A SDC Residencia domina o Provincial infantil

En outras ocasións, falabamos na nosa sección dos xoves dos líderes da Liga Provincial en categorí xuvenil e cadete, a SDC Residencia e a SCD Milagrosa, respectivamente. Hoxe chega o turno dos infantís, nos que é de novo a SDC Residencia a que domina a clasificación.

Os da Cheda lideran a táboa con 24 puntos, contando os oito partidos ata o momento disputados da segunda fase por vitorias e, ademáis de seren os máis goleadores da liga (28 tantos), contan cunha diferencia de goles de +23.  O inmediato perseguidor dos branquiazuis é a Milagrosa, con 19 puntos.

Porén, no duelo directo entre os que, a priori, serán os dous equipos que loiten polo ascenso, a Residencia impúxose con claridade en Frigsa aos albivermellos, 2-4. Restan sete xornadas a esta apaixoante segunda fase, e a brecha entre os distintos equipos vai semellando máis insalvable.

Asemade, non parece que a situación actual da Residencia sexa fruto tan só dunha boa xeira de resultados, posto que xa na primeira fase foron os grandes dominadores da clasificacións, xunto coa Milagrosa.

Seguiremos de preto o avance da competición infantil provincial, que seguro que dará moito que falar aínda!

De todos xeito, desde a nosa páxina consideramos que nestas idades todos os rapaces e rapazas gañan, sempre e cando existan deportividade, valores e un balón de por medio.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 525

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.