Xogadores polivalentes

No mundo do fútbol adóitase definir aos futbolistas polivalentes como aqueles capaces de rendir e cumprir en varias posicións dentro do terreo de xogo. Pero no noso fútbol hainos que levan a polivalencia fóra do campo. E que no balompé da provincia hai que saber de todo. Julio Méndez do Escairón tivo que poñerse mans a obra incluso antes de xogar. O xogador de Samos solucionou a avaría do bus camiño de Riotorto. E sen poñela funda. O cadro do Saviñao levou os tres puntos da súa visita á Veiga e é sétimo na clasificación da Primeira Rexional. O noso aplauso e recoñecemento para aqueles que saben actuar no momento límite, porlle solucións aos problemas, pero que a tarde non altere o previsto.

“A quen Fran?”

Foi un dos vídeos virais da semana. O Xermade continúa mantendo o nivel das súas redes sociais dende o inicio de temporada. Desta volta aproveitaron un mal pase de Fran e a voz dun seareiro para armala pola órbita. O cadro xermadino empatou esta xornada ante o Guitiriz, líder do grupo norte da Segunda Rexional. Os pupilos adestrados por Daniel Rebolo son cuartos na táboa clasificatoria, a seis puntos do ascenso directo.

Posado de revista

O Celta Barreiros preparouse case para unha foto de revista de moda. A ocasión ben o merecía. Despiden momentaneamente a Julián Ortega. Fano nun gran momento, despois de certificar os bos resultados cunha vitoria ante a Milagrosa. As últimas vitorias sitúan ao conxunto celeste a un punto dos postos de promoción de ascenso do grupo norte da Terceira Rexional. Quedan catro partidos por diante.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario