O partido Fisioterapia Ronda . . . Sarriana – Ribadeo: choque de obxectivos na Ribela

Un clásico da Preferente. Sarriana e Ribadeo chegan ao encontro deste domingo ás 17 horas na Ribela en dinámicas opostas e con obxectivos finais distintos, aínda que nun derbi no que o coñecemento entre ámbolos conxuntos é máximo o resultado sempre é incerto. Arbitrará o colexiado ourensán Castro Fernández.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

A Sarriana afronta este encontro logo dunha semana de descanso. Dous partidos e dúas vitorias, ese é o bagaxe do conxunto adestrado por un Edu Rodríguez que non tardou en implantar o seu selo no xogo do equipo. A ninguén se lle escapa a condición de favorito dos locais, que contan con xogadores de auténtico luxo nas súas filas e o comezo ligueiro non fixo máis que refrendar o que se supoñía. Pero ademais, o fútbol despregado foi de alto nivel, que buscará manter no derbi diante dun Ribadeo que aínda non coñece o triunfo.

Os mariñáns suman dous empates e unha derrota neste arranque de competición. Malia non ser quen de acadar os tres puntos en ningún dos encontros as sensacións dos de Dani Moirón están a ser positivas, sendo penalizados por erros puntuais que non lles permitiron rematar co premio da vitoria. O último encontro diante do Lemos no Pepe Barrera é un bo exemplo, no que o Ribadeo non foi quen de aproveitar dúas vantaxes no marcador. Para o partido na Ribela será baixa Santi por sanción xunto cos lesionados Jacob e Coki.

Deportes Élide

O último encontro que disputaron ámbolos conxuntos na Ribela tivo lugar o pasado mes de maio e rematou co triunfo local por catro tantos a un. Gerardo en dúas ocasións, Omar e Luis Díaz marcaron para a Sarriana e o burelense Jairo anotou para o Ribadeo.

que opinan os Protagonistas?

ÁLEX PÉREZ (SD SARRIANA)

  • O gran comezo. «A verdade e que os primeiros partidos foron moi bos, tanto a nivel de resultados como de sensacións, pero iso aínda acaba de comezar e debemos manter os pes no chan para seguir por este camiño».
  • O Ribadeo. «Ao igual que sempre será un partido igualado e disputado. Son un equipo que sempre é complicado a nivel de intensidade, e non nos porán as cousas doadas».
  • O rol de favoritos. «O importante é ir sacando os resultados, como dixen antes isto non fixo máis que comezar. Ao final da temporada estaremos na posición que merecemos. O último ano estivemos a un paso de acadar o ascenso e agardamos que este ano non se nos escape».

CRISS (RIBADEO FC)

  • O inicio de liga: «O equipo atópase ben, estamos facendo bos adestramentos e temos ganas de que chegue o seguinte partido. No último co Lemos púxosenos todo a favor para conseguir os tres puntos pero non soubemos pechar o encontro. Hai que aprender desas circunstancias porque nunha liga tan curta non podemos deixar escapar puntos. Creo que competimos ben os tres partidos; en calquera deles puidemos ganar. Espero que non tarde en chegar esa primeira vitoria que nos dará moita confianza»
  • A Sarriana: ten moi bos xogadores, cunha gran calidade individual e tratarán de facer un xogo combinativo. Sabemos o que nos imos atopar, así que nese aspecto preocúpame máis o que sexamos capaces de facer nós que é o que está ao noso alcance.
  • A lesión: O parón por covid e logo comezar a competir sen pretemporada é a causa das lesións musculares como foi o meu caso. Agora estou recuperado e trato de desfrutar adestrando e competindo en cada partido.
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 510

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.