O Páramo xa é de Segunda

Dous dos catro ascensos directos xa están definidos na Terceira Galicia. O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada déixanos a festa do Páramo, que derrotou ao Relámpago Taboada nas Rapadas e xa é novo equipo de Segunda. Preto queda o Rubián, que gañou diante o Santa Comba e aproveitou o pinchazo do Sober. […]

A marcha de Antón e os 3 goles de Isma e Pacín

Antón Méndez deixa a estrutura da SD Becerreá 17 anos despois. Antón incorporase como segundo adestrador ao CD Lugo en 1ª RFEF da man de Roberto Trashorras. Antón despediuse sen sabelo cos seus marcando sete goles e un triunfo importante ante o Friol. Goleadores tamén estiveron Pacín na Comercial e Isma no Brollón. Os seus […]

Polvorín e Lemos gañan os derbis da xornada

O Trío de Ases O Cantón non nos trae boas novas na Segunda RFEF. O Racing Vilalbés prolongou a súa mala xeira no campo do Covadonga onde caeu derrotado e continúa unha semana máis en posto de play out. En Terceira RFEF, o Polvorín gañou o derbi fronte á Sarriana no Anxo Carro e o […]

O Casás xa é equipo de Segunda Galicia.

Os pases do Casás e do Rubián e os catro de Rocky

O Casás e o Rubián foron os dous equipos da Terceira Galicia que eliminaron a dous conxuntos da Segunda nos dezaseisavos de final da Copa Deputación 2024. O Casás superou ao Roupar e o Rubián ao Ferreira. Sobresaíu Cristian no Casás e Casillas no Rubián. Ademais Rocky foi clave na vitoria da Candelaria e é […]

Adri Carrión debutou co dorsal 19 como xogador do Racing Villalbés. O xogador vallisoletano nado en 2002 formouse no Real Valladolid e pasou polo Racing Rioja, o Laredo e o Rayo Majadahonda; equipo do que procede.

Pleno de empates nunha xornada sen encontros de Preferente

O Trío de Ases Panadería O Cantón deste fin de semana de Entroido tráenos un pleno de empates para os conxuntos lucenses. Sen encontros ligueiros de Preferente, si da Copa Deputación, na Segunda RFEF ao Racing Vilalbés resísteselle a vitoria neste 2024. Os chairegos igualaron na Madalena diante da Arandina. Na Terceira RFEF, a Sarriana […]

O Celta Barreiros acada o ascenso matemático, o Páramo queda ás portas

A falta de cinco xornadas para o final da fase regular, o Tres en Raia En Boas Mans déixanos o primeiro ascenso do curso na nosa provincia. O Celta Barreiros xa é equipo de Segunda Galicia logo de golear no Cascabeiro á Comercial B. O Casás mantén as diferencias tras empatar co Goiriz nun encontro […]

O Ribadeo golea no debut de Pichi no banquiño

O Tres en Raia Panadería O Cantón desta xornada tráenos a derrota do Racing Vilalbés no campo do Marino de Luanco en Segunda RFEF, que deixa aos chairegos a un só punto do play out. Na Terceira RFEF, o Viveiro acadou un valioso punto en Cantarrana fronte ao Pontevedra B. Sarriana e Polvorín acadaron sendos […]