As nosas redes falan!

Un luns máis, chega o momento de facer balance da xornada, corrixir erros e comezar a pensar no seguinte partido. Pero o que é máis importante, chega a vosa sección, os destacados das redes!

Trío de Ases Terceira (Xornada 7) e Preferente (Xornada 6)

O derbi da Preferente tivo un claro dominador: o Polvorín, que xa deixou o encontro sentenciado antes do descanso. Os de José Durán demostraron ante o Viveiro a súa candidatura ao ascenso. Jhon Cuadretti volveu marcar dous tantos. O outro equipo lucense que gañou foi o Ribadeo, no feudo do Estudiantil. Remontada incluída nos últimos […]

Palabra de… Jorge Méndez: «A nosa historia»

“Miras o reloxo. Xa son as 14:30h. Tes que marchar. Corenta e cinco minutos ata o campo, comeza o encontro ás 16:15. Estás a comer coa familia, o ambiente é moi bo e distendido, e ti levántaste da mesa. Sábelo dende o mércores, hai que asubiar…» “Prepáraste para o ambiente, para ser quen de dirixir un encontro baixo […]

En marcha a Segunda feminina con representación lucense

Chegou o outono e, con el, inícianse as competicións que faltaban por comezar nesta temporada. A Segunda División feminina bota andar nos grupos 1 e 2, despois de varios problemas para a confección dos grupos, mentras que o grupo 3 (equipos de Pontevedra) xa van pola quinta xornada. Este curso a provincia de Lugo estará […]

Qué ver esta fin de semana? (30 setembro-1 outubro)

Plato único para este sábado. Eliximos un dos grandes enfrontamentos entre chairegos na Terceira Galicia: Catro Roldas-Goiriz. O domingo xa vén o groso do noso menú. Pola mañá, almorzamos con contundencia. Abrimos boca cun encontro da Liga Galega infantil entre dous conxuntos que só saben gañar: CD Lugo-Deportivo. Movémonos escasos kilómetros para vislumbrar acto seguido […]

Mario González, o regreso do gardián do Meira

Din que sarna con gusto non pica. Quizais iso é o que lle pasou a Mario González (Pol, 1978). Varias campañas despois da súa ‘retirada’, o pasado domingo púxose de novo as luvas. Para vestirse unha vez máis de gardamallas coa camisola do Meira. Nada novo para él. Non hai mellor proba que a súa […]

VII Torneo de Alevíns e Benxamíns da SD Becerreá

A pasada fin de semana tivo lugar en Becerreá un dos torneos clásicos da pretemporada. Como antesala ás ligas provinciais de Fútbol-8, celebrouse o VII Torneo de Alevíns e Benxamíns, organizado pola SD Becerreá. O Concello de Becerreá foi un dos patrocinadores, mellorando así os servizos ofrecidos no Municipal.

Os sobranceiros da Terceira Galicia na terceira xornada

En cada grupo da Terceira dous equipos empatados a puntos lideran a clasificación. No norte, o Goiriz e Cervo teñen seis puntos; os mesmos cá Comercial e o Corgo no centro (estes dous conxuntos xa descansaron o seu respectivo partido da primeira volta); e no sur Quiroga e Sober mantéñense invictos con sete puntos. Esta […]

Os onces da terceira xornada na Segunda

igualdade impera á fronte da clasificación na Segunda Galicia, tanto no grupo norte como no grupo sur. Catro equipos, que se manteñen invictos, encabezan a táboa nos dous grupos, quedando no posto primeiro por diferenza de goles o Cabreiros e o Chantada Atlético. No grupo norte, Cabreiros, Guitiriz, Pol e Cospeito seguen contando os seus […]

Destacados Primeira. Xornada 4

A Xornada 4 foi a das primeiras veces. A da primeira derrota do Foz ante un invicto San Roque. A da primeira victoria do Bóveda. Ou a do primeiro gol de Robertito no seu regreso ás Rapadas. O primeiro de moitos, a bon seguro. Tamén foi a de triunfos sufridos. Como o da Sarriana no […]

As nosas redes falan!

Comezadas todas as categorías, excepto o Fútbol-8, todo volve definitivamente á normalidade na nosa provincia. E para empezar ben a semana, a sección na que vós sodes os protagonistas!

Trío de ases Terceira (Xornada 6) e Preferente (Xornada 5)

Sinfonía perfecta. A que tocou o Racing Villalbés onte na Magdalena. Desarbolou a un Somozas irrecoñecible. E iso que contaban con numerosos lucenses. Algúns vellos coñecidos na Chaira. Hugo Criado e Álex, exranciguistas, xogaron os 90 minutos. Ao igual que o meta soberino Ramón, que aproveitou a titularidade trala lesión de Marcos Valín a pasada […]

Esteban, SDC Roupar «Sen o resto do equipo non marcas goles»

Nunca é tarde para volver, sobre todo se é para facer algo que lle gusta a un. Esteban Sánchez Rodríguez estivo dez anos sen correr polos terreos de xogo, pero volveu para adentrarse no fútbol afeccionado. Despois de tres temporadas no Santaballés, convertiuse nun dos referentes do SDC Roupar que a campaña pasada conseguiu o […]

As nosas loitadoras xa comezaron a campaña

Sí amigos, as representantes lucenses do fútbol feminino tanto na Segunda División (Peluquería Mixta Friol) e na Primeira División Galicia (SCD Milagrosa). Ambos conxuntos levan  disputadas dúas xornadas (hoxe domingo será o seu terceiro partido).  Facemos balance deses dous primeiros encontros.

O fútbol volve a Codesido

As ligas provincias de veteráns comezaron hai dúas fins de semana, pero hai un debut que se resiste. É o do CD Codesido que inicia esta campaña o seu proxecto na liga de veteráns. Na primeira xornada aprazouse o derbi co Santaballés por mor das festas na parroquia vilalbesa que se celebran a carón do […]

Alberto ‘Trucha’: «Reengancheime ao fútbol grazas a Rubén Arce»

Nesta casa amamos as historias de superación. As da xente que busca día tras día sacar o mellor de sí mesmo. E dos demais. Vivir nunha aprendizaxe constante coma lema de vida. Hoxe traémosvos un fermoso cóctel con todos estes ingredientes. Todos aglutinados baixo un mesmo nome: Alberto Pérez Cabado (Lugo, 1989). Moito máis ca un […]

Qué ver esta fin de semana? (23-24 setembro)

Doble ración de fútbol para este sábado e domingo. Para comezar, o sábado teremos  un clásico do noso fútbol versión xuvenil: Foz-Ribadeo. Un pouquiño máis tarde, un enfrontamento entre debutantes na Terceira Galega: Friol B-Rábade. O domingo viviremos o derbi da Preferente entre Ribadeo e Outeiro así coma o duelo entre dous dos invictos na Primeira […]

Os sobranceiros da Terceira Galicia na segunda xornada

O Cervo e o Corgo xa lideran en solitario os seus respectivos grupos da Terceira despois de dúas xornadas consecutivas. No grupo sur o Quiroga e o Sober colideran a categoría. Nesta xornada o Friol B debutou en partido oficial e o Relámpago Taboada iniciou a súa segunda campaña de vida despois de descansar na […]

Adrián Laureda: «Queremos colaborar cos clubes e facilitarlles as cousas»

Onte presentouse o novo convenio do CD Lugo cos clubes capitalinos de base. Un acordo que segue a liña do presentado hai uns meses con diversas entidades provinciais. Aínda que con pequenas novidades. Ninguén mellor para falarnos dos mesmos que Adrián Laureda, coordinador de fútbol base no clube albivermello. FUTBOLINLUGO: Ola Adrián! Falemos dese convenio […]