O Goiriz é o flamamte líder do Grupo Norte da Terceira Futgal. Os números dos de Manu Veiga acreditan ao club do Ventiño como un dos favoritos para levar a competición.
10 victorias e tan só 1 empate e 1 derrota en 12 partidos disputados confirman un estado de forma inalcanzable polos seus competidores, aos que avantaxan en 3 puntos a falta de 24 por disputarse. Hoxe falamos co preparador, que vén de caer esta mesma tarde cun dos seus perseguidores máis inmediatos: a SD Castroverde.
Futbolinlugo: Derrota dura antes de afrontar o parón navideño.
Manu Veiga: Hoxe saiu todo ben agás a contundencia nas áreas. É certo que chegabamos con menos efectivos que outras veces, pero saímos contentos polo xogo do equipo. É normal que haxa errores e estamos tranquilos, non hai nada que recriminar. Faltou o gol e as áreas deciden. Eles aproveitaron as súas e nós non.


Fil: Que ten que facer o Goiriz nas vindeiras 8 xornadas para acadar o ascenso?
MV: Seguir nesta liña. Traballamos moito entre semana e na competición, creo que somos o mellor equipo da categoría no plano físico e iso notámolo. Na recta final dos partidos sempre se nota que estamos dous puntos por riba dos rivais no condicional. Se temos sorte coas lesións e seguimos igual de sólidos
«Atopeime cunha familia en Goiriz«
Fil: Destacan os bos números defensivos do equipo.

MV: O ano pasado sufrían moito a nivel defensivo, este ano somos máis compactos: sufrimos menos a balón parado, por exemplo. Ofensivamente melloramos, pero defensivamente moito.
Fil: Que aportou a chegada de Manu Veiga ao Ventiño?
MV: A presión alta encaixou moi ben no grupo de xogadores e deunos moitas cousas positivas. Eu teño as miñas ideas de xogo moi claras e iso foi moi positivo para os futbolistas. A miña idea está sempre presente no noso xogo.
Fil: Atopácheste un grupo cohesionado?
MV: É probable que non haxa ningún equipo tan unido como o noso. Atopeime cunha familia en Goiriz. Acolléronme a min mesmo e aos xogadores que trouxen como a un máis: teño axuda de todos, aceptaron as miñas ideas e entendéronas á perfección, non hai reproches… é todo tan doado que os resultados parecen froito da conexión que se deu entre o equipo e eu. Xuntouse todo o positivo.

Fil: Á volta das vacacións, outro óso: o Cazás.
MV: Si. Será un partido moi duro. Xa o foi no Ventiño, pero será especialmente duro na súa casa. Están moi preto de nós e ir a Cazás sempre é difícil. O Goiriz deste ano está perfectamente capacitado para xogar en calquer campo: tanto nos ten ir timbar o balón como ir á guerra: teño xogadores para todo.
