Os lucenses de Terceira RFEF e Preferente despiden o ano con bo sabor de boca

Chega o último Trío de Ases Panadería O Cantón do 2024 e faino con bos resultados para os nosos conxutos. Na Terceira RFEF, o Racing Vilalbés é segundo tras vencer no campo do Barbadás. Empatado a puntos cos chairegos está a Sarriana, que sacou un valioso punto do campo da UD Ourense. O Polvorín venceu na Cheda a un Noia que chegaba en racha e o Viveiro fixo o propio no campo do Betanzos, pechacancelas da categoría.

Na Preferente, o Ribadeo afástase da zona de perigo tras gañar no Pepe Barrera ao Galicia Mugardos. O Pol sumou un valioso punto no campo do Sigüeiro, mentres que Lemos e Escairón igualaron sen goles na Pinguela no derbi.

A Sarriana empata sen goles no Couto nun encontro de galos (0-0)

Non houbo goles nun partido entre candidatos ao ascenso que serviu como debut de Guillermo Oriol no banquiño dunha Sarriana que tivo o dominio do xogo no primeiro tempo. O cadro lucense exhibiu un gran nivel e intensidade que lle serviu para gozar de boas ocasións que a piques estiveron de rematar en gol, as máis claras de Santi Gegunde e Jacobo. A UD Ourense só chegou con perigo nunha ocasión na que estrelou o balón no pao Osian.



Na segunda metade trocou o esceario e foi o conxunto ourensán que dominou e contou con ocasións para levar os tres puntos. Antón estrelou outro balón na madeira e Migui volveu a atoparse coa madeira preto do final. Guillermo Oriol optou por reforzar o centro do campo para evitar o dominio local e nos últimos intres Santi Gegunde puido marcar para darlle o triunfo á Sarriana.

O Racing Vilalbés vence no difícil campo do Barbadás e xa é segundo (0-2)

Primeira metade de dominio alterno. O Barbadás optou por un fútbol directo que o Racing soubo contrarrestar ben defensivamente e non concedeu ocasións ao conxunto ourensán. A partir da media hora de xogo, os chairegos tiveron o control do partido. Anthony, por banda dereita, protagonizou as chegadas máis perigosas dos de Alberto López, e obrigou a intervir con acerto ao gardameta Borja.



Tras o paso por vestiarios, o Racing Vilalbés foi mellor e controlou con e sen balón ao Barbadás. Os goles chegaron desde o punto de penalti. Dous derribos sobre Anthony transformounos Cañi e Fito para sumar tres puntos que colocan aos chairegos na segunda praza da clasificación.

O Polvorín vence ao Noia nun competido encontro (1-0)

Encontro no que o Polvorín comezou mellor e Victor Casais, aos cinco minutos, a piques estivo de facer o primeiro. As ocasións sucedéronse para os de Dani Galán. Buide e Carlos Alonso gozaron de varias opcións a balón parado para anotar. Á media hora de xogo Buide rematou un saque desde o curruncho lanzado por Julio para poñer por diante ao Polvorín. Pouco despois chegou a máis clara para os lucenses. Julito chegou só a diante do gardameta Chema pero non soubo definir.

No segundo tempo o Noia estivo mellor e xogou bastante en campo contrario. A sensación de dominio dos de Iván Carril non se traduciu en ocasións de gol. As chegadas do Noia foron a balón parado que o filial albivermello soubo defender. Iker Carril tivo a máis clara preto do final. O Polvorín sumou a segunda vitoria consecutiva diante dun rival que chegaba lanzado e mantén dez puntos de vantaxe sobre os postos de descenso.

O Viveiro completa un bo encontro e vence con claridade ao Betanzos (0-2)



Encontro moi completo do Viveiro no García Hermanos diante do pechacancelas da categoría. A boa labor da zaga evitou calquer tipo de achegamento dun Betanzos que apenas xerou ocasións de gol. Os de Fabri puideron adiantarse ao pouco de comezar nunha boa xogada de Lucas Fanego, pero o tanto non chegou ata sobrepasada a media hora de xogo por medio de Diego Santín. O berciano aproveitou a boa presión de German ao gardameta para recoller o balón e empurrar ao fondo da portería.

Tras o paso por vestiarios, o Viveiro mantivo o seu bo xogo e Rolle puxo terra de por medio tras culminar unha boa xogada combinativa. Co paso dos minutos o encontro baixou o seu ritmo, aínda que os mariñáns puideron ampliar diferencias en sendas ocasións de Adri Lombao e Diego Santín.

Lemos e Escairón empatan sen goles nun derbi parello (0-0)

Comezou mellor o Escairón con máis control do xogo nos primeiros vinte minutos, aínda que se lograr ocasións de gol. A partir do ecuador do primeiro tempo o Lemos colleu o mando, aínda que con moitas imprecisións no xogo que impediron que se presenciaran na Pinguela opcións para marcar.

Tras o intermedio, o Lemos xogou en campo contrario e o Escairón defendeu con éxito os ataques dos monfortinos. Diego Torres, en dúas ocasións, tivo preto de marcar. Os do Saviñao estrelaron un balón no pao, sendo a ocasión máis clara do encontro.

O Ribadeo vence nun duro encontro fronte ao Galicia Mugardos e suma dez dos últimos doce puntos en xogo (2-1)

Triunfo moi importante para o Ribadeo que lle serve para enlazar por primeira vez na temporada dúas vitorias consecutivas. Os de Luchi non coñecen a derrota nas catro últimas xornadas e escalan na clasificación na procura de acadar a añorada tranquilidade. O Galicia Mugardos, situado en postos de descenso, foi dun duro rival. Os de José Luis Fontao saíron moi motivados e cunha intensidade que superou á local na primeira media hora de encontro. No minuto 14, un centro de Seidyba desde a banda dereita rematouno Iván Pérez, libre de marca, ao fondo da portería. Os visitantes chegaban con certo perigo por medio de Do Carmo e Balbas e ao Ribadeo custáballe trenzar xogadas para inquedar a área rival. No último tramo do primeiro tempo, Simón e Aitor tiveron boas ocasións para empatar o choque.

No segundo tempo o Ribadeo deu un paso adiante e pasou a levar claramente o peso do encontro. Castrín igualou o encontro tras recoller o rexeite dun córner sacado por él mesmo. O de Riotorto engachou un zurdazo co exterior imposible para o gardameta visitante. Javi Pita vestiuse de heroe para desfacer o erro de Mario e salvar unha ocasión que na que o Pepe Barrera xa temía o peor. O gol da remontada chegou nun centro de Pedrinho que un central mugardés despexou cara a súa propia portería. No último suspiro, un bo servzio de Xavi Iriarte recolleuno Kevin Pierre que estreolou no pao o seu disparo

O Pol suma un valioso punto, aínda que lle sabe a pouco, no campo do Sigüeiro (3-3)

Bo encontro do Pol no Lino Balado. Os chairegos seguen en crecemento e tutearon a un dos mellores conxuntos da categoría. Os de Roberto Fernández contaron con varias ocasións claras nunha primeira metade moi aberta. Nacho abriu o marcador para o Pol ao rematar no segundo pao, pero o Sigüeiro deulle a volta ao marcador con goles de Fontán e Remu. Mauro igualou o choque e xusto antes do intermedio de novo Fontán nunha transición puxo por diante aos locais.

No segundo tempo o Pol non se veu abaixo e logrou empatar por medio de Dani Vicente. Preto do final David e Omar contaron con ocasións moi claras para que o Pol trouxera os tres puntos.

máxicos

Os lucenses de Terceira RFEF e Preferente despiden o ano con bo sabor de boca

Manu Veiga: «O Goiriz deste ano está

Os lucenses de Terceira RFEF e Preferente despiden o ano con bo sabor de boca

Os Máxicos marchan de vacacións

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *