Unha semana ilusionante
O Friol celebra a semana que se lle presenta. O domingo pode confirmar matematicamente que quedará entre os cinco primeiros clasificados no grupo I da 2ª división. Puntuar diante do Sporting de Gijón significaría que o 6º xa non puidera alcanzalo. O ascenso á 1ªB estaría practicamente na man. Tendo en conta que os mellores 5º tamén ascenden e o nivel de puntuación do grupo I fai que ese quinto sexa poida ser unha praza máis de ascenso. Non obstante, o cadro friolés vai a pola terceira praza. Antes de afrontar as catro últimas xornadas, xogará a segunda xornada da Copa dos clubs galegos da 2ª. Este martes festivo na Reigosa ante o Valladares.
https://twitter.com/PMFriolCDLugo/status/1107579704578584581
O primeiro ascenso do curso
![]()
O Paradela desaproveitara as dúas oportunidades que tivera de ascenso. Nesta xornada descansaba. Pero só necesitaba un fallo do Castroverde. O cadro verde só podía alcanzalo polo gol average. Non obstante, perdeu o seu partido na súa visita a un Sober que se está xogando entrar na promoción. Polo que o Paradela xa é matematicamente equipo da Segunda Rexional. Ademais, ten a honra de abrir a veda de ascenso que a partir de agora se produciran case semanalmente na provincia. A celebración xa comezou, pero aínda non acabou. Parabéns!
Ver esta publicación en Instagram
Señoras e señores!! Chegou a hora.. Chegou o momento…. Somos de segunda!!!!!
Cerámica e fútbol
Os carteis de anuncio dos partidos como local do Mondoñedo seguen sendo tendencia nas redes. O cadro mindoniense tirou de inxenio e fíxolle un guiño ao seu rival desta fin de semana. O bo traballo no Facebook non se compensou de todo sobre o campo. O equipo adestrado por Israel empatou co Cervo (2-2). Sumou un punto que lle permite manter unha distancia coa zona baixa. Un punto con dedicatoria especial para un socio falecido. Aínda que a permanencia non está asegurada.