A Comercial estrea o casilleiro de vitorias

O Tres en Raia En Boas Mans Fisioteria déixanos, no grupo norte, os primeiros puntos do curso para a Comercial. O conxunto lucense venceu ao Catro Roldas. Na zona alta, o Goiriz gañou o derbi ao Rioaveso e conta con cinco puntos de vantaxe sobre un Matela que venceu ao Abadín no Municipal.

No grupo sur, o Sporting Lucense venceu ao Monterroso B nun encontro entre os aspirantes ao liderado. O Sober é segundo logo de golear ao Bóveda. Terceiro é un Corgo que suma catro vitorias nos últimos cinco encontros disputados.

grupo norte

O Goiriz vence no derbi a un bo Rioaveso e amplía diferencias na primeira praza (2-4). O plantexamento do Rioaveso sorprendeu ao Goiriz de saída. Os de Asier Lozano comezaron dominando e tendo ocasións. Sen embargo, foi o Goiriz quen colleu clara vantaxe no marcador. Fidel fixo o primeiro ao «estilo Ibrahimovic» e Muñiz puxo terra de por medio. Un tanto en propia porta deixo o encontro case sentenciado para o Goiriz. Pero o Rioaveso non se deu por vencido e recurtou diferencias antes do intermedio cun tanto con certa polémica. Os locais saíron mellor de vestiario e Álex Anido fixo o segundo de penalti. O cuarto tanto do Goiriz, obra de Xoel, rematou coas esperanzas dun Rioaveso que contou con boas ocasións.

O Matela convírtese en alternativa tras gañar no campo do Abadín (2-4). Un gol do gardameta Víctor, nun saque de porta que colleu despistado a Eduard, puxo o encontro de cara para o Abadín. Só dous máis tarde, o colexiado anulou o que sería o segundo gol local. O Matela logrou igualar o encontro cun xogo directo que deu os seus froitos. Simao empatou o choque antes do descanso e Michael, á volta do intermedio, cun bo lanzamento de falta, fixo o segundo. O desconcerto fíxose dono do Abadín e Hugo marcou o terceiro para os de Cuchi. Izan, que xa contaran con varias ocasións claras, recurtou diferencias, pero Michael noutro lanzamento maxistral de falta sentenciou o encontro.



Cuarta vitoria consecutiva do Castroverde diante do Cazás (3-1). Primeiro tempo sen demasiadas ocasións. David adiantou ao Castroverde ao rematar unha boa xogada por banda. Fran igualou cun bo disparo desde fóra da área. No segundo tempo, David volveu poñer por diante aos de Iago Núñez ao convertir un penalti. O estado do céspede resentíase e o Cazás estivo preto de empatar cun testarazo de Fran. Foi o Castroverde o que levou o gato á auga cun gol de Gelo ao aproveitar un rexeite.

O Celeiro achégase ao play off tras vencer no campo do Roupar (0-1). Encontro no que o conxunto local tivo o control do xogo, pero a boa actuación da defensa e do gardameta mariñáns impediron que os de Ángel Pena sacaran nada positivo. O Celeiro soubo aproveitar as súas ocasións, e a falta de cinco minutos para o final, Silva marcou un bonito gol que lle daría aos seus os tres puntos. No segunto tempo, Tupac, Moha e Adil contaron con boas ocasións, pero o gol local non chegou. Preto do final, o Celeiro a piques estivo de facer o segundo nunha contra.

A Comercial logra diante do Catro Roldas os primeiros puntos da liga (5-3). O conxunto local amosouse superior ao Catro Roldas. Raúl, Rivas e Aaron marcaron para a Comercial no primeiro tempo. Maseda deulle esperanzas aos de Coto, pero nada máis lonxe da realidade. A intensidade e actitude dos locais fixeron que o encontro non correra perigo para unha Comercial na que Raúl fixo o cuarto nada máis volver de vestiarios e que baixou as revolucións no segundo tempo. Samu e Danny recurtaron diferencias, pero Pablo fixo xustiza co quinto tanto.



grupo sur

O Sporting Lucense consolida a primeira praza tras vencer pola mínima ao Monterroso B (1-0). Boa primeira metade do filial monterrosino. Isma, a pase de Yoni, e VV contaron dúas claras ocasións para adiantar aos de Pampín. A falta de claridade na área penalizou aos monterrosinos que viron como o Sporting Lucense, a pesar das numerosas baixas, melloraba as súas prestacións co paso dos minutos. No segundo tempo, o cadro capitalino mellorou defensivamente e impediu chegadas claras do seu rival. Nun saque desde o curruncho Roi marcou o único tanto do encontro. No último minuto, o Monterroso B gozou da mellor ocasión para marcar. Un lanzamento de penalti de Yoni que detivo providencial Jean.

O Sober golea ao Bóveda cun póker de Martín (7-1). A primeira metade non facía presaxiar unha goleada. O Bóveda competiu ben e púxolle as cousas difíciles aos de Iban Lagoa, que volveron a practicar un fútbol moi vistoso. O encontro marchou ao descanso 2-1 e con algunha xogada polémica que puido perxudicar aos de Elcoso. O segundo tempo só tivo un nome: Martín. O atacante volve estar casado co gol e anotou catro que fixeron que o marcador fora clara para os locais.

O Corgo vence ao Río Sil nun encontro marcado pola néboa (3-2). A escasa visibilidade condicionou boa parte do encontro. Xoia e Pablo puxeron en clara vantaxe aos locais, que sumaron a cuarta vitoria en cinco encontros. Sen embargo, a relaxación dos de Abel Rochela propiciou que o Río Sil chegara ao descanso co marcador empatado. Manu logrou dous goles en só seis minutos para poñer as tablas no Municipal. O técnico local realizou catro trocos no descanso e o Corgo saiu mellor ao segundo tempo. Fer fixo o tanto da vitoria e Willy contou con varias ocasións para ampliar diferencias. O Río Sil tentouno ata o final con balóns colgados á área, pero non puido puntuar.

O Carballedo apreta a pelexa polo play off tras vencer á Sarriana B (3-0). Primeira metade de escaso fútbol e poucas ocasións de gol. Tras o intermedio o Carballedo convertiuse en dominador do choque. Doval adiantou aos de Adrián Pateiro, e pouco despois o chantadino viu o cartón vermello directo tras un enfrontamento cun rival. Nesa xogada chegou o segundo tanto, obra de André. O conxunto local, malia xogar en inferioridade, amosouse moi serio defensivamente. A falta de dez minutos para o final, Cristian tras unha boa xogada con Carral, fixo o terceiro tanto. A Sarriana B volcouse na procura dun gol que o metera no partido, pero este non chegou.

O Chantada Atlético B vence no campo dun Relámpago que non consigue sumar (0-3). Primeira metade con ocasións de gol para o conxunto local que non foi quen de aproveitar. Congui puxo en vantaxe ao filial chantadino. No segundo tempo, a lesión do gardameta local restoulle opcións ao Relámpago. O Chantada Atlético B aproveitou as súas chegadas e Miguel con dous tantos sentenciou para os de Ivi Gayoso.



A Comercial estrea o casilleiro de vitorias

Omar non segue no Riotorto e o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *