Cómo marcar cinco goles nunha tarde?

Lanzamos pregunta! Como se poden marcar cinco goles nunha tarde? Pois simplemente xogando un partido espectacular. Os elixidos cóntanse cos dedos das mans. Poucos son capaces de conseguilo. Iso sí, atopamos a un no noso fútbol. Chámase Diego Chao (Viveiro, 1992) e forma parte do sorprendente Xove Lago. O pichichi da categoría vén de marcar […]

Derbi lucense na División de Honra Xuvenil

Este fin de semana terá lugar un partido histórico no Estadio Roca de Villalba. O Racing Villalbés xuvenil mediráse ao CD Lugo nun partido correspondente á décima xornada da División de Honra Xuvenil, Grupo 1, nun derbi ata o momento inédito nesta categoría. 

Os sobranceiros da Terceira na sétima xornada

O único cambio de líder na Terceira produciuse no grupo sur, no que o Incio derrotou o Río Sil e rouboulle o seu posto á cabeza da clasificación. No resto mantéñense a fronte o Cervo e o Corgo, a pesar de que este último perdese o primeiro partido da temporada ante o Fonsagrada. Descansaron Laxosa […]

Os onces da sétima xornada na Segunda

Na sétima xornada da competición o Chantada B volveu facerse co liderato no grupo sur, despois de aproveitar o empate do Oural ante o filial do Monterroso. Ademais o Portomarín conseguiu a súa primeira vitoria da temporada. No grupo norte, o Guitiriz mantense como líder en solitario na clasificación. Intratable está o Guitiriz no grupo […]

Destacados Primeira. Xornada 8

Cinco goles! Sí, un repóker. Iso conseguiu Diego Chao no campo do Bóveda. Porén non foi a única victoria mariñana. O Riotorto venceu por 0-2 ao San Ciprián e o Foz desfíxose da Pontenova no Martínez Otero. E temos novo líder unha semana máis! A Sarriana, que ganou ao Xermade a domicilio. Acompáñao na zona […]

As nosas redes falan!

A xornada na nosa provincia deixou, coma sempre, emocións, caras de felicidade e algunha que outra de tristura. Aquí os destacados nas nosas redes desta semana!

Trío de ases Terceira (Xornada 11) e Preferente (Xornada 9)

Cantarrana tivo unha alegría despois dunha semana moi complicada. Trala dimisión de Germán Amil, Manuel Vicente López (o seu segundo) asumiu os mandos de maneira provisional. Cumpliu á perfección. Goleada e reconciliación coa afección. Iso sí, él non seguirá coma técnico. Hoxe ou mañá coñeceremos ao próximo adestrador da nave celeste. Nas quinielas aparece moi […]

Javi ‘Tanketín’, o polivalente líder do Guitiriz

A definición de polivalente feita xogador. Hoxe temos con nós a un home versátil, que xa xogou prácticamente de todo noso fútbol, e sempre ofrecendo un rendemento extraordinario. Javier Ferreiro López ‘Tanketín’ (Friol, 1993) está a vivir un regreso dourado á súa casa. É o claro pichichi dun Guitiriz (promedia máis dun gol por encontro) […]

Antonio López, Santa Comba «Dije que jugaría este año siempre que fuese con mis compañeros»

A riqueza do fútbol afeccionado reside no compromiso que os futbolistas e todos os encargados de manter os equipos en funcionamento adquiren ca causa. E non importa de onde veñan, se con nós podes quedar como di o himno do Muimenta (conxunto da Terceira Galicia norte). O fútbol afeccionado lucense tamén abre fronteiras. Antonio Luis […]

Qué ver esta fin de semana? (21-22 outubro)

Un venres máis traemos catro dos platos máis apetitosos desta fin de semana. Comezamos con fútbol base. O sábado pola mañá xoga o cadete do Rácing Villalbés no Roca ante o Bergantiños B. Pola tarde, un dos encontros entre aspirantes ao ascenso na Segunda Galicia: Chantada Atlético e Friol A. O domingo teremos un novo […]

Os sobranceiros da Terceira na sexta xornada

O grupo norte e o sur cambian de líder despois da sexta xornada na Terceira Galicia. O Río Sil é o primeiro na clasificación  ao derrotar o Relámpago Taboada que desfrutou unha semana do seu primeiro liderato na súa curta historia. Tamén o Cervo volve encabezar a táboa clasificatoria, logo de que o Celta Barreiros […]

Os onces da sexta xornada na Segunda

A sexta xornada na Segunda Galicia trouxo cambio de líder no grupo segundo, despois de que o Oural lle gañase ao Chantada B nun dos duelos estelares da xornada. No norte, o líder segue sendo o Guitiriz pero a clasificación aprétase con varios equipos moi igualados. No grupo norte, o Guitiriz empatou na casa do […]

Destacados Primeira. Xornada 7

Unha xornada máis e un novo líder. O Chantada asaltou o liderado despois de gañar pola mínima a un San Roque, que encaixou a súa segunda derrota consecutiva. O tempraneiro gol de Manu bastou para os locais. De este xeito, o cadro do Sangoñedo aproveitou o ‘pinchazo’ do Xove Lago na casa. Os de Miguel […]

As nosas redes falan!

Desgraciadamente, esta semana o fútbol compartiu o protagonismo da tarde de domingo co lume, que asolou a nosa provincia, e toda a nosa terra, Galicia. 

Trío de ases Terceira (Xornada 10) e Preferente (Xornada 8)

Nada máis e nada menos que dous derbis. Iso foi o que tivemos esta fin de semana. No primeiro deles, o Castro tirou de solidez para deixar a súa porta a cero por segunda semana consecutiva. A expulsión de Félix no Atlético Escairón resultou determinante. No outro encontro entre lucenses da xornada, o Ribadeo asaltou […]