veremos os goles de Romy?

ROM: Este venres xa fun adestrar á bicicleta estática do campo. Estou á espera dunha radiografía para ver que teño o cóbado ben colocado e ningún ligamento roto. Agardo estar en 3-4 semanas para xogar.

FIL: Falamos xa do teu equipo. Parece que lle está custando arrincar a este novo Paradela

Romy posa para a Guía Fútbol en Lugo

ROM: O ano pasado alongouse moito todo coa final da Copa e a celebración que tivemos de mes e medio. Empezamos 20 días máis tarde que os equipos do noso grupo e xogamos amigables contra conxuntos de Primeira máis tarde do normal. Custounos arrincar. Pero, por exemplo, contra o Becerreá competimos moi ben o outro día. E xogamos contra o Friol, que ten a mellor dianteira de toda a liga. Iso si, agardo estar tamén na pelexa co Paradela.



«Este venres xa fun adestrar á bicicleta estática do campo»

FIL: E que parecía que este ano podía ser, incorporando moito máis fondo de armario…

ROM: Fichamos 3-4 xogadores que van a aportar moitísimo. Algúns xa son titulares como Andrés. A ver se recuperamos pronto a Diego e a Losada, que se nos nota moito. E a Alejo, por suposto!

«Celebramos a Copa durante mes e medio»

FIL: Antes de deixarte fuxir, eres dos que pensas que ano tras ano o nivel do noso fútbol baixa?

ROM: Vou falar da nosa liga. Creo que este ano si baixou o nivel. A Milagrosa era sempre competitiva e o Guntín, o mellor equipo da categoría. O Ferreira creo que vai notar as baixas de Samba e Julio, son 20-25 goles menos a pesar de que se reforzaron ben.

«Este ano baixou o nivel da liga»

Romy: «Sentín moitísima dor pero pensaba en volver canto antes»

Rubén Acebedo, Celta Barreiros: «Penso que temos

Romy: «Sentín moitísima dor pero pensaba en volver canto antes»

A Sarriana gaña con contundencia a domicilio

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *