O partido Fisioterapia Ronda . . . Racing Vilalbés – Choco: tres puntos que garanten o play off de ascenso

O Racing Vilalbés afrontará na penúltima xornada da segunda fase de Terceira un encontro decisivo diante do Choco. Será o domingo ás 17 horas na Madalena coa arbitraxe do colexiado compostelán Martínez Santos. O cadro chairego, cun triunfo, garantirá a súa presenza no play off polo ascenso a Segunda RFEF.

Os dous conxuntos chegan a este choque en dinámicas opostas. O Racing Vilalbés non foi quen de amosar a regularidade que na primeira fase lle serviu para situarse na zona alta da táboa clasificatoria e as tres derrotas colleitadas na segunda fixo que a vantaxe de puntos coa que chegaban os de Simón Lamas se esfumase. «Creo que a diferencia de puntos coa que chegabamos nos fixo relaxarnos e agora cóstanos saír desa mala racha, pero estou seguro que diante do Choco o faremos», comenta Javi Rumbo, gardameta do Racing.

Pola súa banda o Choco, que evitou xogar a fase de permanencia de forma agónica na última xornada, foi quen de despregar o seu potencial neste camiño ao play off e nas catro xornadas disputadas non coñece a derrota. Tres vitorias e un empate, o pasado domingo diante do Fabril, fixeron que o cadro de Gonza Fernández chegue a esta penúltima etapa dependendo de si mesmo para entrar na apetecible promoción de ascenso. Para Javi Rumbo o encontro «será difícil como todos os desta competición, e máis xogándonos estar no play off. Sabemos que teñen un bo xogo por dentro e tamén buscando os espazos. Teremos que estar concentrados e ser quen de facer o noso fútbol na Madalena».

Aínda que como xa é coñecido por parte dos distintos estamentos do club chairego, a clasificación para a promoción de ascenso non é ningunha obriga «sería un premio a un ano difícil e recompensaría o gran esforzo e traballo de todo o grupo», asegura Javi Rumbo.

O último enfrontamento entre Racing Vilalbés e Choco na Madalena data do 13 de outubro de 2019 cun triunfo in extremis para os chairegos. O único tanto do encontro anotouno Cuadrado xa no tempo de desconto.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 274

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.