Os onces da 11ª xornada na Segunda

A undécima xornada da Segunda Rexional trouxo un sempre especial derbi da horta con emoción e vitoria pola mínima do Lourenzá. O Folgueiro continúa na cabeza da táboa, seguido por un Guitiriz que volveu gañar e un Roupar que na actualidade é o equipo máis en forma da categoría se temos en conta as últimas […]

As nosas redes falan

A paixón coa que se vive o derbi da horta entre o Lourenzá e o Mondoñedo quedou demostrada nas redes sociais. Memes e os vídeos de dobraxe, que están de moda, protagonizaron o cruce amigable de bromas entre os veciños na previa dun dos encontros do ano na provincia. Nos 90 minutos dun choque igualado […]

Os sobranceiros da Terceira na 7ª xornada

Os primeiros postos da Terceira Rexional mantéñense ocupados polo Muimenta no grupo norte e polo Paradela que volve ao liderado no grupo sur. Un dos máis prexudicados da xornada foi o Celta Barreiros que caeu a quinta posición ao perder no seu duelo directo coa Milagrosa. Antas e Castroverde achéganse a postos de ascenso directo […]

Os onces da 10ª xornada na Segunda

A décima xornada de competición na Segunda Rexional non foi excesivamente boa para os equipos da parte alta. Dos oito primeiro clasificados de cada grupo, só dous conxuntos de cada un conseguiron os tres puntos. Si foi proveitosa para o San Roque que, coa súa vitoria e a derrota do Guntín, colócase líder por primeira […]

As nosas redes falan

Os derbis teñen un papel importante no noso fútbol; pouco ou nada hai mellor ca facer o que che gusta e enfrontarte aos teus coñecidos, veciños ou amigos e poder meterte un pouco con eles no caso de gañarlles. No campo é un conto, fóra del é outra historia, pero a deportividade debe reinar sempre. […]

Os sobranceiros da Terceira na 6ª xornada

A Terceira Rexional volveu de novo á competición despois do segundo parón case consecutivo e como curiosidade, o Quiroga regresou á cabeza da clasificación sen xogar esta xornada, debido a derrota do Paradela. No zona norte, o Muimenta continúa mandando no liderado pero co Celta Barreiros e co Fonsagrada moi de preto. Nunha fin de […]

Os onces da 9ª xornada na Segunda

A novena xornada trouxo cambio de líder no grupo norte e unha redución das diferenzas na cabeza da zona sur. O Folgueiro aproveitou a única derrota ata o momento do Guitiriz para colocarse primeiro e demostrar que é o equipo máis en forma da categoría. Ademais, a xornada recuperou a un dos goleadores de sempre […]

As nosas redes falan

Unha xornada máis o noso fútbol volveu deixar a súa cara máis solidaria. A SD Burela fíxolle unha homenaxe a Alexia Fraga Casabella, unha rapaza que loita contra o Síndrome de Fires do que se contan con poucos casos en España. Todo foi antes de principiar un encontro da competición de Fútbol – 8 na […]

Os onces da 8ª xornada na Segunda

Ningún dos líderes da Segunda Rexional sumou tres puntos nesta xornada pero manteñen os primeiros postos na clasificación. O Guitiriz encaixou o primeiro empate da tempada ante o Valadouro; mentras que o Guntín perdeu na casa ante o San Roque. O tempo tamén foi protagonista da xornada xa que unha saraibada impediu que se disputase […]

As nosas redes falan

Os equipos da Terceira Rexional teñen que discorrer a que lle dedican a fin de semana para evitar perder o ritmo ante os paróns da categoría (dous neste mes de outubro, a maiores dos que teñen os dous equipos que descansan cada xornada no grupo sur). Non obstante, noutros campos os descansos viñeron obrigados por […]

Fanny Varela (Friol CD Lugo): «Tómanse as cousas moito máis en serio»

A polivalencia sempre é un plus. Mediocentro, dianteira,… pero a súa posición favorita é a de interior pola esquerda. Fanny Varela (11-12-1991, Outeiro de Rei) pasouse do fútbol sala ao fútbol campo con 16 anos e dende aquela sempre coas cores do Friol. Unhas cores que mudaron nesta tempada co convenio que ten o cadro […]

Os sobranceiros da Terceira na 5ª xornada

A Terceira Galicia volveu á competición despois dunha semana de parón (de máis días para algún equipo no grupo sur) para parar de novo a vindeira fin de semana. Desta volta fíxoo con cambio de líderes. No norte, o Muimenta aproveitou as primeiras derrotas da temporada do Celta Barrerios e do Fonsagrada para encabezar a […]

Os onces da 7ª xornada na Segunda

O Guitiriz encaixou o seu primeiro gol na sétima xornada de liga, pero conseguiu os seus tres puntos para seguir invicto e líder do grupo norte. Tamén continúa encabezando a clasificación no sur o Guntín que deu o primeiro golpe na mesa ao derrotar ao Portomarín na súa casa nun dos duelos directos da xornada. […]

As nosas redes falan

A solidariedade volveu estar presente esta fin de semana na provincia. Un exemplo foi o da Comercial, o equipo capitalino amosou o apoio aos compañeiros que están pasando por un mal momento e tamén quixeron darlle visibilidade ao cancro de mama. Ademais, os máis cativos comezaron as súas competicións e nalgún sitio de xeito especial. […]

Cristian Sanfiz (Lugo Unión): «Dábanos pena ir cada un para o seu lado»

Foi o único equipo do fútbol sénior lucense dende Preferente que non puido saír na Guía de Fútbol en Lugo. E case non puido saír tampouco en competición. O Lugo Unión estivo con dúbidas ata o último momento para formarse e encadrarse no grupo norte da Terceira Rexional. Un cambio de ubicación, xa que os […]

Os onces da 6ª xornada na Segunda

Despois dos resultados da sexta xornada, Guitiriz e Guntín mantéñense como líderes nos seus respectivos grupos da Segunda Rexional e os dous amplían diferenzas cos segundos clasificados. O Guitiriz no norte ten unha diferenza de tres puntos co Folgueiro (entra en postos de ascenso), mentras que o Guntín de dous co Palas (que tamén se […]

As nosas redes falan

A semana vén con nomes propios. Un deles, o de Pablo Vivero, o anuncio da súa retirada despois da nova adiantada por El Progreso convertiu as redes sociais nunha das vías de comunicación para que a xente do fútbol lucense lle dedicase o seu recoñecemento. Ademais esta fin de semana, Michi Leal reencontrouse co seu […]

Pablo Vivero: «O importante é o club, o resto somos pasaxeiros»

Pensabamos que iamos termar outro ano sen facernos maiores. O verán xa esmorecía e todo parecía que seguía igual. Aqueles futbolistas cos que moitas xeracións da provincia medraron deran o si quero a seguir un ano máis. Aínda así, a sensación dos últimos días de sol poñía en dúbida se realmente rematara o tempo estival. […]