Os sobranceiros da Terceira na décima xornada da 2ª fase

 

A falta de catro xornadas para o final na Terceira Galicia comezan a achegarse as primeiras probabilidades de ascenso. Na seguinte xornada, o Corgo dependerá de si mesmo para subir á Segunda Galicia; incluso podería ascender no descanso do seu partido (ás 17:30h fronte ao Catro Roldas) se se dan outros resultados na xornada. Goiriz e Incio, que se enfrontarán esta fin de semana, son os outros dous equipos que o teñen bastante encamiñado. Pola súa banda, o Muimenta segue imbatible no grupo norte do Trofeo Delegación Lugo e no sur mantense a igualdade logo do empate entre Paradela e Río Sil e a xornada de descanso do Guntín.

Na fase polo ascenso, o Corgo sacou un valioso empate do campo do Incio que non estaba no seu mellor estado. O gol de Marcelo Silva nos instantes finais do encontro achega o ascenso ao cadro corgués que conseguiu igualar o gol marcado por Vila. Entre os dous equipos na clasificación sitúase agora o Goiriz, que venceu a domicilio á Fonsagrada. Mateo, cun pase e un gol, foi dos xogadores máis destacados do choque. Cuarta segue a Comercial a pesar de encaixar a quinta derrota desta fase; desta volta na casa e ante o Sober. O gol de Brais nos últimos compases do partido dálle tres puntos ao cadro soberino que lle permiten engancharse á loita polo ascenso. A quinta praza mantena o Catro Roldas ao igualar na Canteira co seu rival máis directo nestes momentos, o Cervo. No equipo local, o central Cabado foi un dos mellores, mentras que no conxunto da Mariña o gardamallas Jose Hermida tivo unha gran actuación.

No Trofeo Delegación Lugo, no grupo norte, o Muimenta está a piques de certificar o primeiro posto do grupo. Tan só o Celta Barreiros podería alcanzalo no caso de que gañase todos os partidos e o equipo adestrado por Basi perdera todo. Conseguiu a súa oitava vitoria da temporada ante un Cazás que viña nunha boa xeira. Con Javier Morán nunha inusual posición de porteiro e co bo papel no centro do campo de Javier Anllo, Jairo e Miguel. O filial do Friol perdeu as súas aspiracións de chegar o primeiro posto ao caer pola mínima ante o Celta Barreiros, a pesar do bo encontro do seu porteiro Fernández. Ayoub e Ibra foron dos futbolistas máis destacados no cadro da Mariña no que o porteiro Xosé tivo que xogar de extremo. O Rábade sumou a súa terceira vitoria con claridade ante o Celeiro con Joel e Junior como xogadores máis destacados. O Rioaveso decansou a pasada fin de semana.

No grupo sur, houbo empate nun dos duelos da xornada entre o Paradela e o RíoSil polo que todo segue igual na cabeza da clasificación. Paradela líder cos  mesmos puntos ca o Río Sil, agora un menos ten o Guntín pola súa xornada de descanso. No Paradela, Eros parou un penalti e Daniño foi o mellor no cadro local. O cuarto é o Laxosa que sumou o seu segundo triunfo seguido ao derrotar nun choque con moitas ocasións ao Relámpago nun bo partido de Diego e con vitoria adicada a Jacob que foi pai. Volveu ao camiño da vitoria o Quiroga, xa que gañou ao FC Becerreá logo de catro derrotas consecutivas con Andrés e Gachan como xogadores máis sobranceiros.
Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 549

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.