Martín Rodríguez (Celeiro): «Debemos mentalizarnos de que podemos chegar ao play off»

Falar do Celeiro é falar de Martín Rodríguez. Alma máter do conxunto viveirense, durante o pasado curso deu un paso ao lado e deixou o seu cargo de adestrador na procura de procurarlle un empurrón a un grupo de xogadores ‘que o tiña moi visto‘. Malia todo, continuou traballando para o club, este ano desde a presidencia.

Agora, coa segunda volta comezada e co equipo a catro puntos dos postos de play off de ascenso, Martín Rodríguez retorna ao banquiño de Trasvías nunha temporada na que Jesús Rial primeiro e Carlos Yen, un home de club, máis tarde, xa pasaron por él.

Falamos co adestrador viveirense do presente e do futuro do club.

Futbolinlugo: Que te leva a tomar a decisión de voltar a adestrar ao Celeiro?



Martín Rodríguez: Volvo por sentido da responsabilidade e porque, sinceramente, creo que este grupo pode dar moito máis.

FIL: Por qué cres que o equipo non chegou ao seu rendemento óptimo?

MR: É un equipo practicamente novo e iso inflúe. Aparte, debemos asumir desde a directiva que non fixemos as cousas ben e iso é a nosa responsabilidade. Pero debemos dar un paso adiante e pelexar porque este equipo pode ofrecer máis.



FIL: Que é preciso trocar para que na segunda volta o Celeiro pelexe por entrar no play off de ascenso?

MR: O fundamental é a mentalidade e a confianza do cadro de xogadores. Que crean que é posible loitar polo sexto posto, polo menos ata que as matemáticas non digan o contrario. A palabra é crer.

FIL: Cales son os rivais que ves con máis opcións de acadar a promoción?

MR: Creo que salvo sorpresa Goiriz e Castroverde van ascender de xeito directo e Cazás, Rioaveso e Matela van promocionar. Despois veremos se Abadín é capaz de manter ese sexto posto porque creo que Roupar e Catro Roldas van en liña ascendente, e por suposto o Celeiro vai pelexar ata o final.

FIL: O ano pasado tomache a decisión de deixar o banquiño aínda que seguiche traballando polo club. Tiveche algunha oferta para adestrar noutro equipo?



MR: Si, algunha chegou. Por diferentes motivos non as aceptei e agora retorno ao banquiño do Celeiro.

Parte do cadro de xogadores do Celeiro 2024-2025

FIL: O club xa está asentado en Galdo e conta cunha boa afección en Trasvías. Segue a ser un obxectivo xogar en Celeiro?

MR: Estamos moi cómodos en Galdo e trátannos dun xeito espectacular, pero somos o Celeiro Club del Mar e a nosa ilusión é xogar en Celeiro. Creo que cada día está máis preto que xoguemos como local no noso pobo.

FIL: Desde fai uns anos o Celeiro é o club que lle ofrece a posibilidade de seguir xogando a moitos rapaces viveirenses que deixaron o fútbol anos atrás ou ben que rematan a súa etapa xuvenil no Viveiro e non teñen sitio no primeiro equipo. Esa inactividade ou falta de experiencia pode ser un hándicap para o Celeiro?

MR: Pode ser. A moitos cóstalles arrancar, pero co transcurso da competición pasan a ser diferenciais. A mostra está en que moitos agora, tras o seu paso polo Celeiro xogan en categorías superiores.

FIL: Un dos casos máis chamativos foi o de Cora que chegou ao Celeiro logo do seu paso polo fútbol sala e na seguinte temporada xogaba no Viveiro en Terceira RFEF.

MR: Él buscaba un cambio e o fútbol sempre lle gustou. Onde está é o primeiro en chegar a cada adestramento. Foi mágoa que non puidera participar nalgún encontro clave senon hoxe o Celeiro estaría en Segunda Futgal. Creo que para él foi unha gran experiencia voltar a disfrutar do fútbol.

FIL: Cal cres que é o futuro do Celeiro a medio prazo?

MR: Somos un equipo de volver ás súas raíces, traballar e ilusionarse. Debemos resetarnos do 2024 e comezar o 2025 con mentalidade competitiva e voltar a ser un equipo ao que os xogadores queiran vir e disfrutar do fútbol.

Martín Rodríguez (Celeiro): «Debemos mentalizarnos de que podemos chegar ao play off»

O Iberia emula ao Guitiriz 7 anos

Martín Rodríguez (Celeiro): «Debemos mentalizarnos de que podemos chegar ao play off»

Analizamos aos pichichis de 6 categorías

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *