Chegar e encher para un Casás de Segunda Galicia

O Tres en Raia En Boas Mans déixanos o ascenso do Casás no grupo norte. O cadro lucense venceu ao Catro Roldas e logrou dar o salto de categoría no seu primeiro ano de existencia. O Celta Barreiros goleou ao Goiriz e xa é campión, mentres que o Castroverde, o único conxunto do fútbol lucense […]

O Páramo xa é de Segunda

Dous dos catro ascensos directos xa están definidos na Terceira Galicia. O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada déixanos a festa do Páramo, que derrotou ao Relámpago Taboada nas Rapadas e xa é novo equipo de Segunda. Preto queda o Rubián, que gañou diante o Santa Comba e aproveitou o pinchazo do Sober. […]

O Celta Barreiros acada o ascenso matemático, o Páramo queda ás portas

A falta de cinco xornadas para o final da fase regular, o Tres en Raia En Boas Mans déixanos o primeiro ascenso do curso na nosa provincia. O Celta Barreiros xa é equipo de Segunda Galicia logo de golear no Cascabeiro á Comercial B. O Casás mantén as diferencias tras empatar co Goiriz nun encontro […]

Goiriz e Sober, as dúas caras do terceiro posto

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada de Terceira Galicia deixa ao Celta Barreiros a un só paso do ser equipo de Segunda. Un triunfo diante do Comercial B outórgalle aos de Rubén Acebedo o ascenso sen ter que mirar a outros campos. O Casás caeu diante do Matela e fai que o […]

O Celta Barreiros queda ás portas do ascenso

O Tres en Raia En Boas Mans da xornada 15 déixanos ao Celta Barreiros con posibilidades matemáticas de ser equipo de Segunda Autonómica na vindeira xornada. Logo do triunfo traballado fronte ao Rioaveso, tres puntos diante do Celeiro xunto a unha derrota do Goiriz levaría aos de Rubén Acebedo de celebración. O Casás, segundo, mantén […]

A terceira vitoria consecutiva outórgalle ao Matela o dereito a soñar

O Tres en Raia En Boas Mans da xornada 14 de Terceira Galicia ten ao Matela como un dos protagonistas. Non abandoa o último posto da táboa clasificatoria, pero comezou o ano como rematou o anterior, cun triunfo, desta volta fronte ao Cazás. Os pupilos de Cuchi atópanse a catro puntos da zona de promoción […]

O Páramo colle o temón no grupo sur

Rematou o ano futbolístico na Terceira Galicia e fíxoo con troco de líder no grupo sur. O Rubián perdeu o seu primeiro partido da temporada diante do Corgo e o Páramo, co seu triunfo fronte ao Taboada B, colleu o testigo dos de Senén López. O Sober venceu ao Relámpago Taboada e recurta diferencias cos […]

Goiriz e Sober non afrouxan na pelexa polo ascenso directo

Comezou a segunda volta da competición na Terceira Galicia. No grupo norte o Celta Barreiros camiña con paso firme e ampliou diferencias no liderado logo do seu triunfo na Veiga do Olmo, axudado pola derrota do Casás no derbi capitalino co Piringalla. O Goiriz acadou a terceira vitoria consecutiva no campo do Rioaveso. O Celeiro […]

Rubián e Páramo igualan no partidazo polo liderado no grupo sur

Rematou a primeira volta na Terceira Galicia co Celta Barreiros como líder do grupo norte e o Rubián na primeira praza do sur. Os mariñáns venceron ao Cazás para manter diferencias cun Casás que non cede. O Celeiro mantense nun play off do que xa está preto o Goiriz. No grupo sur, Rubián e Páramo […]

Os primeiros clasificados abren oco

Celta Barreiros e Casás distáncianse nos dous primeiros postos no grupo norte. Os mariñáns venceron pola mínima no campo do Catro Roldas e os lucenses gañáronlle ao Castroverde, terceiro. O Celeiro consolídase na zona de play off logo de rematar coa imbatibilidade do Cazás no Catro Ventos. No grupo sur, o Rubián venceu con solvencia […]

O Rubián, único equipo invicto de Terceira Galicia

Na novena xornada chegou a derrota do Celta Barreiros. Logo de oito vitorias consecutivas, os mariñáns caeron no Cascabeiro fronte ao Casás. Malia todo, seguen comandando o grupo norte con catro puntos de vantaxe sobre o seu verdugo nesta xornada. Terceiro é o Castroverde e cuarto un Rioaveso que sumou dez dos últimos doce puntos. […]

8 de 8 para o Celta Barreiros

Javi Andina foi un dos protagonistas na vitoria do Celta Barreiros ante o Goiriz para seguir coa xeira de oito vitorias

Martín Piñeiro, máximo goleador da Terceira Futgal

A adversidade climatolóxica marca a xornada de Terceira Galicia

O Celta Barreiros abre oco no liderado do grupo norte tras vencer con dificultade ao Matela. Segundo é o Castroverde que lle arrebata a praza ao Casás que non pasou do empate co Cazás nun encontro non apto pra seseantes. O Friol B xa sabe o que é puntuar logo de empatar fronte ao Celeiro. […]

O Celta Barreiros abre oco no grupo norte

A sexta xornada de Terceira Galicia déixanos a sexta vitoria do Celta Barreiros, desta volta fronte a Comercial B. Os do Cascabeiro camiñan con paso firme no liderado do grupo norte e xa contan con cinco puntos de vantaxe sobre un Casás que foi quen de gañar no Ventiño ao Goiriz. O Castroverde curtou a […]

O Rubián colle o liderado do grupo sur

Logo de cinco xornadas disputadas, o Celta Barreiros é o único conxunto lucense que conta os seus partidos por vitorias na Terceira Galicia, e lidera en solitario o grupo norte. A tres puntos está o Castroverde, que logo da derrota no Cascabeiro na primeira xornada sumou os doce puntos seguintes. O debutante Casás asoma na […]

Martín Piñeiro, máximo goleador da Terceira Futgal

Matela e Bóveda estrean o casilleiro de puntos

No grupo norte ningún conxunto foi quen de gañar na casa. O Celta Barreiros continúa no máis alto logo de derrotar ao Rioaveso e seguen contando os seus encontros por vitorias. Cazás e Castroverde ocupan o segundo e terceiro posto, respectivamente. O Matela sumou o seu primeiro punto fronte ao Goiriz. No grupo sur, o […]

Só Celta Barreiros e Páramo suman pleno

Con tres xornadas gastadas na Terceira Galicia, o Celta Barreiros lidera en solitario o grupo norte. Conta os encontros por vitorias, o último deles con certa dificultade fronte á Piringalla. Cazás, Castroverde e Rioaveso encabezan, con seis puntos, o pelotón perseguidor dos barreirenses. No grupo sur, o Páramo tamén conta cun pleno de puntos logo […]

O Relámpago Taboada sorprende no comezo ligueiro

A segunda xornada de Terceira Galicia deixa ao Celta Barreiros como líder en solitario no grupo norte. Os mariñáns golearon ao Friol B e son os únicos que contan por vitorias os seus encontros. Goiriz e Celeiro, que igualaron no choque directo, son segundo e terceiro. No grupo sur o Páramo e un sorprendente Relámpago […]

Goiriz e Corgo comezan liderando a Terceira Galicia

Botou a andar a Terceira Galicia. No grupo norte, o Goiriz é o primeiro líder logo de golear no Ventiño ao Rioaveso. Cazás e Celta Barreiros foron quen de gañar con comodidade nos seus campos, mentres que o Celeiro foi o único conxunto que logrou vencer a domicilio. No grupo sur, o Corgo ocupa o […]

Abadín e Incio acadan o ascenso a Segunda Galicia

Rematou a fase de ascenso e fíxoo con festa en Abadín e o Incio. Ámbolos dous conxuntos lograron subir a Segunda Galicia tan só un ano despois de perder a categoría. O Abadín venceu ao Nuevo Nausti mentres que o Incio superou ao Páramo nunha eliminatoria moi parella. Analizamos tamén a xornada no Torneo Delegación. […]