Futbolinlugo analizou o estado do fútbol provincial na SER Lugo

Comezamos o 2019 conversando nos estudios da Radio Lugo Cadena Ser sobre o momento que atravesa o fútbol lucense. Poñendo o foco no que foi o 2018 e o que queda por vir neste novo ano. Diego Díaz e Iván Calaza contaron coa colaboración de Manu Amor nunha mesa comandada pola presentadora do Ser Deportivos de Lugo, Sara Meijide. A importante campaña na que está o Friol, o seu convenio co CD Lugo, o futfem da provincia, o momento do Racing Vilalbés e do Polvorín ou as apostas para os posibles ascensos á Terceira marcaron un coloquio que podes escoitar aquí:

Escucha “Coloquio 3 de xaneiro” en Spreaker.

Esta análise máis en profundidade sobre o estado do fútbol lucense serviu como complemento as citas semanais que habitualmente temos na Cadena Ser Lugo. Tanto os luns como os venres adoitamos facer un repaso sobre a xornada en cuestión destacando o papel do Friol na Segunda Feminina, a Mila e o Antas na Primeira Galega, o Vilalbés, o Polvorín e os lucenses da Preferente.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 467

Deja un comentario