Tampouco na fin de semana nos da tregua o noso mercado de fichaxes. Comezamos na Preferente, con dous fichaxes de altura para o novo proxecto do Lemos co obxectivo claro de volver a intentar dar o salto de categoría. Álvaro Herrero xogará na Pinguela ás ordes de Alberto López. O futbolista ven de ser importante no Racing Vilalbés o pasado curso, participando en 31 encontros, 20 deles como titular. Conta con experiencia anterior nas filas da Sarriana, Pol ou CD Lugo B. Tamén se incorpora ao cadro monfortino Yanike, mediocentro camerunés que procede do Unión Sur Yaiza de Lanzarote, conxunto da Terceira RFEF canario onde rematou a temporada. O Viveiro foi o seu primeiro club na 2025/2026 e xa coñece a noso fútbol ao militar un ano antes na Sarriana. Conta con experiencia na categoría no Trival Valderas madrileño ou no Valdepeñas castelán-manchego. Chegou a formar parte da convocatoria do Fuenlabrada na Segunda División, aínda que non debutou.
O filial do Lemos tamén é noticia, coa renovación de varias pezas clave. Adrián Cereijo, Iago López, David Díaz, Diego Pallín e Javi Vila seguirán a vindeira campaña no conxunto monfortino.
No Catro Roldas seguen poñendo pezas no puzzle do novo proxecto de Suso Coto á fronte do cadro amarelo na Segunda Futgal. O defensor vilalbés Román seguirá na Canteira, onde cumprirá a súa terceira temporada. Ao igual que os chairegos, o Corgo tamén logrou dar o salto de categoría e logo de anunciar a continuidade o adestrador All Star Abel Rochela comezan a perfilar o cadro de xogadores. Outro All Star, o central Gabi, seguirá no club. Tamén o farán Diego Mejuto, Rubi, Brais, Raúl, Rober, Kevin, Sebas, Willy e David Cabado.
O Castroverde, que retorna á Terceira Futgal, tamén anunciou un bo número de renovacións, que pelexarán por devolver aos da Veiga do Olmo á categoría perdida. Coto, Díaz, Borja, Felipe, López, Tato e David Muñiz seguirán no conxunto branquiverde.


