A Marosa vive esta tarde un duelo tan agardado como pouco habitual no fútbol afeccionado. Burela e Monterroso, dous clásicos da Primeira, buscarán hoxe os tres valiosos puntos en xogo (17:30 horas).
Pode parecer un encontro típico de outono ata que empezamos a analizar os cadros de xogadores. Aí, aparecen dispoñibles ámbolos dous presidentes. Jairo Campo apunta a ser o nove dos mariñáns mentres que Balbino Martínez podería ocupar o costado dereito dos da Ulloa.
Como cada xoves, entramos nas ondas para analizar esta vindeira data no Ser Deportivos de Radio Lugo Cadena Ser. E o choque de presidentes-xogadores foi o tema central da nosa participación no programa.
Pódese escoitar a nosa participación aquí:


A entrevista aos nosos dous protagonistas deixou momentos moi divertidos, cun interrogatorio de verdadeiro ou falso no que comprobamos as múltiples coincidencias destas dúas vidas paralelas.
Por suposto, falouse de obxectivos e houbo tempo para gabar ao rival e os seus méritos. Tamén do que agardan deste partido. Jairo Campo cree que vai existir «moito respecto entre os dous equipos» e Balbino Martínez só desexa que «gañe o mellor». Sobre a existencia de posibles maletíns entre un presidente e o outro, hai que escoitar o final da entrevista para coñecer a resposta!
