O Partido Fisioterapia Ronda… Riotorto – Pastoricense, dous clubes separados por un monte

O derbi do Carracedo, un miniderbi, rivalidades comarcai... e máis, na axenda de partidos de hoxe.

Aínda que un dos partidos da xornada se viviu na noite de onte coa reapertura da discoteca Hermo, cómpre falar dos grandes choques que imos ter nesta nova fin de semana!

Podemos dicir que case divide dúas comarcas. Pero o monte do Carracedo fai moito máis que separar dous concellos. De feito, é o que da nome ao partido sobranceiro desta semana: Riotorto vs Pastoricense, o derbi do Carracedo. Terá lugar maná, domingo 7, ás 16:15 no campo da Veiga.

Os dous equipos chegan nunha boa situación: o Riotorto, con 7 puntos de 9 posibles, vén de empatar na casa do potente Pol e vencer nas dúas primeiras xornadas. Os da Pastoriza, pola súa banda, comezaron tropezando co Lourenzá, pero logo de dúas victorias consecutivas, chegan ao derbi con 6 puntos, a tan só 1 dos locais.

Fiso Ronda

A AXENDA

PREFERENTE NORTE:

Sarriana – Escairón: A Ribela vivirá este domingo ás 16:30 un derbi provincial entre unha Sarriana que buscará reatoparse coa victoria logo de caer na casa do Montañeros, mentres que o Escairón necesita sumar para non afundirse na táboa clasificatoria.

SEGUNDA GALICIA:

Oural – Bóveda: este sábado ás 16:15, un Oural en estado de gracia recibe aos seus veciños do Bóveda, que procurarán sacar algo positivo dun campo sempre complicado, o Luis Pallín.

TERCEIRA GALICIA:

Taboada ‘B’ – Monterroso ‘B’: o miniderbi que se vivirá hoxe sábado as 19:00 no Anexo da Medela servirá de aperitivo para o vindeiro domingo, cando se enfrontarán os primeiros equipos destes dous concellos colindantes.

FÚTBOL FEMININO:

Carballedo – Chantada: o Catro Ventos será testemuña na tarde do domingo (16:30) dun apaixoante derbi comarcal entre dúas entidades que están a traballar moi en serio a sección feminina.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 475

Deja un comentario