O Polvorín derrota ao Alondras e remata a fase de ascenso na cuarta praza

O Polvorín derrotou ao Alondras a domicilio na última xornada da fase de ascenso (0-1). O filial albivermello cumpriu a súa parte e derrotou ao Alondras no Morrazo, pero tivo que conformarse coa cuarta praza logo do triunfo do Arousa na Lomba no seu encontro diante do Somozas. O gañador da eliminatoria entre o Alondras […]

A-56: César Rodríguez: “Xogaba con ficha falsa en Rexional para seguir no fútbol”

Se alguén pode dicir que está a medio camiño na nosa A-56 son os de Carballedo. Instalados nos límites administrativos da provincia de Lugo e de Ourense. Non obstante, un dos seus xogadores ilustres é considerado de Lugo cando xoga en terras aurienses. César Rodríguez Vázquez (Vilar de Monte – Aguada – Carballedo, 25-08-1992) protagoniza […]

O Partido Fisioterapia Ronda . . . Lemos – Residencia: coa fase de ascenso no punto de mira

A penúltima xornada da Preferente déixanos unha auténtica final. Lemos e Residencia enfróntanse o domingo ás 18 horas na Pinguela co claro obxectivo de acadar a segunda praza que outorga o pase á fase de ascenso a Terceira. O encontro será arbitrado polo colexiado ourensán García Vázquez. O gran comezo do Lemos nunha competición tan […]

Os lucenses lideran a carreira pola salvación na Terceira

Foto: Viveiro CF A Terceira División tenta resolver a súa temporada. Esta fin de semana o Arousa, o Somozas, o Alondras e o Polvorín por fin xogarán o último partido da segunda fase. Será o paso previo para logo desputar un intenso play off de acceso á Segunda RFEF. Por outra parte, quedan cinco xornadas […]

As nosas guerreiras da fin de semana

IMAXE DE PORTADA: Twitter UD Collerense Tristeza. Pero ao mesmo tempo, orgullo. Ambos sentimentos encheron o corazón dos lucenses futboleiros este sábado. Por que? Polo descenso do PM Friol, que abandona a segunda categoría do fútbol nacional despois de moitos anos sendo un dos equipos punteiros da mesma. Pero este ano non puido ser. Lesións, […]

O terceiro triunfo consecutivo achega o Viveiro ao gran obxectivo da permanencia

Terceiro triunfo consecutivo, quinto nas sete xornadas da fase de permanencia. A gran regularidade do Viveiro nesta carreira por manter a categoría outórgalle oito puntos de vantaxe cos postos de descenso con cinco xornadas por diante para rematar a temporada. Como estaba previsto, o encontro non foi sinxelo para os mariñáns no campo do Carballo […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Peluquería Mixta Friol – UD Collerense: a derradeira oportunidade para seguir en Reto Iberdrola

A fase pola permanencia en Reto Iberdrola, a segunda categoría nacional do fútbol feminino, chega ao seu momento decisivo e a situación do Peluquería Mixta Friol non convida ao optimismo. De tódolos xeitos, as matemáticas din que o obxectivo é posible e a gran reválida terá lugar hoxe sábado ás 20 horas na Reigosa onde […]

Eimil campión da Terceira; o Polvorín, Ross e Aldán Naval pendentes da última xornada

Foto: Futgal A Terceira División repártese entre os equipos que xa cumpriron os obxectivos, os que remataron a tempada sen poder celebrar, os que están pendentes de xogar para optar á Segunda RFEF, os que seguen insistindo na súa salvación e os que xa non teñen opcións de permanencia. Unha categoría de contrastes á que […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Semana dura no fútbol feminino. Pese á disparidade nos resultados, o equipo estandarte da provincia, o PM Friol, volveu caer, o que supuxo un golpe moi duro de cara á permanencia no Reto Iberdrola. Aínda así, velaquí o noso cotián repaso á xornada futbolística.

A-56: Bea López: «É clave que haxa apoio ao fútbol feminino dende pequenas»

Fotos: EFF Rosalía Hai quince días falabamos dun ourensán defendendo as cores dun club lucense. Hoxe dámoslle a volta e conversamos cunha lucense que defende as cores dun club ourensán, neste caso o único equipo feminino da provincia, e que se enfronta a varios equipos lucenses. Bea comezou a súa traxectoria no fútbol hai só […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Residencia – Sarriana: o fortín da Cheda, un obstáculo cara o ascenso directo

Antepenúltima xornada da Preferente no formato exprés que deseñou a Federación Galega para esta temporada, na que se enfrontan os dous primeiros clasificados do subgrupo lucense. A Residencia e a Sarriana pelexarán por tres puntos que os acheguen aos seus obxectivos, no caso dos visitantes, serían definitivos de cara a lograr o pase á fase […]

Iago López accede á Segunda RFEF e Xusto di adeus a tempada

Se a semana pasada foi o Arenteiro, esta foi a quenda do Bergantiños. Se a semana pasada foi Víctor Eimil, desta volta tocoulle a Iago López. A provincia conta con cadanseu representante nos dous pases directos dos equipos galegos á Segunda RFEF. E aínda queda unha praza en xogo pola que pelexarán máis #LucensesNaTerceiraGalega. Seguro […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Maio. Houbo un tempo no que este mes era o momento decisivo en todas as competicións. Porén, neste 2021, os clubes femininos da provincia aínda teñen moitos obxectivos polos que loitar, xa que a liga comezou fai escasas semanas.