Castroverde e Monterroso B alcanzan postos de ascenso

Comezou a segunda volta na Terceira Futgal e con ela chega un novo Tres en Raia En Boas Mans Fisioterapia. No grupo norte o líder non cede. O Goiriz venceu a domicilio ao Roupar, mentres que o Castroverde gañou na casa ao Friol B e aproveitou o empate do Cazás fronte ao Catro Roldas para acceder á segunda praza.

No grupo sur, o Sporting Lucense mantén o liderado tras superar nun reñido encontro á Sarriana B. O Monterroso B é segundo ao gañar nun enfrontamento directo ao Corgo. O Sober é terceiro logo de golear ao Chantada Atlético B nun final de encontro fulgurante.

grupo norte

O Goriz mantén a súa gran dinámica tras vencer ao Roupar (0-4). A intensidade do Roupar marcou o comezo do encontro. Os de Ángel Pena saíron mellor ao campo e puxo en serios apretos ao líder. Os locais xeraron varias situacións de perigo e protestaron varias accións discutidas do colexiado. O Goiriz atopouse coa boa actuación do gardameta Fran ata que no segundo tempo os de Manu Veiga rachou o encontro, sobre todo debido a súa superioridade física. O Roupar voltou a protestar a acción do primeiro gol visitante ao entender que exisitira man do atacante. Nico, Xoel, Muñiz e Álex foron os autores dos goles.

O Castroverde prolonga a súa xeira positiva diante dun mermado Friol B (4-1). O conxunto local aproveitou as súas primeiras chegadas a área rival para poñerse por diante no marcador. Borja, nun lanzamento de falta, e Xabi tras un córner deixaban aos de Iago Núñez co encontro encarrilado. O Friol B acusou as numerosas baixas, pero foi quen de meterse no encontro cun gran gol de Lucas. Nun man a man non tardou en chegar o gol de Gelo. O segundo tempo tivo pouca historia. Felipe fixo o cuarto para un Castroverde que desperdiciou varias ocasións para ampliar as diferencias no marcador.



O Cazás cede o primeiro punto como local diante dun bo Catro Roldas (0-0). Encontro bronco e con moito xogo directo, pouco atractivo para o espectador. A primeira metade resultou igualada con ocasións para os dous conxuntos e tamén cunha dose de polémica nas dúas áreas. O gardameta Dani estivo atinado nas chegadas do Cazás e os de Suso Coto amosou no segundo tempo un gran nivel defensivo co retorno de García e a fichaxe do laurentino Pepe, sen conceder apenas ocasións a un Cazás moi perigoso no balón parado.

O Matela vence con solvencia no campo do Comercial B (0-3). Encontro plácido para o Matela no que a Comercial apenas inquedou a área rival. Os de Cuchi contaron con boas ocasión que o gardameta Antón desbaratou. Martín, de tiro cruzado e Maikel cun bo remate de cabeza á saída dun córner puxeron en clara vantaxe ao Matela no primeiro tempo. Tras o paso por vestiarios o encontro seguiu a mesma dinámica. Os visitantes levaron o peso do xogo e Simao preto do final fixo o terceiro tras un bo servizo de Maikel.

Celeiro e Abadín empatan en Trasvías nun encontro con oito goles (4-4). Partido marcado polas numerosas baixas en ámbolos dous conxuntos. O Abadín comezou tendo o balón e o Celeiro contragolpeando. Ferre abriu o marcador para os visitantes nunha acción individual. Non tardaron os mariñáns en igualar cun golazo de Javi Rivera que non lle sentou ben a un Abadín que viviu momentos de desconcerto. Aproveitou o Celeiro esta situación para marcar dous goles antes do descanso. Fíxolle ben o intermedio ao Abadín. Esteban no primeiro minuto recurtou diferencias e pouco despois Ferre logrou o empate. Un penalti por man na área, moi protestado polo Celeiro, serviu para que Ferre conseguira un hat-trick e lle dera a volta ao marcador. Co tempo cumprido, Abraham cun bo lanzamento de falta acadou o gol do empate que mantén aos de Carlos Yen na pelexa polo play off.



grupo sur

O Sporting Lucense remonta diante da Sarrriana B e mantén o liderado (2-1). Primeiro tempo igualado no que ámbolos conxuntos chegaron á área rival. Foi a Sarriana B a que se adiantou cun gol de Javi tras unha boa xogada por banda esquerda. O Sporting Lucense viuse soprendido polo fútbol directo dos de Raúl, aínda que contaron con varias ocasións claras para igualar o choque. No segundo tempo, os visitantes levaron o peso do xogo, pero o Sporting Lucense contragolpeou con perigo. Un erro nun despexe aproveitouno Cristian para lograr o empate. Pouco despois, nunha acción a balón parado, tras varios rexeites, Kevin culminou a remontada. Os erros nas áreas castigaron ao filial sarriao.

Un doblete de Isma sírvelle ao Monterroso B para superar ao Corgo e ser segundo (2-0). A grave lesión do capitán David Cabado, con fractura de tibia e peroné, deixou tocado ao Corgo. Os de Abel Rochela entraron mal ao partido e o Monterroso B foi moi superior no primeiro tempo. Os de Pampín realizaron o mellor primeiro tempo do campionato e no primeiro minuto, tras unha boa asociación de Manu e VV, o balón chegou a Isma que rematou ao fondo da portería. O Corgo apenas xerou perigo no primeiro tempo. Álex e Yoni tiveron ocasións para que a renda do filial monterrosino fora máis ampla. No segundo tempo, o Monterroso B quedou cun home menos por expulsión de Balbino. O Corgo apretou na procura do empate. Fer errou unha ocasión moi clara para empatar o partido. Sebas e Xoia temén gozaron de boas opcións de gol. Pero foi un Isma en estado de gracia, cun centro chut, o que deixou o encontro sentenciado.

O Sober vence ao Chantada Atlético B e segue na pelexa polo ascenso directo (5-1). Encontro marcado pola efectividade do Sober, que logrou dous goles por medio de Hugo e Pibe. Miguel recurtou diferencias para os de Ivi Gayoso antes do intermedio. O Sober non pasou excesivos apuros no segundo tempo aínda que non foi quen de sentenciar o choque ata os últimos intres. Os trocos de Iban Lago surxiron efecto e os xogadores que entraron de refresco foron determinantes. Martín acudiu á súa cita co gol para finiquitar o marcador.

máxicos

O Taboada B vence con claridade ao Bóveda e non renuncia a nada (0-4). Saiu mal o Bóveda ao campo e o Taboada B non perdoou. Pita tivo dúas boas ocasións e á terceira non errou. Adán fixo o segundo antes de que o Bóveda gozara dos seus mellores minutos antes do descanso. O segundo tempo seguiu unha tónica semellante. Pita sentenciou o encontro e Tuiriz pechou un marcador que puido ser máis amplo.

O Carballedo desarbola a un Relámpago Taboada que compite ben no primeiro tempo (0-9). O cadro local realizou un bo primeiro tempo e contou con varias ocasións para adiantarse no marcador. O Carballedo, co paso dos minutos, dispuxo de boas opcións para marcar, pero só o fixo nun lanzamento de falta convertido por Moncho. O segundo tempo resultou moi distinto. O Relámpago baixou os brazos e o Carballedo castigou o desánimo local cunha secuencia de goles ata acadar os nove finaisl.



Castroverde e Monterroso B alcanzan postos de ascenso

O Iberia busca pleno e 7 equipos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *