Cinco goles para festexar a quinta do Goiriz

Intratable se está a amosar o Goiriz neste comezo ligueiro no grupo norte da Terceira Futgal. O quinto Tres en Raia En Boas Mans achéganos outras tantas vitorias do conxunto chairego, que se desfixo con facilidade do Catro Roldas. O Abadín, con tres encontros disputados, é o outro conxunto que se mantén invicto. Nesta xornada […]

Samu Orosa lidera a primeira do Catro Roldas

O Tres en Raia En Boas Mans da cuarta xornada tráenos a primeira vitoria do Catro Roldas. Foi na Canteira diante do Friol B. O Goiriz segue intratable e conta cun pleno de puntos tras golear ao Celeiro. Abadín e Rioaveso gañaron a domicilio, mentres que o Cazás venceu ao Matela nun choque entre dous […]

Sober e Sarriana B gañan de sete

A terceira xornada do Tres en Raia En Boas Mans de Terceira Futgal foi unha auténtica toleada de goles no grupo sur. A Sarriana B venceu por sete ao Bóveda e o Sober fixo o propio na Carqueixa fronte ao Río Sil no derbi. Pero Sporting Lucense e Monterroso B meteron catro cada un a […]

Celeiro e Chantada Atlético B debutan con goleada

A segunda xornada do Tres en Raia En Boas Mans na Terceira Futgal déixanos un triple empate no liderado do grupo norte. Matela, Goiriz e Cazás contan os seus encontros por vitorias, mentras que o Celeiro estreouse con goleada tras o adiamento do seu encontro na primeira xornada. No grupo sur, Monterroso B e Sporting […]

Matela e Monterroso B comezan liderando a Terceira Futgal

Deu comezo a Terceira Futgal e con ela chega o Tres en Raia En Boas Mans. Arrancou a competición con dous líderes sorprendentes vistas as prestacións na pasada campaña de ámbolos dous conxuntos. No grupo norte o Matela goleou na casa á Comercial e comeza a liga no máis alto. O Goiriz sacou o encontro […]

O Casás culmina a súa primeira temporada co Torneo Delegación

A primeira experiencia no fútbol senior do Casás non puido ser máis fructífera. Ao brilante ascenso a Segunda Galicia hai que sumarlle o Torneo Delegación que a pasada fin de semana acadou o conxunto lucense fronte ao Páramo tras vencer por 0-1 no Municipal do Corgo. «Era un reto crear un novo equipo sénior e […]

Páramo e Casás, á final do Torneo Delegación

A temporada achégase de forma irremediable ao seu fin. O Torneo Delegación xa coñece aos seus finalistas. Páramo e Casás xogarán por facerse co trofeo este domingo día 26 ás 17 horas no Municipal do Corgo. As semifinais amosaron o que xa se viu na liga regular e os catro conxuntos que ascenderon de forma […]

O Páramo recibe a copa de campión de liga e celébrao con goleada

O Tres en Raia En Boas Mans da quinta xornada do Torneo Delegación mantén ao Páramo cun pleno de vitorias no grupo terceiro. Celta Barreiros, Casás e Rubián son líderes no resto de grupos. O Catro Roldas non foi quen de estrear o casilleiro de puntos. GRUPO 1. Catro Roldas – Celta Barreiros (1-2). Encontro […]

Piringalla e Santa Comba danlle a volta á eliminatoria e son de Segunda

O Tres en Raia En Boas Mans tráenos aos dous últimos conxuntos en acadar o seu billete para xogar o vindeiro ano en Segunda Autonómica. Piringalla e Castroverde remontaron os resultados adversos dos encontros de ida e eliminaron a Castroverde e Sober, respectivamente, e acadaron o ansiado ascenso de categoría. No caso do Piringalla no […]

Castroverde e Sober, un chanzo máis preto de Segunda Galicia

O Tres en Raia En Boas Mans tráenos as finais polo ascenso a Segunda Galicia. No grupo norte o Castroverde gañoulle á Piringalla cun solitario tanto de David, mentres que no grupo sur o Sober remontou no campo do Santa Comba e afronta a volta en Centeás cun tanto de vantaxe. Analizamos tamén a terceira […]

As finais polo ascenso están servidas na Terceira Galicia

O Tres en Raia En Boas Mans tráenos aos catro finalistas polo ascenso a Segunda Galicia. No grupo norte, as eliminatorias non nos depararon sorpresas unha vez vistos os resultados dos encontros de ida. Castroverde e Piringalla disputarán a gran final tras eliminar ao Goiriz e Rioaveso, respectivamente. No grupo sur, o Sober venceu ao […]

A Piringalla golea no comezo do play off de ascenso

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada achéganos a primeira eliminatoria polo ascenso a Segunda Galicia. No grupo norte, a Piringalla goleou ao Rioaveso e puxo un pé na final, mentres que o Castroverde venceu na Veiga do Olmo ao Goiriz e afrontará a volta con dous tantos de vantaxe. No grupo sur […]

O Castroverde completa o play off de Terceira Galicia

Chega o último Tres en Raia En Boas Mans da temporada regular na Terceira Galicia, co Castroverde como gran protagonista. Os de Fran Veiga poñían en xogo a última praza para xogar o play off de ascenso diante do Catro Roldas e acadaron un empate que os clasificou para a promoción. No grupo sur, o […]

A penúltima xornada, o gran día de Nico

Non cabe dúbida algunha de que no fútbol máis modesto moitas veces o resultado non é o máis importante. E moito menos cando sucede un feito como o acontecido no Sangoñedo. No encontro que mediu ao Chantada Atlético B coa Sarriana B debutou no fútbol afeccionado Nicolás Moscoso Baskakova ‘Nico’. Un rapaz de dezanove anos […]

O Racing Vilalbés racha a súa mala xeira 10 xornadas despois

O Tres en Raia O Cantón achéganos unha vitoria fundamental do Racing Vilalbés diante do Fabril, rival directo pola permanencia e co que iguala na clasificación. Na Terceira RFEF pleno de triunfos lucenses. A Sarriana tamén finiquitou a súa xeira negativa cun triunfo in extremis diante do Betanzos, mentres que o Viveiro deu boa conta […]

O Rubián completa o cuarteto de ascenso directos

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada tráenos o ascenso do Rubián, o cuarto conxunto tras Celta Barreiros, Casás e Páramo que acada o ascenso directo a Segunda Galicia. Os de Senén López venceron á Sarriana B e confirmaron o salto de categoría a falta de dúas xornadas para o final da liga […]

Chegar e encher para un Casás de Segunda Galicia

O Tres en Raia En Boas Mans déixanos o ascenso do Casás no grupo norte. O cadro lucense venceu ao Catro Roldas e logrou dar o salto de categoría no seu primeiro ano de existencia. O Celta Barreiros goleou ao Goiriz e xa é campión, mentres que o Castroverde, o único conxunto do fútbol lucense […]

O Páramo xa é de Segunda

Dous dos catro ascensos directos xa están definidos na Terceira Galicia. O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada déixanos a festa do Páramo, que derrotou ao Relámpago Taboada nas Rapadas e xa é novo equipo de Segunda. Preto queda o Rubián, que gañou diante o Santa Comba e aproveitou o pinchazo do Sober. […]

O Celta Barreiros acada o ascenso matemático, o Páramo queda ás portas

A falta de cinco xornadas para o final da fase regular, o Tres en Raia En Boas Mans déixanos o primeiro ascenso do curso na nosa provincia. O Celta Barreiros xa é equipo de Segunda Galicia logo de golear no Cascabeiro á Comercial B. O Casás mantén as diferencias tras empatar co Goiriz nun encontro […]

Goiriz e Sober, as dúas caras do terceiro posto

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada de Terceira Galicia deixa ao Celta Barreiros a un só paso do ser equipo de Segunda. Un triunfo diante do Comercial B outórgalle aos de Rubén Acebedo o ascenso sen ter que mirar a outros campos. O Casás caeu diante do Matela e fai que o […]