#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

O Bóveda estrea o casilleiro de puntos

O sexto Tres en Raia En Boas Mans da temporada déixanos, no grupo norte, a sexta vitoria do Goiriz, ademáis cunha goleada contundente ao Friol B. Segue contando tamén por vitorias os seus encontros, aínda que sexan catro, o Abadín. Os de David Lorenzo son terceiros, por detrás dun Matela que promete pelexar polo ascenso.

No grupo sur, o Monterroso B é o novo líder tras empatar co Carballedo e aproveitar o descanso do Sober. O Corgo apreta a zona alta tras infrinxir a primeira derrota do curso ao Sporting Lucense. O Bóveda venceu ao Río Sil e logrou estrear o seu casilleiro de puntos

grupo norte

O Goiriz golea ao Friol B e mantén o pleno de puntos (0-7). Encontro sen historia na Reigosa. No primeiro minuto un penalti puxo por diante aos chairegos e Nico con dous tantos encarrilou o partido para os de Manu Veiga. Na segunda metade seguiu o dominio do Goiriz. Nico completou o seu hat-trick e Vizoso fixo dous tantos. Fidel completou a goleada nun encontro que amosou a gran superioridade dos visitantes.

O Matela aproveita os erros do Catro Roldas e gaña para ser segundo (1-3). Os visitantes foron superiores e souberon sacar partido dos erros dos da Canteira. Maikel estrelou un balón no pao antes de roubar un balón para que Pedro abrira o marcador. Simao, á contra, fixo o segundo antes do intermedio. No segundo tempo Pablo sentenciou co terceiro. O Matela baixou as revolucións e o Catro Roldas recurtou diferencias cun tanto de Samu, único futbolista dos de Suso Coto que anotou nesta campaña. Os de Cuchi souberon controlar o tramo final de partido nun esforzo coral de todo o equipo e o marcador non correu perigo.



O Abadín vence ao Roupar e suma catro de catro (1-3). O conxunto local arrancou mellor, pero foi o Abadín que abriu o marcador cun gol para a galería de Ferre. Os de Ángel Pena seguiron intentando xerar perigo e Karim atopou a gran resposta do gardameta Víctor nun lanzamento de falta. O Abadín foi letal á contra e Ferre fixo o segundo no ecuador do primeiro tempo. Tras o descanso, o sheriff da defensa visitante, Ramiro, abandonou o campo lesionado e o Roupar chegou con máis facilidade á área rival. Tupac e Manu puxeron a proba de novo a Víctor. Cristian viu porta de novo ao aproveitar un erro defensivo para facer o terceiro e Moha, de penalti, recurtou diferencias preto do final.

O Rioaveso vence nun discreto encontro ao Celeiro en Trasvías (0-3). Non se viu moito fútbol no campo dun Celeiro que amosou mellor imaxe que nas últimas xornadas. Carlos Yen debutou no banquiño mariñán e os seus pupilos deron a cara diante dun Rioaveso que se amosou superior no segundo tempo. Toni adiantou aos de Asier Lozano e Pedro fixo o segundo de falta, despois de que o colexiado expulsara ao gardameta David Louzao, o mellor dos locais, por tocar o balón coa man fóra da área. A acción foi moi protestada polo Celeiro. Preto do final, Álex Anido acudiu á súa cita co gol e sentenciou o choque.

O Castroverde sitúase en posto de play off tras golear á Comercial (5-0). Claro dominio local no primeiro tempo. Os de Iago Núñez aproveitaron o desconcerto da Comercial, que acusou as baixas, para deixar o encontro visto para sentencia no primeiro tempo. David, en dúas ocasións, López e Borja foron os autores dos goles. No segundo tempo Gelo fixo o quinto para o Castroverde e tras quedar con dez o conxunto local pola lesión de Noel no último tramo de encontro, os visitantes contaron con boas ocasións para recurtar diferencias. O gardameta Iago evitou o gol da Comercial.



grupo sur

Monterroso B e Carballedo igualan nun encontro de comezo fulgurante (1-1). Os dous goles chegaron nos primeiros dez minutos de xogo. Yoni adiantou ao filial monterrosino cun tanto de falta e pouco despois Airiños acadou un golazo de volea desde fóra da área. O Monterroso B tivo o control do balón diante dun Carballedo ben replegado. Yoni, Isma e VV contaron con boas ocasións para marcar para os de Pampín. No segundo tempo, o Monterroso B foi mellor e tivo numerosas ocasións para marcar. A falta de acerto e o boa actuación do gardameta Daniel resultaron decisivos.

O Corgo apreta a zona alta tras gañar ao Sporting Lucense (2-3). Cinco tantos nos primeiros corenta e cinco minutos. O Corgo foi mellor nun partido moi trabado e con moitas interrupcións. Os erros defensivos foron unha constante e os de Abel Rochela aproveitáronos para sacar tres importantes puntos. Fer adiantou aos visitantes e Sebas fixo dous tantos. Zoum e Kevin igualaron en dúas ocasións para un Sporting Lucense que no segundo tempo non foi quen de marcar. O Corgo amosouse firme en defensa e logrou a vitoria.

A Sarriana B logra un punto nun encontro que se lle puxo costa arriba fronte ao Chantada Atlético B (3-3). Dúas metades ben diferenciadas no Sangoñedo. Na primeira o Chantada Atlético B realizou un moi bo encontro e logrou marchar ao descanso con tres goles de vantaxe. Os de Ivi Gayoso souberon aproveitar os erros do rival e Miguel, en dúas ocasións, e Congui, conseguiron deixar o encontro encarrilado. Tras o paso por vestiarios todo trocou. Os locais confiáronse e a Sarriana B mellorou notablemente e tivo o dominio do xogo. En vinte minutos logrou igualar a contenda. Fabio asistiu en dúas ocasións e Rubén, Brais López e Xoel empataron o partido. No último tramo ámbolos conxuntos tiveron ocasións para levar os tres puntos. O colexiado anulou un gol aos locais.

O Taboada B decide no tramo final diante do Río Sil (2-0). O cadro local foi superior pero non estreou o marcador ata o último cuarto de hora de xogo. O Río Sil non lle perdeu a cara ao encontro en ningún momento e xerou perigo a balón parado. Pita fixo o primeiro para o Taboada B tras un roubo de Rubén e cinco minutos máis tarde Nico fixo o segundo de penalti.

O primeiro triunfo do Bóveda chegou diante do Relámpago Taboada (2-1). O mal tempo condicionou a primeira metade, na que o Bóveda foi quen de adiantarse tras unha boa contra. Tras o descanso, o Relámpago saiu mellor e contou con algunha ocasión antes de que Moure igualara a contenda cun bo lanzamento desde fóra da área. A falta de seis minutos para o final, nun bo ataque dos locais, David anotou o segundo gol e deulle a primeira vitoria aos de Fernando Elcoso.



O Bóveda estrea o casilleiro de puntos

Basi volve ao Muimenta e 6 equipos

O Bóveda estrea o casilleiro de puntos

Oke: «Por calidade o Burela podería chegar

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *