Hoxe, Futbolinlugo falou con Antón Méndez, a quen xa podemos considerar un clásico nos banquiños do Becerreá. Tras dez anos na entidade, e a pesares de certos rumores que indicaban a existencia dunha posibilidade de saída, Antón continuará un ano máis no Municipal.
No mundo do fútbol xa se sabe que as sorpresas poden chegar en calquera momento. Hai algo máis dun mes polo barrio da capital lucense de San Roque celebraban un ascenso histórico a Primeira Galicia con Rubén Sanjurjo, «Piru» como guía dun cadro de xogadores comprometido. Despois de dous ascensos en tres anos o club […]
Onte deitabámonos cunha sorpresa. Unha desas á altura dos grandes diarios madrileños e cataláns. O Xove Lago anunciaba no seu Twitter a Luis Varela coma novo xogador do clube (unha hora despois de que nós o désemos por feito). Pois ben, o futbolista rematou o día coma incorporación do Viveiro de Preferente. Semella que as ganas […]
Viaxamos tan só dúas campañas atrás. Para vivir un derbi de Segunda Galicia, que este ano se viviu na Primeira. Chantada Atlético e Chantada B enfrontábanse para facerse co ‘trono momentáneo’ do Sangoñedo. Vexamos que pasou neste magnífico derbi da Vila do Asma! Dentro vídeo!
Miras o reloxo. Xa son as 14:30h. Tes que marchar. Corenta e cinco minutos ata o campo, comeza o encontro ás 16:15. Estás a comer coa familia, o ambiente é moi bo e distendido, e ti levántaste da mesa. Sábelo dende o mércores, hai que asubiar. De camiño ao campo pensas no encontro, os equipos […]
Hai uns días, deixábanos un dos verdadeiros grandes do noso fútbol, Germán Novoa, enfermo de ELA dende había un tempo, unha dura enfermidade que o mantiña alonxado dos terreos de xogo. Non obstante, os seus compañeiros e amigos sempre o tiñan e terán en mente.
O fútbol lucense non para. Por iso traémosvos unha nova entrega deste Diario dun Mercado. Comezamos o noso repaso á actualidade na Preferente Galicia. O recén ascendido Outeiro ofreceu a renovación a moitos dos futbolistas que conqueriron o salto de categoría nesta campaña. Pereira, Quique, Jony, Veiga, Aarón e Yago confirmaron a súa continuidade no […]
A idea era comezar con isto en xuño pero… Vista a vosa resposta e o movemento do mercado, vémonos obrigados a sacar unha nova entrega do noso mercado particular. Viaxamos á Mariña, onde apostan pola continuidade dos técnicos. O Ourol seguirá confiando en Loiso (Luis Pérez) na súa nova aventura na Segunda Galicia. E subindo […]
A Copa Deputación vai entrando no seu tramo decisivo e xa quedaron definidos os cuartos de final que esta fin de semana que se aveciña pelexarán por seguir vivos no torneo. Polo momento quedámonos coas consecuencias da pasada xornada que nos deixou detalles para o recordó. O ás: Recalde do Lourenzá Nun partido tolo, de […]
Os mentideiros futbolísticos situaban a Julio Corral lonxe de Ferreira. En Sarria concretamente. Así que fumos a falar co protagonista principal. E, efectivamente, confirmounos o que xa comezaba a ser un segredo a voces. -FUTBOLINLUGO: Boas Julio. Antes de nada, toca felicitarte por esa gran temporada! -JULIO CORRAL: Ao principio existía incertidume. O plantel era […]
Unha semana máis, chega a vosa sección. Os comentarios nunhas redes nas que, cada vez, Futbolinlugo goza de máis interacción pola vosa parte!!!
Estamos de estrea. Hoxe regalámosvos a previa do que será todo o verán en Futbolinlugo. Chega o prólogo do Diario dun Mercado. E faino con estes ‘rumores’ que xa foron confirmados. O Castro 17-18 xa ten dous nomes confirmados para a súa volta á Preferente Galicia. Charly seguirá sendo o adestrador do conxunto vermello. O […]
No fútbol acontecen fenómenos inexplicables. Sabémolo todos os que estamos neste mundiño. Unha das máximas deste deporte é que cando mellor estás, sempre hai algo que che fai caer. José Antonio García ‘Josito’ dá boa conta delo. O polivalente xogador de Portomarín atopábase na cresta da onda. Sendo un dos piares do filial, ao que […]
Cantarrana despediu onte a un dos seus grandes emblemas. O capitán Aurelio disputaba o seu último encontro coa zamarra celeste. E tivo a súa merecida homenaxe. Agora chega a nosa! Falamos xa con Aurelio. –FUTBOLINLUGO: Boas capitán! Cóntanos como foi esa sorpresa que che regalou Cantarrana. -AURELIO: Non me esperaba que houbera nada. Era o meu […]
Foi unha fin de semana de contrastes con grandes goleadas de equipos lucenses e tamén con abultadas derrotas encaixadas polos clubs da provincia. A unha xornada de rematala liga, confirmouse o descenso á Primeira Galicia do Chantada que implica que o Chantada Atlético descenda á Segunda Galicia. Tamén se complica cada vez máis a salvación […]
Hoxe, Futbolinlugo falou con Brenan, adestrador do Racing Club Vilalbés «B» xuvenil, equipo que contra todo pronóstico acadou a primeira praza do campionato provincial e está a disputar a Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil.
Así lucía onte o Municipal de Becerreá, que albergou a Fase Intermedia do Camponato Galego Benxamín, e na que contamos con representación lucense por parte do CD Lugo e a SDC Residencia.
2012. Viveiro disfrutaba dun novo e emocionante derbi entre dous clubes referentes na canteira. Un enfrontamento xa inexistente e que moitos futboleiros botan de menos. EF Vivero e Praia de Covas víanse as caras no Cembedo unha vez máis. Esta en categoría benxamín. Un encontro que se decidiu por un só tanto. Quen gañaría? Saímos de dúbidas […]
Parece que me tocou falarvos algo deste fútbol do que desfrutamos. Non levo moito tempo xogando, espero que aínda me queden moitos anos por diante no meu Pastoricense pero xa foron moitas as experiencias vividas no campo. Que destacar por encima de todo? Pois, ademais de toda esa xente que pon o seu grao de area […]