Aquí en Lugo sómosvos de extremos. Nada de medias tintas. Por iso, os nosos equipos se atopan ou ben nos postos sobranceiros, ou sufrindo duramente para eludir o descenso. Comecemos polas boas noticias. O Racing Villalbés encarrilou a súa décima xornada sen perder despois de superar ao Laracha a domicilio. Fíxoo con dous goles antes […]
Como no fútbol, débese observar e actuar ante o planteamento ou movementos no céspede do rival. Sen embargo, hoxe non veño a falar de nada do que pasa no campo. Hoxe, veño a escribir sobre o que vemos todas as semanas nos campos de fútbol onde se están a disputar partidos de Fútbol Base. Alguén […]
Un novo 10 comeza a sobresaírse pola Magdalena. Faino normalmente dende a banda esquerda, aínda que a súa posición de sempre fose a de mediocentro. Ás veces, incluso, portando o brazal de capitán. De movementos rápidos e caneos certeiros, co engadido de que dende pequeno leva mamando as cores vermella e verde do Racing Vilalbés. […]
Sete dos oito máximos artilleiros da Primeira Autonómica pertencen a equipos da Mariña de Lugo. Soamente Diego Arias, xogador do Lemos, é quen de asomala cabeza nos primeiros postos con dez dianas. O pichichi é Juanjo Coello con trece goles. O dianteiro do Xove Lago, formado nas categorías inferiores do Lugo e do Viveiro xa […]
A última xornada antes do Nadal déixanos grandes partidos tanto no sábado coma no domingo. Comezamos coa Primeira Galicia en Cerdeiriños. Partidazo entre Monterroso e Sarriana, dous aspirantes ao ascenso. Se non vos chista este plan, tedes un derbi capitalino na Ponte entre San Lázaro e Milagrosa. O domingo, novo derbi da Preferente: Polvorín-Outeiro. Ollo […]
Tan só unha xornada. Iso é o que separa aos nosos xuvenís, cadetes e infantís da Segunda Fase do campeonato provincial.
Fotógrafo: Anxo Varela
Na teoría fálase de moito, pero na práctica vese a realidade. Cando teoría e práctica non coinciden, quizais sexa porque a teoría non é quen de previr exactamente o que vai pasar. Sobre o papel, e condicionado polo seu descenso a temporada pasada dende a Primeira Galicia, a SD Antas era un equipo dos chamados […]
Lonxe quedan os tempos nos que o balón paraba no Nadal. Nos que nos conformabamos con ver a cativiños das mellores canteiras de España no vello Canal Plus. Agora, aínda que as competicións fagan un pequeno paréntese; o noso fútbol empéñase en seguir presente. Estas vacacións invernais, queirades ou non, teñen un epicentro esférico. En […]
A cicloxénese explosiva Ana deixounos unha versión reducida desta Xornada 15. Aquí chegan os destacados e os detalles dos dous encontros disputados a pasada Ponte da Constitución. *Riotorto-Foz: Tódolos goles chegaron dende o punto de penalti, agás o último de Ibán Gayol. Os tres puntos danlle ao Foz o liderado. Segunda derrota consecutiva para o […]
A pesares de que a xornada estivo marcada polas suspensións, as choivas e o vento, non impediu aos nosos seguidores interactuar nas redes sociais!!
Xornada moi reducida no noso fútbol. Á ausencia da Terceira División por mor da disputa da Copa das Rexións UEFA, houbo que añadirlle un elemento extra. Ese que chegou en forma de choiva e vento e se levou por diante a clásica tarde futboleira de domingo. Polvorín, Atlético Escairón e Ribadeo non puideron xogar os […]
Fotógrafo: Diego Díaz
Fai xa un par de semanas, de casualidade, topei cun desagradábel comentario nunha archicoñecida rede social. Non lembro o resultado exacto, pero viña a dicir algo así coma: “17-0, qué buenos son mis niños”. Escribía o técnico dos rapaces “gañadores”, claro, que, coido, son de idade benxamín ou prebenxamín. Non podía saír do meu asombro. […]
O lume é, sen dúbida, un gran inimigo para os homes. Desde Futbolinlugo queremos solidarizarnos cos nosos veciños, sexa cal sexa a súa comarca ou o campo de futbol que visitan cada quince días.
Fotógrafo: Futbolinlugo
Toda unha vida defendendo as cores do Viveiro C.F. Capitán e unha das referencias do equipo e do vestiario, co brazalete de capitán nas últimas campañas, Aurelio tomou a decisión de deixalo clube, desputando o seu último partido en Cantarrana o pasado 21 de maio, día no que recibiu unha merecida homenaxe. A amizado co […]
Xornada reducida no noso fútbol. Pero o balón segue rodando igualmente. Aquí vos deixamos as nosas recomendacións, con especial atención á Preferente e Primeira Galicia así como á nosa base! Ollo, concentramos todo no domingo! DOMINGO 12.00 horas. Castro-Betanzos. Arturo Pereiro. Preferente Norte 12.00 horas. Calasancio-A Seca. Escolapios. Liga Galega xuvenil 16.00 horas. Sarriana-Chantada. A […]
24 anos adestrando na Milagrosa. Milleiros de minutos sobre o céspede dos distintos campos da provincia e da comunidade. Madriles é, polo tanto, un dos homes que mellor coñece a nosa base e o noso fútbol. Non acostuma a aparecer nos medios, pero Futbolinlugo conseguiu falar con el.