Migui Rivas do Racing Villalbés B

Migui Rivas (Racing Villalbés B): «Ogallá poidamos ascender con este grupo»

O Racing Villalbés é, sen lugar a dúbidas, o equipo de moda da Primeira Futgal lucense. Os de Iván Lamas son líderes despois dunha vitoria espectacular ante a Residencia por 4-1. Un equipo que é o mellor defensivamente dos seis grupos que conforman a categoría e que tamén consiguen grandes cifras na dianteira. Todo cun gran traballo para manter a figuras do equipo como Yago Miguélez, Gegunde, Kevin, Gabri ou o último invitado do espazo de Futbolinlugo no Ser Deportivos Lugo, Migui Rivas.

O centrocampista de Riotorto pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Durante a entrevista falaron do último encontro, o inicio da campaña e o estado de forma de todo o equipo.

Entrevista a Migui Rivas do Racing Villalbés B

Encontro ante a Residencia:»Era un partido moi importante para nós porque nos mediamos ao segundo. Sempre hai unha tensión importante neste tipo de encontros, o que fixo que fose un encontro intenso. Comezamos por detrás, pero démoslle a volta de boa forma».

Momento actual do Racing Villalbés:»É un momento lúcido para nós porque, pese a comezar coa derrota en Oural, conseguimos meternos na senda da vitoria. Neste bo intre non nos podemos despistar porque hai equipos como o Ribadeo moi preto que van aproveitar cada tropezo».

Unión do grupo:»Esta fin de semana na arenga comentamos varios que ogallá poidamos seguir con esta xeira e poidamos ascender con este bo grupo. Estamos nun momento moi bo a todos os niveles e queremos continuar así».