A II Guía Futbolinlugo, en dixital (12)

Os martes adoitan ser o día do fútbol feminino na nosa web. Porén, esta fin de semana, o PM Friol non xogou, xa que comezará a segunda fase do Reto Iberdrola o vindeiro domingo 21 de marzo. Por iso, aproveitamos o parón para facer unha breve lembranza daqueles bos tempos nos que había competición cada […]

Os conxuntos lucenses logran un pleno de vitorias na antepenúltima xornada de Terceira

A vixésima resultou unha xornada espectacular para os tres representantes lucenses na Terceira División. O Polvorín derrotou ao Silva na Grela e está a un paso de asegurar un posto na promoción de ascenso, mentres que o Racing Vilalbés foi quen de gañar no campo do Somozas e sitúase a un punto do cadro de […]

A-56: Víctor Eimil: «O Arenteiro é un equipo case profesional»

Fotos: CD Arenteiro Nas últimas semanas, un novo goleador deuse a coñecer por Ourense. Aínda que na provincia de Lugo xa sabían do seu olfacto ante a portería rival. Víctor Eimil (18-01-1999, Vilalba) marcou en febreiro o seu primeiro gol en Terceira. E dende aquela, dous máis consecutivos. Goles que significaron puntos para o Arenteiro. […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – As Pontes: a primeira das catro finais pola permanencia

A vixésima xornada da Terceira División tráenos un encontro de proximidade en Cantarrana. Será o sábado ás 17 horas e enfrontará ao Viveiro co As Pontes nun choque de máxima trascendencia na pelexa de ámbolos dous conxuntos pola permanencia. Un triunfo dos mariñáns condearía ao cadro pontés a disputar a promoción para continuar unha temporada […]

Diario dun mercado. Episodio 200

Os conxuntos da provincia buscaron novos futbolistas noutros equipos das súas comarcas, aproveitando que non haberá competición nas demais categorías

Tres lucenses loitarán por subir cos seus equipos á Segunda B

A 19ª xornada da Terceira División deixou a tres equipos clasificados matematicamente para xogar a fase polo ascenso. Na zona norte o Bergantiños. E na zona sur, o Arenteiro e o Arousa. Hai un lucense en cadanseu conxunto. Iago López, Víctor Eimil e Ross merecen mención destacada neste nova reseña dos #LucensesNaTerceiraGalega. Tres representantes nos […]

As nosas guerreiras da fin de semana

IMAXE DE PORTADA: Twitter PM Friol O PM Friol afrontaba esta semana o último dos seus retos da primeira fase desta diferente 2020/2021. As de Friol chegaban ao campo do Atlético de Madrid «B», un dos conxuntos máis sólidos da categoría e que, tras derrotar ás lucenses (4-0) rematou a primeira parte da campaña no […]

O Racing Vilalbés triunfa no derbi provincial e o Polvorín xa é segundo

O Polvorín xa é segundo na clasificación. Logo de 19 xornadas de competición na Terceira o filial albivermello subiu un posto na táboa logo de superar na Cheda ao Fabril. No derbi provincial, o Racing Vilalbés gañou pola mínima a un Viveiro que quizais mereceu máis premio logo do visto na Madalena. O triunfo do […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Racing Vilalbés – Viveiro: vellos coñecidos que non se atopan en Terceira desde o 2002

Pasaron máis de dezaoito anos do último enfrontamento en Terceira de Racing Vilalbés e Viveiro na Madalena. Un 22 de decembro de 2002 o cadro mariñán derrotaba por 0-2 aos chairego nunha temporada que remataría co descenso dos dous conxuntos a Preferente. Este domingo, por fin, podemos disfrutar de novo deste encontro entre dous históricos […]

Víctor Eimil, goleador como cando era cativo

Foto de portada: CD Arenteiro A 18ª xornada da Terceira División volveu deixar a Víctor Eimil como a un dos grandes protagonistas da finde. E sobre todo, cun rol protagonista nos #LucensesNaTerceiraGalega. Agás algún partido aprazado, quedan catro xornadas para rematar a primeira fase. Moito en xogo neste emocionante mes de marzo. Marcar por terceira […]

Cales son as opcións de salvación do PM Friol?

O conxunto friolés xogará na segunda fase por evitar o descenso de categoría. Aínda falta unha xornada da primeira parte do campionato, pero o PM Friol quedou xa sen opcións de salvación directa esta pasada finde. Recuperáronse dous partidos atrasados. O Madrid CF B derrotou ao Sporting. Este resultado imposibilítalle ao equipo lucense ter posibilidades […]

Paco Ruiz: «O Racing ten que tender á profesionalización»

Este luns abriuse o período electoral no Racing Villalbés. Ata o 14 de marzo está aberto o prazo para a presentación de candidaturas á presidencia do club. O venres 19 (festivo de San Xosé) celebraríanse as eleccións no caso de presentarse máis dunha candidatura. Senón, o día anterior convocaríase a Asemblea Xeral Extraordinaria para tratar […]

O Polvorín e o Racing Vilalbés acadan importantes triunfos a domicilio

A gran nova da xornada 18 foi a volta dos afeccionados aos campos da Terceira. Malia todo non foi unha xornada propicia para os equipos locales. No grupo 1 tan só o Estudiantil foi quen de gañar no seu campo. O Viveiro, que xogaba un encontro trascendental ante o Arzúa caeu con claridade en Cantarrana. […]

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (11)

Coincidindo cun novo intento da RFGF de re-activar algunhas das categorías que fai un ano deleitaban aos espectadores cada domingo, lembramos algún dos cadros de xogadores que formaban parte da Terceira Galicia Sur o pasado curso: Sporting Lucense, SD Antas, SCD Milagrosa e SD Castroverde!!!!