A terceira praza, un botín que Monterroso e Ribadeo non queren deixar escapar

Como se dun obxecto de valor se tratase, a terceira praza da clasificación é un prezado ben que Monterroso e Ribadeo veñen compartindo nos últimos meses de clasificación. Nesta xornada, o dono dunha praza no play off de ascenso pode quedar máis definido, ou incluso deixar que a emoción continue ata as derradeiras xornadas. O […]

Taboada B e Rubián non ceden na pelexa polo segundo posto

Púxose ao día a Terceira Futgal coa disputa dos encontros adiados na xornada 12 por mor do temporal, un no grupo norte e catro no sur. O Pol B mantense na pelexa polo play off logo de vencer ao Roupar, mentres que no sur, Taboada B e Rubián sacaron adiante os seus encontros e seguen […]

Un derbi para trocar a mala xeira

Falar de urxencias con dez partidos por diante parece desproporcionado, pero hai situacións negativas que curan cun triunfo. É o caso da Sarriana que vén de caer nos últimos catro partidos dun xeito cruel e que ve no derbi diante da UD Ourense unha oportunidade para revertir a mala xeira e de paso escapar dos […]

O Mondoñedo xa é de Segunda Futgal

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia chega co primeiro ascenso da temporada no fútbol lucense. Un ascenso pola porta grande o acadado polo Mondoñedo, único equipo da nosa provincia que non coñece a derrota e que retorna á Segunda Futgal só un ano despois de perder a categoría. Nesta xornada venceu ao Celeiro pola […]

O Guitiriz recibe ao Riotorto co liderado en xogo

Chega o gran partido da xornada, coa primeira praza da clasificación do grupo norte da Segunda Futgal en xogo. O Guitiriz recibe ao Riotorto no Suso Cruz o domingo ás 16:15 horas, coa arbitraxe de Óscar Lobato. Un triunfo do cadro local daríalle o liderado, mentres que unha vitoria visitante faría que a vantaxe para […]

Un Lemos invicto na Pinguela recibe ao líder

Encontro de altura na Pinguela. O Lemos recibe ao Atios, líder da categoría o sábado ás 17:30 horas, nun enfrontamento no que os de Edu Rodríguez queren manter a imbatibilidade no seu feudo. Arbitrará o colexiado coruñés Alejandro García. O Lemos é quinto na clasificación con trinta e cinco euros e ocupa a última das […]

O Pichón, Muimenta

Catro Roldas e Taboada B recuperan praza de ascenso directo

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia desta xornada de Terceira Futgal déixanos a vitoria do Catro Roldas no Pichón, nun choque entre rivais directos polo ascenso directo. Os de Román retornan á segunda posición e teñen un partido menos, o que teñen que xogar diante dun Mondoñedo que non afrouxa no liderado. Os da […]

Burela e Pol protagonizan un derbi de urxencias na Marosa

Encontro marcado en vermello no almanaque por varios motivos. É o único derbi provincial da Preferente nesta temporada e ademáis para ámbolos dous conxuntos supón máis que tres puntos na súa pelexa por fuxir dos postos de perigo. Burela e Pol enfrontaranse o domingo ás 12 horas na Marosa coa arbitraxe do coruñés Mario Balsa. […]

O póker de Kylian engancha ao Río Sil á loita polo play off

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia desta xornada déixanos a sobresaínte actuación individual de Kylian, atacante dun Río Sil que goleou ao Taboada B e volve a crer que pode rematar en postos de play off. O Corgo non cede e achégase ao ascenso matemático mentres que o Rubián deu un paso importante no […]

O Viveiro busca tres puntos para escapar do perigo fronte ao Barco, rival directo

Xa metidos de cheo na segunda volta de competición, cada enfrontamento directo é vital. Nesta xornada, o Viveiro recibe ao Barco, conxunto ao que supera en tres puntos nun encontro que suporá o retorno a Cantarrana de Diego Santín. Será o domingo ás 12 da mañá coa arbitraxe do compostelán Brais García. O Viveiro rachou […]

Mondoñedo e Catro Roldas golean nunha xornada chea de aprazamentos no sur

A borrasca Ingrid fixo estragos tamén no noso fútbol e a Terceira Futgal foi duramente castigada con cinco partidos aprazados. No grupo sur só se xogou o encontro do Hermanos Somoza, onde o Corgo superou con claridade ao Bóveda. No grupo norte foi aprazado o partido entre o Pol B e o Roupar e xogouse […]

O Xove Lago recibe ao Lourenzá nun partido chave pola permanencia

Comeza unha xornada marcada fortemente pola borrasca Ingrid, que golpeou con forza ao longo e ancho da nosa provincia e que obrigou á suspensión da actividade deportiva o sábado. Confiamos en que a situación mellore e o domingo sexa posible a disputa da xornada con total normalidade e seguridade. O domingo ás 17 horas o […]

Mondoñedo e Rubián, golpe de autoridade no liderado

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia da undécima xornada déixanos a dous líderes sólidos. No grupo norte o Mondoñedo impúxose ao Abadín no derbi do Fiouco e achégase paseniño ao obxectivo do ascenso. O Muimenta mantén praza de ascenso directo logo de vencer á Comercial. Chegou a primeira vitoria do curso para o Celeiro, […]

O CD Lugo B, nun gran momento, recibe a un intratable Racing Vilalbés

Partido dos grandes o domingo ás 12:30 horas na Cheda. O CD Lugo B, moi preto dos postos de play off, recibe ao Racing Vilalbés, segundo clasificado e que acumula case tres meses sen coñecer a derrota. Un derbi por todo o alto, que terá como xuiz ao compostelán Gustavo Vidal. O CD Lugo B […]

A oitava vitoria consecutiva do Taboada B sitúao preto do líder

O Tres en Raia Boas Mans Fisioterapia desta xornada achéganos á impresionante xeira do Taboada B. Oito vitorias consecutivas que o sitúan a só punto do líder. O filial venceu ao Rubián, firme candidato ao ascenso e aproveitou o empate do Corgo no campo do Incio, que malia todo mantén o liderado. No norte o […]

A Residencia quere volver gañar diante dun Ribadeo que non perde con Dani Moirón

Son os dous perseguidores do líder, co permiso do Monterroso. Residencia e Ribadeo eran, ao comezo de temporada, dous dos grandes favoritos ao ascenso a Preferente e con case unha volta consumida seguen mantendo dita condición, iso si, por detrás dun Chantada que venceu en catorce dos dezaseis encontros disputados nunha primeira volta de récord. […]

O Xove Lago, na procura da reacción diante dun enrachado Monterroso

O 2026 xa comeza cunha boa ración do noso fútbol. Ademáis da xornada de Copa Deputación, a Primeira Futgal ponse ao día logo do adiamento, na última fin de semana de setembro do encontro entre o Xove Lago e o Monterroso. Ámbolos conxuntos veranse as caras o domingo ás 12 da mañá no Municipal de […]

O Ferreira quere reencontrarse coa vitoria diante dun perigoso Monterroso B

O fútbol lucense non para no Nadal e aproveita para poñer ao día o grupo sur da Segunda Futgal. Este sábado 27 de decembro ás 17 horas no Baliño enfrontaranse o Ferreira e o Monterroso B, nun encontro que fora suspendido na segunda xornada ligueira. Arbitrará o colexiado Diego Seco. O Ferreira chega a este […]

A sétima vitoria consecutiva do Taboada B nunha xornada marcada pola neve no norte

Dous partidos tiveron que ser suspendidos no grupo norte por mor da intensa neve que caeu o pasado domingo na Terra Cha. En Román non puido disputarse un Catro Roldas – Mondoñedo no que se enfrontaban os dous primeiros clasificados. En Abadín o cadro local recibía ao Roupar e o encontro suspendeuse aos dez minutos […]

Goiriz e Riotorto prometen un furacán de goles no Ventiño

Segundo contra primeiro. Os dous conxuntos máis goleadores do grupo norte da Segunda Futgal. Un auténtico partidazo o que Goiriz e Riotorto disputan o sábado ás 15:30 horas no Ventiño, coa arbitraxe de Virginio Polo. O Goiriz afronta o encontro desde a segunda posición da táboa clasificatoria con vintesete puntos. Os chairegos mantéñense invictos na […]