#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira (Xornada 31) e Preferente (Xornada 30)

Os dous primeiros clasificados da Preferente caeron esta xornada. O Polvorín cedeu na casa ante un San Tirso que xogou á perfección o seu encontro. Púxose cun 0-2 ao descanso e administrou a súa renda ante os lucenses, que tiveron oportunidade de igualar na reanudación. Os de José Durán manteñen o liderado. En parte, grazas ao Ribadeo. Os mariñáns asaltaron o feudo do Paiosaco nun partido moi serio. Que se decidiu co gol de Martín Traba no tramo final. Unha victoria que enche de moral aos do Pepe Barrera, que volven ver a luz e reabren a posibilidade do ascenso de categoría. Na zona noble, continúa o Castro. Foi superior e venceu pola mínima en Boimorto, con gol de Edrosa de libre directo incluido. Esta é a tempada da consolidación da ‘Perlita’.

Cambiamos de extremo, miramos xa á parte baixa da táboa. O Viveiro remontou no cuarto de hora final ante o Atlético Escairón. Arturo, con dous goles dende o banquiño, amargou o debut de Javi López nos do Saviñao. O Escairón queda en descenso directo e os mariñáns empezan a pensar en fuxir dos arrastres. Neses arrastres podería verse a Residencia, que deixou os puntos na Cheda. Non puido co Sofán a pesares do notable debut de Jimmy, procedente do CD Lugo de División de Honra. Ademais, o Outeiro de Rei colleitou un gran punto na casa ante o Xallas. Empezou perdendo nun terreo de xogo impracticable e a piques estivo de gañar. Pereiro fallou un man a man decisivo nos últimos compases. Un apunte final: o Rácing Villalbés suma e segue para manterse nos play off de ascenso. Sacou un empate sen goles do Couto ante o Ourense CF.



[themoneytizer id=»15360-16″]

Trío de Ases Terceira (Xornada 31) e Preferente (Xornada 30)

Palabra de… Asier Burundarena: «A amizade no

Trío de Ases Terceira (Xornada 31) e Preferente (Xornada 30)

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *