O Castro B lidera no norte e máxima igualdade no sur

A terceira xornada da Terceira Rexional deixa ao filial do CD Castro como líder en solitario no norte. Feito que se produciu ao aprazarse o encontro entre o Nausti e o Rioaveso. Na zona sur, seis equipos están empatados a seis puntos.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Na zona norte, o Nuevo Nausti – Rioaveso Machinango suspendeuse por un accidente doméstico do xogador Héctor do cadro local. Pola súa parte, o Castro B impúxose no Catro Ventos ante o Cazás. No conxunto xermadino a nota negativa foi a lesión de Marcos Gómez. A Comercial sumou o segundo triunfo do curso ante o filial do Friol. O Catro Roldas colle confianza coa segunda vitoria na súa visita ao Celeiro.

Deportes Élide

Lemos B, Sober, Rubián, Castroverde, Monterrroso B e Carballedo empatan a seis puntos nos primeiros postos da zona sur. Nesta xornada saíu vitorioso o Lemos B por goleada ante o Taboada B. Fixo o propio o Sober ante o Relámpago Taboada. Por dous goles de diferenza venceron o Monterroso B ante o Carballedo e o Rubián ante o Castroverde.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 559

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.