O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Ribadeo: choque de obxectivos na Ribela

Un clásico da Preferente. Sarriana e Ribadeo chegan ao encontro deste domingo ás 17 horas na Ribela en dinámicas opostas e con obxectivos finais distintos, aínda que nun derbi no que o coñecemento entre ámbolos conxuntos é máximo o resultado sempre é incerto. Arbitrará o colexiado ourensán Castro Fernández. A Sarriana afronta este encontro logo […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Choco – Viveiro: dura saída para os mariñáns no debut

Comeza unha nova temporada en Terceira RFEF. Desta volta, aínda que coas restriccións propias da pandemia do Covid-19, a competición retorna a un sistema máis parecido ao que nos ten acostumados, cun só grupo de dezasete equipos. Unha competición máis curta, con 32 xornadas, que obrigará aos equipos a cometer poucos erros para non caer […]

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Noia – Sarriana: noventa minutos para facer historia

A última xornada da temporada xa está aquí. E chega cun prato forte para o fútbol lucense. A Sarriana ten a posibilidade de rematar o fin de semana cun ascenso a Terceira que sería histórico e outorgaríalle aos sarriaos o pase á competición nacional por primeira vez. Para iso terá que gañar no campo de […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Sofán: unha final anticipada na Ribela

A segunda xornada da fase de ascenso no grupo norte de Preferente convertiuse nunha auténtica final para a Sarriana. A Ribela será testigo, o domingo ás 18:30 horas,  do enfrontamento entre dous dos primeiros clasificados na primeira fase, o cadro local e un Sofán que tamén pon enriba da mesa as súas opcións de ascenso. […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Ourense CF: un punto para seguir en Terceira

A permanencia do Viveiro pode quedar pechada este o domingo. A gran igualdade existente durante toda a temporada, e moi especialmente nesta segunda fase presaxiaba que o desenlace se viviría na derradeira xornada, pero a gran traxectoria dos mariñáns adiantou acontecementos. Este domingo ás 17:30 horas en Cantarrana un só punto diante do Ourense C.F. […]

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Lemos – Residencia: coa fase de ascenso no punto de mira

A penúltima xornada da Preferente déixanos unha auténtica final. Lemos e Residencia enfróntanse o domingo ás 18 horas na Pinguela co claro obxectivo de acadar a segunda praza que outorga o pase á fase de ascenso a Terceira. O encontro será arbitrado polo colexiado ourensán García Vázquez. O gran comezo do Lemos nunha competición tan […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Residencia – Sarriana: o fortín da Cheda, un obstáculo cara o ascenso directo

Antepenúltima xornada da Preferente no formato exprés que deseñou a Federación Galega para esta temporada, na que se enfrontan os dous primeiros clasificados do subgrupo lucense. A Residencia e a Sarriana pelexarán por tres puntos que os acheguen aos seus obxectivos, no caso dos visitantes, serían definitivos de cara a lograr o pase á fase […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Racing Vilalbés – Choco: tres puntos que garanten o play off de ascenso

O Racing Vilalbés afrontará na penúltima xornada da segunda fase de Terceira un encontro decisivo diante do Choco. Será o domingo ás 17 horas na Madalena coa arbitraxe do colexiado compostelán Martínez Santos. O cadro chairego, cun triunfo, garantirá a súa presenza no play off polo ascenso a Segunda RFEF. Os dous conxuntos chegan a […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Ribadumia: tres puntos vitais nun encontro con sabor a revancha

O grupo pola permanencia chega á súa terceira xornada e o Viveiro afronta unha cita crucial en Cantarrana. Será o domingo ás 17:30 horas diante do Ribadumia, coa arbitraxe do colexiado coruñés Méndez Castro. O encontro, con ámbolos conxuntos separados por tan só tres puntos, será unha reválida para os mariñáns logo da eliminación na […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Residencia: tres puntos pra optar ao liderato

O grupo lucense da Preferente botou a andar cunha igualdade máxima entre tódolos conxuntos. Nas dúas xornadas disputadas tan só un encontro rematou con máis dun gol de diferencia, o que da conta do nivel parello dos seis equipos da nosa provincia. Da terceira entrega desta competición exprés destacamos o choque que enfrontará o domingo […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Os tres equipos lucenses, ante o desenlace da primeira fase de Terceira

Domingo de fortes emocións no fútbol galego. O formato de competición artellado para esta temporada atípica trouxo consigo unha grande igualdade e boa parte dos equipos chegan a esta derradeira xornada da primeira fase de Terceira con moito en xogo. É o caso dos tres conxuntos lucenses. Polvorín e Racing Vilalbés disputan, xunto co Somozas, […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Racing Vilalbés – Paiosaco: a pola terceira praza, cos deberes feitos

Chega a penúltima xornada da primeira fase de Terceira e faino cos obxectivos deportivos cumpridos para o Racing Vilalbés. Coa permanencia acadada de forma virtual desde fai varias xornadas e matematicamente desde o triunfo no campo do Somozas do pasado domingo, o cadro chairego afronta sen presión estes dous últimos encontros nos que ten ao […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – As Pontes: a primeira das catro finais pola permanencia

A vixésima xornada da Terceira División tráenos un encontro de proximidade en Cantarrana. Será o sábado ás 17 horas e enfrontará ao Viveiro co As Pontes nun choque de máxima trascendencia na pelexa de ámbolos dous conxuntos pola permanencia. Un triunfo dos mariñáns condearía ao cadro pontés a disputar a promoción para continuar unha temporada […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Racing Vilalbés – Viveiro: vellos coñecidos que non se atopan en Terceira desde o 2002

Pasaron máis de dezaoito anos do último enfrontamento en Terceira de Racing Vilalbés e Viveiro na Madalena. Un 22 de decembro de 2002 o cadro mariñán derrotaba por 0-2 aos chairego nunha temporada que remataría co descenso dos dous conxuntos a Preferente. Este domingo, por fin, podemos disfrutar de novo deste encontro entre dous históricos […]